Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Ordes

O PSOE de Ordes acusa a Martínez Sanjurjo de “poñer ao PP por diante dos intereses de Ordes” no conflito da N-550

O PSOE de Ordes cargou hoxe con dureza contra o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, ao que acusa de actuar “máis como portavoz do Partido Popular que como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ordes” tras as súas declaracións sobre a conexión da futura Ronda Sur-Oeste coa N-550. A portavoz socialista, Noelia Rivadas, …

O PSOE de Ordes acusa á Xunta de bloquear a rotonda da N-550 ao proxectar a Ronda Sur-Oeste sen resolver a súa conexión coa estrada estatal

O PSOE de Ordes acusou hoxe á Xunta de Galicia de “crear un problema onde había unha solución” ao proxectar a nova Ronda Sur-Oeste sen resolver correctamente a súa conexión coa N-550, unha das principais vías de entrada e saída do núcleo urbano ordense. A portavoz socialista en Ordes, Noelia Rivadas, considera que a Xunta …

O PSdeG esíxelle á Xunta que rehabilite o Centro de Saúde de Ordes e repare as goteiras na consulta de pediatría

O Grupo Parlamentario Socialista esíxelle á Xunta de Galicia que rehabilite o Centro de Saúde de Ordes, con particular atención ás pingueiras que existen na consulta de pediatría, segundo denuncian as persoas usuarias do centro. “O noso grupo municipal leva traballando xa insistentemente para que se poña solución á situación absolutamente calamitosa que hai no …

O PSdeG reclama á Xunta a contrución dun comedor escolar no CEIP Campomaior (Ordes)

O PSdeG vén de rexistrar unha iniciativa no Parlamento de Galicia e de presentar unha moción no Concello de Ordes para reclamar melloras nos comedores escolares do municipio. Segundo explicou o deputado socialista Aitor Bouza, esta mesma semana mantiveron unha xuntanza coas ANPA de Ordes, na que lles trasladaron as principais deficiencias detectadas nos centros …

O PSdeG reclámalle á Xunta a rehabilitación integral do CEIP Castelao de Ordes

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta que incorpore nos seus orzamentos para 2026 a rehabilitación integral do edificio do CEIP Castelao de Ordes. “O colexio Castelao non pode seguir sendo un edificio encorado nos anos 50 mentres a Xunta presume de investimentos educativos”, sinala a voceira socialista local, Noelia Rivadas. “Por este colexio xa pasamos varias …

O PSdeG de Ordes reclama que o Concello rectifique e apoie a construción dunha nova residencia de maiores financiada pola Deputación

Ordes. A concelleira socialista Noelia Rivadas presentou no último Pleno unha moción na que o PSdeG-PSOE de Ordes reclama que o Concello apoie a construción dunha nova residencia de maiores financiada integramente pola Deputación da Coruña, baseada no modelo europeo de coidados centrado na dignidade, autonomía e calidade de vida das persoas usuarias. A Deputación …

O PSdeG de Ordes solicita a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade trala crecente preocupación veciñal

O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ordes solicitou a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, tras a preocupación expresada por parte da veciñanza ante varios incidentes rexistrados nas últimas semanas no municipio. Segundo explicou o grupo socialista, o obxectivo da convocatoria é “activar unha resposta institucional firme, coordinada e inmediata”. O PSdeG de Ordes …

O PSOE de Ordes denuncia a responsabilidade e falta de transparencia do Concello tras descubrirse o criadeiro ilegal

O PSdeG-PSOE de Ordes esixe transparencia ao Concello e que actúe tras o descubrimento dun criadeiro clandestino no municipio.  Dende a agrupación socialista local manifestan a súa preocupación polo brutal caso de maltrato animal, xa que no criadeiro ilegal se localizaron centos de animais mortos e outros moitos en condicións críticas.  Reclaman ao Concello que actué …

O PSdeG-PSOE de Ordes denuncia no Pleno o alarmante nivel de gasto social do Concello

Ordes.- O grupo municipal do PSdeG-PSOE de Ordes, a través da concelleira Noelia Rivadas López, levou ao último pleno municipal unha pregunta dirixida ao alcalde en relación cos datos recollidos no Informe de Fiscalización da Conta Xeral das Entidades Locais de Galicia do Exercicio 2023, elaborado polo Consello de Contas de Galicia. Segundo este informe, …

O PSOE de Ordes denuncia a “teima absurda” do alcalde en recorrer as bases do Plan Único “que duplica o investimento da Deputación no municipio”

-“O problema que ten Ordes é a mala xestión do alcalde e non as aportacións da Deputación”, sostén Concepción Berdomás A Agrupación Socialista de Ordes considera “incomprensible e inxustificable” que o concello “sexa o único da provincia que recurriu en varias ocasións ante a Xustiza un Plan Único da Deputación que duplicou o investimento que …