Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia que 80 alumnos e alumnas do CEIP Emilio González López de Cambre teñen que comer nun container deseñado para 40

  • Silvia Longueira reclama no Parlamento de Galicia a mellora das instalacións do centro

O PSdeG-PSOE reclama no parlamento a mellora das instalacións do CEIP Emilio González López, ubicado na parroquia cambresa de Brexo, no lugar de Lema.

A deputada autonómica socialista Silvia Longueira sinala que este centro “foi construído hai mais de 45 anos, e en todo este tempo non houbo nin unha sola mellora por parte da Consellería de Educación para que as instalacións tivesen unha mínima dignidade”.

“Non só iso, senón que teñen que usar un container como comedor, un container pensado ademais para 40 nenas e nenos e que hoxe en día ten que dar cabida 80 nenas e nenos”, engade a parlamentaria. Por tal motivo, o Grupo Parlamentario Socialista está a pedir que se poña fin a esta situación, que, destaca Longueira, “acontece en moitos outros CEIPs de Galicia”.

A socialista pide que “por favor, desde a consellería de educación poñan un calendario para comezar a facer esas melloras que tanto precisa o CEIP Emilio González López”. O texto que será presentado polo PSdeG no Parlamento de Galicia insta á Xunta a realizar, nun prazo de tres meses, unha valoración xeral e un informe sobre a reforma que debe acometerse no CEIP Emilio González López de Cambre. Tamén insta a comunicarlle ao persoal docente da CEIP e mais á ANPA a planificación das obras que se precisan no edificio, así como a onstruir no prazo de 18 meses un espazo para o comedor que estea unido ao edificio principal.


Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes