Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: Moción

O PSdeG de Malpica sinala ao PP por non apoiar a súa moción de urxencia para reclamar á Xunta e ó Estado medidas de apoio á pesca, ó agro e a gandaría

O PSdeG-PSOE de Malpica de Bergantiños critica que o PP non apoiase a súa moción de urxencia en apoio da pesca, a agricultura e a gandaría no municipio. “A moción non chegará a ningún lado por culpa do alcalde”, apunta o voceiro socialista local, Walter Pardo. O texto presentado polo grupo municipal socialista instaba por …

O PSdeG de Ribeira propón un control trimestral dos acordos plenarios que seguen sen cumprir

O PSdeG de Ribeira levará ao próximo Pleno unha proposta para establecer un seguimento trimestral dos acordos adoptados pola Corporación que continúen sen executar. A iniciativa pretende que a Alcaldía ou os responsables de cada área informen do traballo realizado, do que queda pendente e dos motivos polos que determinadas decisións seguen sen materializarse. Os …

O pleno de Mañón aproba a moción do PSdeG para reclamarlle á Xunta o dragado do río Sor na contorna da Ponte

O pleno de Mañón insta á Xunta de Galicia, por iniciativa do PSdeG local, a executar, con carácter urxente, as actuacións de dragado no río Sor na contorna da Ponte, co obxectivo de mellorar a capacidade hidráulica e previr riscos asociados á acumulación de sedimentos. O grupo municipal socialista presentou unha moción, aprobada por unanimidade, …

O PSdeG de Coristanco reclama a restauración integral do Cruceiro de San Salvador de Erbecedo

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco rexistra diversas mocións para reclamar no pleno cuestións que considera de gran importancia para Coristanco e a súa veciñanza. Por unha banda, dende o PSdeG piden á Alcaldía que inicie de forma inmediata os trámites necesarios para a restauración integral do Cruceiro de San Salvador de Erbecedo, conforme á …

O PSdeG de Cariño reclama un plan para evitar os cortes na subministración de auga

O PSdeG-PSOE de Cariño reclámalle ao goberno local un plan para mellorar a xestión da auga e evitar a necesidade de cortes na subministración, logo de que o pasado 11 de agosto o Concello emitise un bando no que solicitaba á veciñanza restricións no seu consumo. “As condicións climáticas, con períodos de seca prolongados, e …

O PSdeG-PSOE da Laracha leva ao pleno de xullo unha batería de iniciativas “para solucionar problemas reais dos veciños e veciñas”

A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, leva ao pleno ordinario de xullo un conxunto de mocións, rogos e preguntas centradas en “dar resposta a demandas veciñais urxentes e denunciar a xestión do goberno do PP no municipio”. “A política máis útil é a que resolve o día a día da xente, …

O Pleno de Monfero aproba dúas mocións socialistas para mellorar o CPI Virxe da Cela e reclamar á Xunta actuacións fronte ao aumento da presenza de xabarís

O Pleno de Monfero aprobou dúas mocións presentadas polo Grupo Municipal Socialista. Por unha banda a mellora das instalacións do CPI Plurilingüe Virxe da Cela e, por outra, a adopción de medidas por parte da Xunta de Galicia ante o incremento da presenza de xabarís no municipio. A primeira das mocións céntrase na necesidade de …

O PSdeG de Pontedeume valora positivamente o anuncio da Xunta sobre a recuperación dos bancos marisqueiros

A Agrupación Socialista de Pontedeume valora positivamente o anuncio realizado pola Xunta de Galicia dun investimento de preto de 400.000 euros para a recuperación dos bancos marisqueiros da ría de Pontedeume. Dende a agrupación explican que “trátase dunha actuación necesaria e que chega despois de meses de insistencia por parte do Partido Socialista para denunciar …

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo reitera a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais

O Grupo Municipal Socialista de Rianxo vén de reiterar a súa preocupación pola falta de avances efectivos na aplicación das medidas de prevención e defensa contra incendios forestais no municipio, unha cuestión que afecta directamente á seguridade da veciñanza e á protección do territorio. Cómpre lembrar que xa no ano 2025 o PSdeG-PSOE de Rianxo …

O PSdeG reclama no Parlamento solucións á problemática do xabaril en Pontedeume

O Grupo Parlamentario Socialista leva ao Parlamento galego a problemática xerada pola elevada presenza de xabariles en Pontedeume nas últimas semanas e pide solucións á Xunta de Galicia. Deste xeito, levan á cámara unha reclamación que xa fixo o pleno municipal de Pontedeume a través dunha moción presentada polo Grupo Municipal Socialista. “Queremos esixirlle á …

O PSOE de Ponteceso insistiu e conseguiu aprobar a moción de vivenda, que fora rexeitada polo PP e os grupos que o apoian Partido Galego e Adiante por Ponteceso

Ponteceso. Despois de argumentar que se veñen de aprobar 7.000 millóns de euros para o plan de vivenda 2026 e que Ponteceso non pode quedar fora, o Alcalde dou o brazo a torcer e apoiou a iniciativa do PSOE. “A moción obriga ao Concello a poñerse a traballar e recuperar os tres anos perdidos desta lexislatura …

O PSOE de Coristanco presenta no Pleno unha moción para frear a planta de biogás de Soandres “polo grave risco que supón para o río Anllóns”

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco, a través do seu voceiro Jose Manuel Pérez Abelenda, vén de rexistrar unha moción para o seu debate no próximo pleno na que solicita o rexeitamento institucional do proxecto dunha planta de biogás en Vista Alegre, na parroquia larachesa de Soandres, polo “grave risco que supón para o río …

O PSOE de Mañón denuncia que o PP deixa deteriorarse o Semáforo de Bares tras fracasar cunha reforma “ridícula” de 50.000 euros

O PSOE de Mañón levará ao vindeiro pleno municipal unha moción para reclamar ao Goberno local do PP que licite as obras de reforma do Semáforo de Bares “cun proxecto realista e cunha dotación económica suficiente”, despois de que quedase deserta a licitación impulsada polo Concello por un importe de só 50.000 euros. O portavoz …

O PSdeG condena o ataque ao monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo no Malecón de Ribeira

O PSdeG-PSOE de Ribeira condena o ataque sufrido polo monumento en homenaxe ás vítimas do franquismo situado no Malecón de Ribeira, e demanda que se arranxe esta situación de forma urxente. “O monumento situado no Malecón de Ribeira non pode permanecer neste estado, polo que reclamamos unha resposta clara, inmediata e contundente por parte do …

O PSdeG de Coristanco esixe a clausura inmediata do pozo do CEIP Canosa–Rus tras coñecerse analíticas fóra da normativa

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco vén de presentar unha moción no Concello para reclamar a clausura inmediata do pozo construído no CEIP Canosa–Rus en 2025, logo de coñecerse que as analíticas iniciais da auga presentan parámetros que incumpren a normativa vixente. O voceiro socialista local, José Manuel Pérez Abelenda, sinala ademais que os resultados …