Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Infraestruturas

O PSdeG de Cabanas denuncia que o Concello presume dun proxecto aprobado polo anterior goberno socialista co voto en contra do PP

O PSdeG-PSOE de Cabanas denuncia o “oportunismo” do PP co proxecto de humanización da estrada nacional 651 ao seu paso polo municipio, “tras tres anos de abandono e baixo un ultimátum da Deputación”. Dende o PSOE consideran que se trata dun proxecto moi necesario e critican que agora o Partido Popular faga gala del despois …

O PSdeG reclámalle á Xunta un novo paso de cebra na AC-566 ao seu paso por Narón

O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a creación dun novo paso de cebra na estrada AC-566 ao seu paso por Narón, e levará a cuestión ao Parlamento galego. O voceiro socialista local, Jorge Ulla, afirma que “a estrada de Cedeira está a convertirse nun punto negro para o tránsito de veciños e estudantes, que …

O PSdeG esixe á Xunta que concrete o compromiso da nova depuradora de Ordes e que amplíe a rede de saneamento e abastecemento

O Grupo Socialista levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións do grupo municipal de Ordes en materia de saneamento e abastecemento, e en particular a demanda dunha nova depuradora no municipio. Así o explicou o deputado socialista Aitor Bouza, quen lembrou que o grupo municipal leva tempo traballando nesta reclamación, “algo tan esencial como contar …

O PSOE da Laracha critica a “falta de previsión” do Goberno local na mellora dos parques infantís e no servizo de conciliación

A voceira do PSdeG na Laracha, Inés Ramos, fixo balance das propostas debatidas no Pleno celebrado este xoves, no que o Grupo Municipal Socialista mantivo unha postura de apoio ás liñas de investimento propostas para o municipio, aínda que sinalou “importantes eivas de xestión e planificación por parte do Goberno local”. No relativo ao proxecto …

O PSdeG de Cariño reclama un plan para evitar os cortes na subministración de auga

O PSdeG-PSOE de Cariño reclámalle ao goberno local un plan para mellorar a xestión da auga e evitar a necesidade de cortes na subministración, logo de que o pasado 11 de agosto o Concello emitise un bando no que solicitaba á veciñanza restricións no seu consumo. “As condicións climáticas, con períodos de seca prolongados, e …

O PSdeG de Frades critica a negativa do Concello a negociar co Estado a transferencia da nacional 635 ao seu paso por Ponte Carreira

O PSdeG-PSOE de Frades critica a negativa do Concello a negociar co Estado a transferencia da estrada nacional N-634 ao seu paso polo núcleo de Ponte Carreira e a súa reticencia a debatir a cuestión no pleno. O voceiro socialista local Enrique Astray explica que o seu grupo municipal presentou unha moción para debatir a …

O PSdeG celebra o anuncio da nova potabilizadora de Frades, unha “demanda histórica” do partido

O PSdeG-PSOE celebra o anuncio onte por parte do consello da Xunta de Galicia dunha nova potabilizadora para o Concello de Frades. “A Xunta de Galicia dá a razón a unha demanda histórica do PSOE de Frades, que ano tras ano reclamaba para o noso concello unha potabilizadora”, sinala o voceiro socialista local Enrique Astray. …

O PSOE de Ordes acusa a Martínez Sanjurjo de “poñer ao PP por diante dos intereses de Ordes” no conflito da N-550

O PSOE de Ordes cargou hoxe con dureza contra o alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, ao que acusa de actuar “máis como portavoz do Partido Popular que como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ordes” tras as súas declaracións sobre a conexión da futura Ronda Sur-Oeste coa N-550. A portavoz socialista, Noelia Rivadas, …

O PSOE de Rianxo propón actualizar a auditoría da rede de auga e avanzar na regularización do servizo

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de trasladar ao goberno municipal a necesidade de avanzar na actualización da situación do ciclo integral da auga no municipio, apostando por unha planificación rigorosa e adaptada ás necesidades actuais da rede de abastecemento e saneamento. Dende o PSOE consideran prioritario iniciar a renovación da auditoría da rede, …

O PSOE de Ordes acusa á Xunta de bloquear a rotonda da N-550 ao proxectar a Ronda Sur-Oeste sen resolver a súa conexión coa estrada estatal

O PSOE de Ordes acusou hoxe á Xunta de Galicia de “crear un problema onde había unha solución” ao proxectar a nova Ronda Sur-Oeste sen resolver correctamente a súa conexión coa N-550, unha das principais vías de entrada e saída do núcleo urbano ordense. A portavoz socialista en Ordes, Noelia Rivadas, considera que a Xunta …

O PSdeG súmase á denuncia da Asociación de Empresarios de Ribeira e advirte de que a gasolineira de Xarás pode condicionar o futuro do polígono

O PSdeG-PSOE de Ribeira súmase á reclamación da Asociación de Empresarios de Ribeira, compartindo “a súa preocupación pola falta de impulso do PP, tanto desde a Xunta de Galicia como desde o Concello, para sacar adiante o proxecto do polígono industrial, unha infraestrutura imprescindible para o futuro económico de Ribeira”. Dende o Partido Socialista consideran …

O PSdeG reclama responsabilidades tras máis dun ano de atrasos na obra da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño

O PSdeG-PSOE de Ribeira vén de presentar por rexistro unha petición ao Goberno local para reclamar que o Concello actúe ante os reiterados atrasos nas obras da Escola de Deportes Náuticos de Aguiño, unha infraestrutura que debía estar rematada arredor de maio de 2025 e que segue en construción. O portavoz socialista Francisco Suárez-Puerta sinalou …

O Grupo Socialista pide no Parlamento a paralización e unha avaliación do proxecto dunha planta de residuos en Cacheiras

O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia presentará no Parlamento galego unha iniciativa na que demanda á Xunta de Galicia a elaboración dun informe técnico exhaustivo e independente sobre o proxecto de instalación dunha planta de residuos na parroquia de Cacheiras, no concello de Teo, así como a paralización inmediata da súa tramitación administrativa ata dispoñer …

O PSdeG de Ribeira levará a pleno a construción dunha pasarela na praia do Prado para mellorar a conexión peonil en Corrubedo

O PSdeG de Ribeira defenderá no próximo pleno unha proposición para aprobar a construción dunha pasarela na praia do Prado, en Corrubedo, coa finalidade de conectar de maneira máis directa a rúa Prado, a rúa Atalaia, a rúa Bandariarrego, a Travesa do Torreiro e a rúa Torreiro. Para os socialistas, trátase dunha actuación necesaria para …

O PSdeG denuncia “o novo cambio de versión do PP e o enésimo atraso do polígono industrial” en Coristanco

O PSdeG-PSOE denuncia “o novo cambio de versión do PP e o enésimo atraso do polígono industrial” logo de que o goberno local de Juan Carlos García volvese modificar as súas previsións sobre o polígono industrial da Miñata . A parlamentaria socialista Patricia Iglesias lamentou que o Partido Popular “atrasa unha vez máis o inicio …