Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Educación

Silvia Longueira esíxelle á Xunta que actúe para evitar a falla de profesorado no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia que repoña o profesorado necesario no CEIP Mestre Pastor Barral de Melide, na liña do que reclama a comunidade educativa do centro. Silvia Longueira, deputada socialista no Parlamento galego, sinala que se volven dar numerosas carencias de persoal nos centros educativos galegos, ao igual que no …

Aitor Bouza reclama no Parlamento galego unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón

O Grupo Parlamentario Socialista reclamará no Parlamento de Galicia unha rehabilitación integral do IES Terra de Trasancos, en Narón, logo de reunirse coa comunidade educativa do centro. Esta reunión contou coa participación de Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento galego, e o grupo municipal socialista liderado polo portavoz do PSdeG-PSOE local Jorge Ulla. “A verdade …

O PSdeG reclámalle á Xunta a rehabilitación integral do CEIP San Isidro de Neda

Aitor Bouza, deputado do Grupo Parlamentario Socialista, levará a cuestión ao Parlamento de Galicia O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia a rehabilitación integral do CEIP San Isidro, en Neda. O deputado socialista Aitor Bouza será o encargado de levar a cuestión ao Parlamento galego. Bouza destaca que a comunidade educativa do CEIP San Isidro …

O PSdeG levará ao Parlamento galego as reclamacións da comunidade educativa de Ordes

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións da comunidade educativa de Ordes logo de reunirse con representantes da mesma. A voceira socialista local Noelia Rivadas explica que “en materia educativa ás demandas dende Ordes seguen sendo moi claras”. “Precisamos máis profesorado especialista tanto de PT como da AL e tamén máis auxiliares educativos …

O PSdeG denuncia a supresión de dous ciclos no CIFP Leixa e esixe a rectificación da Xunta

O PSdeG-PSOE denuncia a supresión por parte da Xunta de Galicia de dous ciclos formativos no CIFP Leixa de Ferrol, o de Preimpresión Dixital e mais o de Promoción da Igualdade de Xénero. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia, esíxelle ao goberno de Alfonso Rueda que rectifique e que revirta esta decisión para …

O Pleno de Monfero aproba dúas mocións socialistas para mellorar o CPI Virxe da Cela e reclamar á Xunta actuacións fronte ao aumento da presenza de xabarís

O Pleno de Monfero aprobou dúas mocións presentadas polo Grupo Municipal Socialista. Por unha banda a mellora das instalacións do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e, por outra, a adopción de medidas por parte da Xunta de Galicia ante o incremento da presenza de xabarís no municipio. A primeira das mocións céntrase na necesidade de …

O PSdeG reclamará no Parlamento a reversión dos recortes anunciados no CEIP da Barqueira de Cerdido

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia os recortes no CEIP da Barqueira, en Cerdido, e esixirá a súa reversión á Consellería de Educación da Xunta de Galicia. “Dende o Grupo Municipal do Partido Socialista de Cerdido parécennos intolerables os recortes que quere levar a cabo a Consellería de Educación no CEIP da Barqueira”, sinala …

O PSdeG denuncia que 80 alumnos e alumnas do CEIP Emilio González López de Cambre teñen que comer nun container deseñado para 40

O PSdeG-PSOE reclama no parlamento a mellora das instalacións do CEIP Emilio González López, ubicado na parroquia cambresa de Brexo, no lugar de Lema. A deputada autonómica socialista Silvia Longueira sinala que este centro “foi construído hai mais de 45 anos, e en todo este tempo non houbo nin unha sola mellora por parte da …

O PSdeG reclama explicacións á Xunta pola implantación da FP Básica no IES de Carral tras a dimisión do equipo directivo

O Grupo Parlamentario Socialista levará ao Parlamento de Galicia a situación xerada no IES de Carral tras a dimisión en bloque da equipa directiva do centro o pasado xoves pola implantación dunha aula de FP Básica para o curso 2026-2027. Segundo trasladou a dirección do instituto ao Consello Escolar e á inspección educativa, a decisión …

O PSdeG leva ao Parlamento galego as reclamacións da ANPA do IES de Fene

O PSdeG-PSOE leva ao Parlamento de Galicia as reclamacións da ANPA O Pazo do IES de Fene, reclamándolle ao goberno galego a rehabilitación do centro. A voceira socialista local María Ares afirma que “o estado das instalacións do IES de Fene é impropio dun centro educativo do século XXI”. “As denuncias da ANPA e da …

O PSdeG leva ao Parlamento as reivindicacións da ANPA do CEIP Campomaior de Ordes

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións da ANPA do CEIP Campomaior de Ordes despois dunha reunión que representantes das familias do centro mantiveron co deputado Aitor Bouza e a voceira local Noelia Rivadas. “Dende o Grupo Municipal Socialista de Ordes volvemos reunirnos coa ANPA do CEIP Campomaior para escoitar unha reclamación que …

O PSdeG levará ó Parlamento galego o caso da alumna con dependencia do centro Belén que non pode acudir ás excursións

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia o caso dunha alumna do colexio Belén de Ferrol para esixirlle á Xunta que garanta a plena inclusión de todo o alumnado nas excursións e actividades extraescolares. O deputado socialista Aitor Bouza explica que tivo unha xuntanza coa nai desta alumna, que está “absolutamente preocupada” por que “os …

O PSdeG leva ao Parlamento as preocupacións das familias da escola infantil Galiña Azul en Zas

O PSdeG de Zas e o grupo socialista no Parlamento de Galicia impulsan unha iniciativa parlamentaria para preguntar ao goberno galego sobre a situación da escola infantil Galiña Azul do municipio. A voceira socialista local Sheila Rial reuniuse coa parlamentaria Patricia Iglesias para coordinar esforzos nesta cuestión logo de que lle fosen trasladadas diferentes problemáticas …

O PSOE de Teo pide explicacións urxentes polo peche do comedor do CEIP da Ramallosa

O grupo municipal socialista de Teo solicita a “comparecencia urxente” da concelleira de Educación, María Vázquez, e da alcaldesa, Lucía Calvo, para que expliquen as medidas que prevén adoptar ante o peche do comedor do CEIP da Ramallosa. Segundo explican os socialistas, o centro educativo comunicou ás familias, a través da plataforma ABALAR, que “por …

O PSdeG levará ao Parlamento galego a reivindicación de máis persoal de orientación e apoio no colexio de Ponzos

O PSdeG-PSOE reuniuse coa ANPA do CEIP de Ponzos, en Ferrol, co obxectivo de escoitar as súas reivindicacións e trasladalas ao Parlamento de Galicia. O deputado socialista nesta cámara Aitor Bouza participou nesta xuntanza. Bouza lembra que a ANPA leva dende as últimas semanas reclamándolle á Consellería de Educación e a Alfonso Rueda que atendan …