Category: Comarcas
O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra
O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …
Patricia Iglesias reclámalle á Xunta unha liña de autobús directa entre Bergantiños e o CHUAC
Patricia Iglesias Rey, deputada socialista no Parlamento galego, reuniuse con persoas afectadas de cara a reclamar na cámara un autobús directo entre Bergantiños e a zona hospitalaria da Coruña A parlamentaria socialista reclama unha liña de bus adaptada “ás quendas do persoal que traballa no CHUAC e tamén os pacientes que son atendidos”. “Hoxe hai …
O PSOE de Bergantiños insta ós gobernos municipais a aproveitar as axudas á compra de vivenda para atraer xente nova
O PSdeG-PSOE da Comarca de Bergantiños insta os gobernos municipais da bisbarra a aproveitar a nova liña de axudas para a adquisición de vivenda impulsada ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 e a converter estes fondos nunha oportunidade para atraer e fixar xente nova no territorio. A convocatoria da Xunta, publicada no Diario …
O PSdeG reclama unha actuación urxente na Pontedona, no Refuxio de Verdes e no río Anllóns e a súa contorna
O PSdeG realizou unha andaina reivindicativa dende A Pontedona ata o Refuxio de Verdes, en Coristanco, para reclamar unha actuación inmediata no río Anllóns e a súa contorna, denunciando que esta se atopa nun “total estado de abandono”. A andaina contou coa participación, entre outras persoas, da deputada autonómica Patricia Iglesias, o voceiro socialista coristanqués …
Walter Pardo envía unha carta ao Ministerio de Pesca para solicitar cambios no sistema de cotas da pesca da sardiña
O secretario de Pesca do PSdeG Provincial da Coruña e voceiro socialista local en Malpica de Bergantiños, Walter Pardo, envía unha carta ao ministro de Pesca, Luis Planas, para trasladarlle “a preocupación existente en Galicia ante a situación que atravesa actualmente a flota do cerco en relación coa cota da sardiña”. O socialista sinala que …
O PSdeG da Laracha critica a “incapacidade” do goberno local tras aprobar outra modificación de crédito de máis de 900.000€
O Grupo Municipal do PSOE da Laracha critica a “continua improvisación e falta de rigor orzamentario” do goberno local tras a aprobación inicial dun novo Expediente de Modificación de Créditos por un importe total de 914.074,40 euros con cargo integramente ao Remanente de Tesouraría para Gastos Xerais. A portavoz municipal socialista, Inés Ramos, sinalou que …
O PSdeG-PSOE de Coristanco reclama ao Concello unha actuación urxente ante a fuga na rede principal de auga
O PSdeG-PSOE de Coristanco presenta ante o Concello unha solicitude para reclamar unha actuación urxente ante a fuga de auga existente na rede principal de abastecemento, que estaría provocando filtracións e posibles danos nunha propiedade particular. O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda sinala que os veciños afectados veñen intentando comunicar esta situación en …
O PSOE de Coristanco sinala que a modificación extraordinaria de crédito “evidencia a falta de planificación do Concello”
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco denuncia que a recente modificación de crédito aprobada no municipio “evidencia a falta de planificación do Concello e dunha xestión eficaz dos recursos públicos”. “Resulta chamativo que entre as actuacións incluídas se presenten como novidades proxectos que xa estaban redactados e aprobados hai varios anos, concretamente no 2022, limítanse a pouco máis que reutilizar proxectos xa existentes”, afirma o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda. É o caso da implantación de dous parques infantís, unhas actuacións cuxos proxectos foron elaborados no ano 2022. “En lugar de explicar por que permaneceron sen executarse durante todo …
O PSdeG reclama no Parlamento a reapertura da Oficina Rural de Ortigueira durante todo o verán
O Grupo Parlamentario Socialista reclama no Parlamento de Galicia o restablecemento do horario normal da Oficina Rural de Ortigueira durante todo o verán. “Durante esta semana coñecimos a través das persoas usuarias da Oficina Rural de Ortigueira que a Xunta de Galicia leva a cabo un novo recorte, esta vez no verán, pola falta de planificación, tanto das vacacións como do persoal suficiente para que esta oficina poida permanecer aberta”, explica o …
O PSdeG de Oza-Cesuras esíxelle ao alcalde que dea explicacións sobre a falla de subministro de auga potable
Os grupos políticos da oposición en Oza-Cesuras reclaman un pleno extraordinario para abordar os problemas no abastecemento de auga potable do municipio, que leva varios días sen funcionar na zona de Cesuras por mor dunha avaría. O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras esíxelle ao alcalde “que dea explicacións inmediatamente, xa que é inadmisible que a cidadanía estea tanto tempo sen acceso a auga potable”. O escrito está asinado pola voceira socialista local Laura Sánchez Couceiro e a concelleira socialista Marta Díaz Sánchez así como pola concelleira do BNG, Estefanía Busto Dopazo, …
O PSdeG denuncia a supresión de dous ciclos no CIFP Leixa e esixe a rectificación da Xunta
O PSdeG-PSOE denuncia a supresión por parte da Xunta de Galicia de dous ciclos formativos no CIFP Leixa de Ferrol, o de Preimpresión Dixital e mais o de Promoción da Igualdade de Xénero. Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia, esíxelle ao goberno de Alfonso Rueda que rectifique e que revirta esta decisión para …
O PSdeG apoia as protestas contra os proxectos mineiros en Coens, Fornelos e Cabana: “Non se pode gobernar de costas ao territorio”
O PSdeG-PSOE amosou o seu apoio á Plataforma Contra a Mina de Coéns, participando na concentración contra diversos proxectos mineiros na Costa da Morte que foi convocada pola plataforma e que tivo lugar na praza dos Voluntarios de Laxe. Os veciños e veciñas participante na protesta amosou o seu rexeitamento tanto á Mina de Coens, …
O PSdeG esixe á Xunta unha solución xusta para os propietarios das Fragas do Eume
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña participou hoxe na manifestación convocada pola parroquia de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu apoio aos propietarios e propietarias de terreos situados nas Fragas do Eume e reclamar unha solución xusta ante as limitacións que soportan nas súas parcelas. Na mobilización estiveron presentes o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE …
O PSOE-PSdeG apoia as reivindicacións dos sindicatos de Navantia e acusa a Rey Varela de oportunismo
-Os socialistas critican a “incoherencia” de Rey Varela, que hai un ano votou en contra do incremento do gasto en Defensa que sostén a actividade do naval e hoxe reclama investimentos – “En 2017 as gradas do estaleiro estaban baleiras; hoxe Ferrol desenvolve o maior programa de construción naval militar da súa historia co Goberno …
O PSdeG esixe ao goberno de Ribeira que repare o Centro Social de Oleiros e reserve fondos para a súa reforma
– Os socialistas denuncian que o PP reclamaba actuacións neste edificio cando estaba na oposición, pero agora non executa nin sequera os arranxos máis urxentes O Grupo Municipal Socialista de Ribeira levará ao Pleno unha proposición para reclamar ao goberno local que acometa os arranxos máis urxentes no Centro Social de Oleiros e reserve os …