Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Vivenda

Iván Puentes levará ao Pleno a súa receita para abordar a crise habitacional: a creación da Bolsa Municipal de Vivenda ‘PONenAlugueiro’ e a aplicación de incentivos fiscais para introducir pisos baleiros no mercado

Pontevedra, mércores 6 de outubro de 2026.- Convencido do esencial papel que as administracións locais deben xogar para abordar o problema de acceso á vivenda, o socialista Iván Puentes quere que o Goberno Municipal tome cartas na solución da crise habitacional que padece a nosa cidade e impulse canto antes unha fórmula xa testada con éxito …

Iván Puentes impulsará a creación dun Banco Municipal de Vivenda para mobilizar pisos baleiros a prezos asequibles en Pontevedra

Pontevedra, xoves 1 de outubro de 2026.- Coincidindo coa resposta social detonada a raíz do desafiuzamento de Maricarmen e da aprobación do novo paquete de decretos en materia de vivenda por parte do Goberno de España, o socialista Iván Puentes anunciou esta tarde a súa intención de impulsar a creación dun Banco Municipal de Vivenda …

Os socialistas porán voz no Pleno de setembro á reivindicación veciñal para que Defensa lles ofreza as vivendas militares aos seus actuais inquilinos

Pontevedra, mércores 26 de agosto de 2026.- Tal e como anunciaran tras unha reunión mantida a principios de mes con membros da plataforma de afectados pola suspensión da venda das vivendas militares, os socialistas de Pontevedra levarán ao Pleno ordinario de setembro unha proposición para instar ao Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento do Ministerio de Defensa (Invied) a allear …

O PSOE de Pontevedra mediará ante o Ministerio de Defensa para que se corrixa o «agravio» aos prexudicados pola decisión do Invied de suspender a venda das vivendas militares

Pontevedra, mércores 5 de agosto de 2026.- Os socialistas de Pontevedra despregarán a súa mediación e presión política para lograr que o Instituto de Vivenda, Infraestrutura e Equipamento do Ministerio de Defensa (Invied) reconsidere a súa «inesperada e inxusta» decisión de suspender a venda dos inmobles militares alleables existentes na nosa cidade aos seus usuarios lexítimos. Entre outras medidas, o portavoz …

O PSOE de Pontevedra promove unha xornada que servirá de laboratorio de ideas para achegar solucións reais aos problemas de acceso á vivenda

Pontevedra, martes 19 de maio de 2026.- Convencidos de que o Goberno Local está a pecar dunha preocupante pasividade en materia de vivenda e de que as administracións municipais dispoñen de ferramentas que lles permiten ter un rol moi significativo e influínte sobre os desbocados prezos que padecen os veciños da nosa cidade, os socialistas de …

Puentes apela ao «sentidiño común» da conselleira de Vivenda para «ofrecerlles unha solución xusta» aos veciños prexudicados polas expropiacións de San Mauro, A Parda e Conde Bugallal: «Isto non é unha poxa, falamos de proxectos de vida; o que lle piden á señora Allegue é absolutamente razoable»

Pontevedra, venres 24 de abril de 2026.- A finalidade do Proxecto de Interese Autonómico (PIA) impulsado pola Xunta de Galicia para edificar 2.000 vivendas de promoción pública entre A Parda e O Marco, absolutamente necesaria e compartida polo Grupo Municipal do PSOE, está a verse ‘manchada’ pola pouca empatía e claridade coa que o departamento que dirixe María Martínez Allegue xestionou as compensacións …

Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»

Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …

Iván Puentes asegura que o Concello «debe liderar a solución á crise habitacional que padece a nosa cidade»: aposta por crear unha Oficina Municipal de Vivenda (OMV) e poñer en marcha un programa para incentivar o alugueiro de vivendas desocupadas

Avilés/Oviedo, sábado 15 de novembro de 2025.- Convencido de que o Concello debería implicarse dun xeito máis activo na resolución do problema habitacional que padece Pontevedra, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, converterá o acceso á vivenda, en condicións dignas e a prezos accesibles, nun dos seus principais cabalos de batalla do seu proxecto de cidade. Entre as propostas que o socialista …

O Grupo Municipal do PSOE realizará unha visita institucional a Avilés e Oviedo para estudar iniciativas en materia de vivenda, soidade non desexada e promoción cultural e económica

Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- Os concelleiros do Grupo Municipal do PSOE realizarán esta fin de semana (entre o venres 14 e o sábado 15 de novembro) unha visita institucional ao Principado de Asturias para manter diversas reunións de traballo coa alcaldesa de Avilés, a socialista Mariví Monteserín, e co seu equipo de Goberno, así como co Grupo Socialista no Concello …

A UGT homenaxeará á mestra e sindicalista Mónica Reinaldo como preludio da manifestación organizada en Pontevedra co gallo do 1º de maio

Pontevedra, 27 de abril de 2025.- No marco dos actos organizados co gallo do 1º de maio, Día Internacional dos Traballadores, a Unión Comarcal de Pontevedra, Arousa e Deza de UGT, en colaboración coa Fundación Luis Tilve, celebrará unha cea de homenaxe a Mónica Reinaldo Soto, que foi secretaria de Formación, Igualdade e Riscos Laborais de …