Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG apoia en Rianxo a mobilización en defensa da atención primaria

  • Patricia Iglesias e Óscar Rial apoiaron a concentración convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da Barbanza diante do centro de saúde para reclamar reforzos no PAC, no servizo de ambulancia e pediatría

O PSdeG reafirmou este martes o seu apoio ás reivindicacións en defensa da sanidade primaria en Rianxo tras unha nova concentración celebrada diante do centro de saúde da localidade, unha mobilización que se convoca o primeiro martes de cada mes para reclamar melloras na atención primaria.

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias e o portavoz do PSdeG en Rianxo, Óscar Rial, denunciaron a “situación de auténtico colapso” que, segundo advertiron, atravesa actualmente a atención primaria no municipio.

Dende o PsdeG reclámase o reforzo do persoal sanitario, a recuperación dun PAC completo, a mellora do sistema de transporte sanitario, a dispoñibilidade dunha ambulancia as 24 horas e o reforzo da atención pediátrica, ademais da cobertura de todas as prazas sanitarias.

Patricia Iglesias sinalou que o Partido Socialista seguirá apoiando estas mobilizacións e trasladando as demandas da veciñanza ás institucións galegas. “Dende o Partido Socialista de Galicia, trasladarei estas reivindicacións ao Parlamento de Galicia para debater con rigorosidade e con seriedade”, afirmou.

A deputada socialista incidiu na necesidade de garantir unha atención sanitaria de calidade en Rianxo e defendeu que “a calidade da sanidade e da atención primaria no Concello de Rianxo sexa unha realidade”.


Patricia Iglesias – concentración sanidade Rianxo – xuñ26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes