Saltar al contenido

¡Síguenos!

Dálle Máis Forza a Pontevedra


Contacto:

Rúa Irmáns Nodales, 6, baixo. 36001 – Pontevedra.

Teléfono: 986 843 704 / WhatsApp: 604 000 162

Email: pontevedra@psdeg-psoe.org

Horario:

Luns, martes, mércores e venres: de 9.00 a 13.00 horas

Xoves: de 16.00 a 20.00 horas

Acceso para persoas con discapacidade: Si

Apoio da FAPXG á creación dun Grao en Lingua de Signos

Ver más

Compromiso da Zona Franca co centro de negocios de Puentes

Ver más

O PSOE reclama un albergue para as persoas sen fogar

Ver más

Ofensiva para que o PP non saque a motoserra en Santa Clara

Ver más

#Orzamentos

Puentes e Lores poñen Pontevedra «por riba de todo» e acordan uns Orzamentos 2026 centrados na excelencia e a calidade de vida

🌹 O portavoz municipal Iván Puentes celebra que nun contexto estatal e internacional de “crispación irrespirable e de política inútil, en Pontevedra somos capaces de falar e de poñernos de acordo”. “Fronte á utilidade do voto ao PSdeG para exercer a oposición -asegura Puentes-, temos a inutilidade do voto ao PP e a Rafa Domínguez, aos que os pontevedreses tampouco terán neste 2026 nin unha soa contribución que agradecerlles”

🌹 O alcalde destaca que é o orzamento «máis grande da historia de Pontevedra» que ascende a 103,7 millóns. Subliña a «débeda cero» e resalta o incremento do 24% dos investimentos reais con fortes partidas para Monte Porreiro, A Parda, Mollavao e instalacións deportivas

👉🏻  https://agrupacionespsoe.es/pontevedra/puentes-e-lores-ponen-pontevedra-por-riba-de-todo-e-acordan-uns-orzamentos-2026-centrados-na-excelencia-e-a-calidade-de-vida/

Noticia destacada

Axenda

Axenda da Agrupación Socialista de Pontevedra

No hay eventos disponibles

No hay multimedia disponible


#APontevedraquevén

Portavoz Municipal do PSOE

Iván Puentes Rivera

 

Son doutor en Comunicación e traballo como profesor e investigador na Facultade de Comunicación do Campus Universitario de Pontevedra.

Nacín o 17 de abril de 1980, teño 43 anos e vin para Pontevedra en 1998, con 18, para estudar a miña carreira. Quedei namorado da cidade máis fermosa do mundo e decidín que aquí tiña que vivir o resto da miña vida.

A miña nai e o meu único irmán son hostaleiros, o meu pai, ao que case non coñecín, porque morreu sendo eu moi neno, foi bombeiro de Endesa. Emigrou coa miña nai 12 anos a Londres e, co esforzo e os aforros deses anos, volveron a Galicia para montar o restaurante do que vivimos sempre na miña familia.

Son pai de dous fillos, de 10 e 7 anos, veciño do Burgo e, ademais de traballando na Universidade e no Concello, poderás atoparme en bicicleta dun lado para outro, picando e tomando un algo pola rúa, correndo pola beira do Lérez, paseando polo monte de calquera parroquia, nun concerto, un domingo de cada dous, no Estadio de Pasarón e madrugando cada fin de semana para levar aos nenos a xogar a fútbol.

Fun Alcalde de Fene, o pobo no que nacín, sendo daquela o alcalde máis novo de Galicia. Son concelleiro en Pontevedra desde 2015, exercendo no pasado mandato como responsable de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e na actualidade, desde a oposición, como portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE.


EXECUTIVA MUNICIPAL

COÑÉCENOS

No hay organigrama disponible

No hay organigrama disponible

Contacta coa nosa agrupación

Suxerencias

Este é un espazo, onde poderás facernos chegar directamente as túas suxerencias, propostas, queixas, etc. enviando un correo electrónico a:  pontevedra@psdeg-psoe.org ou cubrindo o formulario.