Category: Sanidade
O PSdeG reclama á Xunta máis profesionais e a recuperación do servizo de tarde no centro de saúde de Ordes
A voceira do PSdeG en Ordes, Noelia Rivadas denuncia que a atención sanitaria no municipio está “moitísimo máis limitada” e reclama tamén un pediatra de garda, melloras na sala de fisioterapia, unha sala de raios X con persoal propio e a climatización do centro O deputado do PSdeG no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, anuncia …
O PSdeG leva ao Parlamento a falta de médicos en Curtis tras quedar o centro de saúde sen facultativos durante horas
O PSdeG-PSOE denuncia a “grave situación” que atravesa a atención sanitaria en Curtis, onde a falta de persoal chegou a provocar que o centro de saúde quedase durante horas sen ningún facultativo dispoñible. A deputada socialista Silvia Longueira levará esta situación ao Parlamento de Galicia para reclamar explicacións á Xunta sobre a planificación dos recursos …
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña reclama ao Sergas medidas inmediatas ante a saturación das Urxencias do CHUAC
O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña expresa a súa preocupación pola situación de saturación das Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC). A elevada presión asistencial obrigou a habilitar ata catro corredores para atender pacientes e denuncia que se manteñen arredor de 130 camas hospitalarias inoperativas, unha situación que considera que repercute tanto na …
O PSdeG esixe á Xunta manter a atención sanitaria de tarde no Centro de Saúde de Caranza durante o verán
O Grupo Parlamentario Socialista vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para reclamar á Xunta que manteña durante o período estival a actividade asistencial ordinaria en horario de tarde no Centro de Saúde de Caranza, en Ferrol, tras coñecerse a reorganización asistencial prevista entre o 15 de xullo e o 31 …
O PSdeG reclama no Parlamento solucións á falla de aire acondicionado no CHUF
O PSdeG-PSOE amosa o seu apoio ás protestas pola situación do hospital Arquitecto Marcide de Ferrol ante as altas temperaturas rexistradas e esixirá solucións no Parlamento de Galicia. O deputado autonómico Aitor Bouza calificou a situación do transporte no hospital de “absolutamente denigrante” para as persoas usuarias do mesmo. “Queremos esixirlle á Xunta de Galicia …
O PSdeG reclama á Xunta a instalación urxente dun sistema de aire acondicionado no Centro de Saúde de Ordes
O PSdeG rexistrou no Parlamento de Galicia unha iniciativa para reclamar á Xunta a instalación urxente dun sistema de climatización no Centro de Saúde de Ordes, despois das reiteradas queixas trasladadas por profesionais e persoas usuarias polas elevadas temperaturas que se rexistran nas instalacións. A voceira socialista en Ordes, Noelia Rivadas, denuncia que “no interior …
O PSdeG de Irixoa denuncia que a Xunta non cubre as ausencias do médico no Centro de Saúde
María José Cal Álvarez, voceira socialista en Irixoa, reclámalle á Xunta de Galicia que envíe a un médico ou médica para cubrir as ausencias do doutor do Centro de Saúde do municipio. “Dende o PSdeG-PSOE de Irixoa queremos denunciar a problemática que están a sufrir os nosos veciños e veciñas pola situación que dende hai …
O PSdeG reclamará no Parlamento que o Centro de Saúde de Oroso abra os sábados pola mañá
O PSdeG-PSOE leva ao Parlamento de Galicia a reivindicación de que o Centro de Saúde de Oroso abra os sábados pola mañá. “Levamos ao Parlamento unha petición para que o Sergas e a Xunta de Galicia reconsideren a súa decisión de pechar o centro de saúde de Oroso os sábados pola mañá, xa que non …
O PSdeG esíxelle a Rueda que dea marcha atrás no peche do Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá
O PSdeG esíxelle á Xunta de Galicia que dea marcha atrás na súa decisión de pechar o Centro de Saúde de Val do Dubra os sábados pola mañá, e levará esta reivindicación ao Parlamento galego. “Dende o Partido Socialista de Val do Dubra, consideramos necesario formular esta cuestión ante o Parlamento, reivindicando que a Xunta …
O PSdeG apoia en Rianxo a mobilización en defensa da atención primaria
O PSdeG reafirmou este martes o seu apoio ás reivindicacións en defensa da sanidade primaria en Rianxo tras unha nova concentración celebrada diante do centro de saúde da localidade, unha mobilización que se convoca o primeiro martes de cada mes para reclamar melloras na atención primaria. A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias e …
O PSdeG-PSOE esixe á Xunta solucións urxentes para o PAC da Laracha
O Grupo Municipal Socialista da Laracha, encabezado pola súa voceira Inés Ramos López, presentou ante o pleno do concello celebrado onte unha moción para esixir á Xunta de Galicia e ao Sergas melloras inmediatas no PAC da Laracha. Para a portavoz socialista, este servizo de urxencias “arrastra graves carencias materiais e laborais que poñen en …
O PSOE de Cambre reclama al Concello un expediente sancionador contra a empresa do SAF e responsabilidades políticas no goberno local
O portavoz socialista, Diego Alcantarilla, reclama a apertura inmediata dun expediente sancionador contra a empresa adxudicataria do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) tras coñecerse publicamente que a propia concesionaria recoñece non dispoñer de persoal suficiente para atender o servizo durante as fins de semana. Para Alcantarilla, “estamos ante un feito gravísimo que confirma o …
O PSdeG-PSOE denuncia a decisión da Xunta de pechar o centro de saúde de Oroso os sábados
O secretario xeral local, Fernando Gutiérrez, e o deputado socialista no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, participaron hoxe nunha concentración diante do centro de saúde de Oroso para manifestar o seu rexeitamento á decisión da Xunta de Galicia de pechar o centro de saúde os sábados pola mañá e derivar a atención ao PAC. Na …
O PSdeG de Coristanco esixe a clausura inmediata do pozo do CEIP Canosa–Rus tras coñecerse analíticas fóra da normativa
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco vén de presentar unha moción no Concello para reclamar a clausura inmediata do pozo construído no CEIP Canosa–Rus en 2025, logo de coñecerse que as analíticas iniciais da auga presentan parámetros que incumpren a normativa vixente. O voceiro socialista local, José Manuel Pérez Abelenda, sinala ademais que os resultados …
O PSdeG denuncia os “recortes encubertos” da reforma da atención primaria por parte da Xunta
O PSdeG-PSOE reuniuse con persoal sanitario do PAC da Laracha e o PAC de Ponteceso co obxectivo de coñecer a súa situación e as súas demandas, especialmente con respecto á nova reforma da Atención Primaria impulsada pola Xunta de Galicia. Nesta xuntanza participou Patricia Iglesias, deputada socialista no Parlamento de Galicia, así como portavoces socialistas …