Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Educación

O «abandono histórico» do IES Frei Martín Sarmiento ‘caldeará’ o Pleno de setembro cunha moción na que o PSOE insta á Xunta a «executar de xeito urxente» un Plan Integral de Reforma e Modernización das instalacións do centro

Pontevedra, mércores 2 de setembro de 2026.- Como xa aconteceu con outros centros educativos da cidade (CEIP Froebel e Campolongo), a Xunta de Galicia volve repetir a historia e segue a quedar de brazos cruzados ante as demandas da Anpa e a dirección do IES Frei Martín Sarmiento para que se subsanen as graves eivas e deterioracións, tanto …

O PSOE urxe ao Goberno Local a chegar a un acordo coa Comunidade de Augas para abastecer de auga potable o CEIP Santo André de Xeve: «Ás portas do inicio do curso escolar, un centro público carece de algo tan básico como a auga»

Pontevedra, mércores 26 de agosto de 2026.- Faltan apenas dúas semanas para que o CEIP Santo André de Xeve retome a súa actividade educativa tralas vacacións estivais e o centro carece de subministración de auga apta para uso humano. Ante esta acuciante situación que padece a comunidade educativa do colexio pontevedrés, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, e mailo concelleiro Marcos …

A indignación polo abandono e as «graves deficiencias» do IES Frei Martín Sarmiento axitará o inicio do curso escolar cunha ofensiva do PSOE no Pleno de Pontevedra e o Parlamento Galego

Pontevedra, venres 7 de agosto de 2026.- Unha visita polas labirínticas instalacións do IES Frei Martín Sarmiento, da man do seu director, David Camiños, e dun grupo de nais da Anpa Xocas, permitiu que o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, constatase o seu estado de abandono e deterioración por parte da Xunta e, sobre todo, as «graves deficiencias» que presenta o centro educativo …

Iván Puentes reclama a rehabilitación da antiga casa de profesores do CEIP Álvarez Limeses co obxectivo de integrala nun novo módulo educativo para o centro

Pontevedra, mércores 10 de xuño de 2026.- A situación de progresivo deterioro estrutural da antiga casa de profesores do CEIP Álvarez Limeses leva décadas enquistada, de xeito incomprensible, converténdose nun foco constante de insalubridade absolutamente incompatible cunha contorna educativa de calidade e, polo risco que supón para o alumnado, nunha permanente inquedanza para os pais e nais do centro escolar. …

Os socialistas proxectan a creación de aulas de estudo e salas de uso sociocultural en locais baleiros e edificios públicos de Pontevedra

Pontevedra, martes 14 de abril de 2026.- Conscientes da enorme demanda popular deste tipo de servizos e da necesidade de mellorar a oferta de espazos alternativos ás bibliotecas da nosa cidade (tanto a municipal como as do Campus Universitario), os socialistas decidiron impulsar unha iniciativa para a creación de aulas de estudo e de salas de uso polivalente, esencialmente sociocultural, …

A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia amosa o seu total apoio á iniciativa do PSOE de Pontevedra para a implantación dun Grao Universitario en Lingua de Signos

Pontevedra, martes 3 de marzo de 2026.- A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) amosou o seu total apoio á iniciativa impulsada polo PSOE de Pontevedra para lograr que a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia traballen conxuntamente na creación e implantación dun Grao Universitario en Lingua de Signos. O apoio do colectivo á creación deste …

O PSOE esíxelles a Xunta e Concello que «escoiten dunha vez o SOS da comunidade educativa do CEIP A Xunqueira 1» e adopten «medidas urxentes» para resolver «os graves e recorrentes asolagamentos e desperfectos estruturais» que padece este centro educativo

Pontevedra, venres 30 de xaneiro de 2026.- Os socialistas de Pontevedra consideran «absolutamente vergoñenta e insostible a grave situación de deterioración que padecen as instalacións do CEIP A Xunqueira 1», afectadas por recorrentes asolagamentos que inutilizaron espazos esenciais como o comedor escolar e o salón de actos e, máis recentemente, polo derrubamento dun falso teito nunha zona reformada …

Os socialistas abandeiran a demanda dos colectivos de persoas xordas para lograr a implantación dun Grao Universitario en Lingua de Signos Española e Galega no Campus de Pontevedra

Pontevedra, mércores 14 de xaneiro de 2026.- As asociacións sen ánimo de lucro de Pontevedra que traballan con persoas xordas, xordocegas e con perda de audición, referentes a nivel estatal, levan anos denunciando as eivas que padecen os intérpretes e guías intérpretes de lingua de signos a nivel de acceso a formación, basicamente desde que en …

Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»

Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …

Os socialistas acusan ao PP de «xerar ruído» arredor dos alagamentos que padece o CEIP A Xunqueira 1 e esíxenlle á Xunta «que execute con urxencia un plan de prevención de inundacións e unha reforma integral deste centro educativo»

Pontevedra, martes 25 de novembro de 2025.- O PSOE de Pontevedra considera «absolutamente deplorable» que o PP de Rafa Domínguez tentase «sacar tallada» do grave problema de inundacións que padece o CEIP A Xunqueira 1, «xerando ruído para tapar deixazón de funcións da Xunta, espallando bulos e confusión sobre as responsabilidades de cada administración e mesmo querendo empaquetarlle ao Concello unha …