Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

Aitor Bouza reclama no Parlamento galego a reapertura do albergue de peregrinos de Ferrol

O Grupo Parlamentario Socialista reclama á Xunta de Galicia que reabra o albergue de peregrinos de Ferrol. O deputado Aitor Bouza esixiu “que se garantan as condicións adecuadas de seguridade e salubridade e habitabilidade” no centro. “Ante a negativa do goberno do señor Rey Varela a exixirlle á Xunta de Galicia que dea explicacións e …

O PSdeG levará ao Parlamento galego as reclamacións da comunidade educativa de Ordes

O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia as reivindicacións da comunidade educativa de Ordes logo de reunirse con representantes da mesma. A voceira socialista local Noelia Rivadas explica que “en materia educativa ás demandas dende Ordes seguen sendo moi claras”. “Precisamos máis profesorado especialista tanto de PT como da AL e tamén máis auxiliares educativos …

O PSdeG leva ao Parlamento a falta de médicos en Curtis tras quedar o centro de saúde sen facultativos durante horas

O PSdeG-PSOE denuncia a “grave situación” que atravesa a atención sanitaria en Curtis, onde a falta de persoal chegou a provocar que o centro de saúde quedase durante horas sen ningún facultativo dispoñible. A deputada socialista Silvia Longueira levará esta situación ao Parlamento de Galicia para reclamar explicacións á Xunta sobre a planificación dos recursos …

O PSOE do Porto do Son mostra a súa preocupación pola situación económica do Concello tras a solicitude dun préstamo de 549.000 euros

O Grupo Municipal Socialista do Porto do Son mostrou a súa preocupación pola situación económica do Concello despois de que o goberno local levase ao Pleno unha operación de crédito a longo prazo por 549.132 euros para financiar diferentes obras e investimentos municipais. “Desde o PSOE deixamos claro que compartimos a necesidade de realizar as …

O PSdeG denuncia o “taxazo” do Concello de Mugardos: “As familias pagarán a factura da mala xestión do goberno municipal”

O PSdeG-PSOE de Mugardos denuncia o “taxazo” ao que se poden ver sometidas as familias do municipio como consecuencia da mala xestión do goberno local, despois de oito meses sen cobrar diversos recibos municipais de auga, lixo e sumidoiro, IBI ou IVTM (rodaxe de vehículos). O Grupo Municipal Socialista alerta de que o goberno municipal …

O PSOE de Bergantiños insta ós gobernos municipais a aproveitar as axudas á compra de vivenda para atraer xente nova

O PSdeG-PSOE da Comarca de Bergantiños insta os gobernos municipais da bisbarra a aproveitar a nova liña de axudas para a adquisición de vivenda impulsada ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 e a converter estes fondos nunha oportunidade para atraer e fixar xente nova no territorio. A convocatoria da Xunta, publicada no Diario …

O PSdeG de Mañón leva á Valedora do Pobo a falta de socorristas do municipio

O PSdeG-PSOE de Mañón denuncia ante a Valedora do Pobo a ausencia de socorristas nos areais do municipio, unha situación que se repite ano tras ano e que é única en toda Ferrolterra. Martín Rego, voceiro do PSdeG local, lamenta que só haxa socorristas na piscina municipal do Barqueiro, e subliña que non hai ningún …

O PSdeG de Coristanco denuncia que o Concello “continúa sen actuar ante as reiteradas inundacións nunha vivenda por fallos na rede de pluviais”

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco denuncia que o Concello “continúa sen actuar ante as reiteradas inundacións nunha vivenda por fallos na rede de pluviais”. “O PSOE de Coristanco volve amosar a súa preocupación pola falta de resposta do Goberno municipal ante un problema que se leva repetindo durante meses”, sinala o portavoz socialista local …

O PSdeG de Mugardos esixe a Patrimonio e á Xunta que expliquen se hai expedientes sancionadores por non abrir o castelo da Palma

O PSdeG-PSOE de Mugardos lamenta que un ano máis o castelo da Palma, recoñecido como Ben de Interese Cultural, permaneza pechado ao público a pesar da obriga por parte do titular de abrilo. O voceiro socialista local José Ángel Martínez Bardanca sinala a Dirección Xeral de Patrimonio Cultural e á Xunta de Galicia pola súa …

O PSdeG reclama unha actuación urxente na Pontedona, no Refuxio de Verdes e no río Anllóns e a súa contorna

O PSdeG realizou unha andaina reivindicativa dende A Pontedona ata o Refuxio de Verdes, en Coristanco, para reclamar unha actuación inmediata no río Anllóns e a súa contorna, denunciando que esta se atopa nun “total estado de abandono”. A andaina contou coa participación, entre outras persoas, da deputada autonómica Patricia Iglesias, o voceiro socialista coristanqués …

O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “improvisación e a trampa orzamentaria” do PP coa reforma da RPT e o uso do remanente

O Grupo Municipal Socialista da Laracha amosou a súa “fonda preocupación e rexeitamento ante a xestión que o goberno local do Partido Popular levou ao último pleno, articulada sobre a modificación da Relación de Postos de Traballo e a mobilización de máis dun millón de euros do remanente de tesouraría. A voceira socialista, Inés Ramos, …

O PSdeG de Frades critica a negativa do Concello a negociar co Estado a transferencia da nacional 635 ao seu paso por Ponte Carreira

O PSdeG-PSOE de Frades critica a negativa do Concello a negociar co Estado a transferencia da estrada nacional N-634 ao seu paso polo núcleo de Ponte Carreira e a súa reticencia a debatir a cuestión no pleno. O voceiro socialista local Enrique Astray explica que o seu grupo municipal presentou unha moción para debatir a …

O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”

A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …

O PSdeG logra o apoio unánime para que Ribeira elabore un regulamento para ordenar as autocaravanas

O Grupo Municipal Socialista conseguiu no pleno celebrado onte a aprobación da súa proposta para que o Concello de Ribeira redacte un regulamento sobre as autocaravanas. A sesión estivo marcada tamén pola aprobación dun suplemento de crédito de 900.000 euros que, segundo o PSdeG de Ribeira, confirma a falta de planificación do Goberno local. Os …

O PSOE de Mugardos acusa ao alcalde de enganar á veciñanza co castelo da Palma tras catro anos pechado ao público

O PSdeG-PSOE de Mugardos acusa o alcalde, Juan Domingo de Deus, de enganar á veciñanza coa situación do castelo da Palma, que afronta o seu cuarto verán consecutivo pechado ao público pese ás obrigas derivadas da súa condición de Ben de Interese Cultural. Os socialistas lembran que a Lei do patrimonio cultural de Galicia establece …