O PSdeG reclama a Feijóo unha rectificación inmediata polos insultos do PP aos sindicatos
Taboadela reclamou unha “rectificación inmediata” do presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, polos insultos dirixidos aos sindicatos
O PSdeG sumouse á xornada reivindicativa do 11N para defender os dereitos da clase traballadora, a dignificación das condicións laborais e salariais e o acceso á vivenda a prezos asumibles. Así o trasladou na Coruña Obdulia Taboadela, cabeza de lista socialista ao Congreso pola provincia, antes do incio da manifestación convocada.
Taboadela reclamou unha “rectificación inmediata” do presidente do Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, polos insultos dirixidos aos sindicatos, que atribuíu tamén á presidenta da Comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, e ao número un da candidatura popular pola provincia da Coruña, Miguel Tellado.
A candidata socialista lembrou que “a representación sindical é un dereito constitucional e reivindicou a lexitimidade da acción sindical e a esa recitificación inmediata por parte do Partido Popular”.
Neste sentido, acusou o Partido Popular de pretender implantar, a partir do 29 de novembro, unha “axenda oculta” que, segundo advertiu, suporía “negar os dereitos laborais, o acceso á vivenda como dereito e as necesarias subidas salariais para a clase traballadora”.
Fronte a ese modelo, Taboadela defendeu a posición do PSdeG-PSOE, que, “coa nosa presenza a necesidade de garantir a vivenda a un prezo asequible para todos e todas, para seguir traballando na dignificación das condicións laborais e salariais da clase traballadora”.
A cabeza de lista socialista rematou subliñando a importancia das eleccións do vindeiro 29 de novembro, nas que, segundo sinalou, “xogámonos un modelo de relacións laborais democrático, ou como queren o Partido Popular e Vox, volver ao pasado”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS