Skip to content

Galego

¡Síguenos!

noticias

O PSdeG-PSOE de Ferrol denuncia un novo atraso nas obras da envolvente do Centro Cívico de Caranza ante “a inercia e as ausencias” de Rey Varela

O concelleiro socialista Julián Reina critica que o goberno local tentase ocultar á cidadanía a parálise do proxecto, que non estará rematado, como mínimo, ata finais de agosto. O grupo socialista lamenta que Ferrol estea “condenado a ser gobernado pola inercia” debido á falta de liderado e de xestión do alcalde do Partido Popular. Ferrol, …

O PSOE de Ferrol lembra que o convenio con Narón non é un“acordo histórico”, senón o cumprimento dunha sentenza impulsada polo anterior goberno socialista

Rafael Fernández critica que o PP pretenda apropiarse dun resultado derivado dun procedemento xudicial ao que se opuxo e que mantivo paralizado durante case dous anos Ferrol, 12 de xuño de 2026.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol considera unha manipulación política presentar como un “acordo histórico” o convenio anunciado entre Ferrol e Narón para …

O PSdeG-PSOE de Ferrol denuncia que o alcalde desinforma á cidadanía e oculta naXunta de Goberno a “xestión chapuceira” das obras públicas

O concelleiro Julián Reina acusa ao goberno local de tapar as paralizacións, os atrasos e os modificados de proxectos clave aprobados esta semana, cuxas consecuencias económicas e sociais acaban pagando todos os ferroláns. Ferrol, 5 de xuño de 2026. O concelleiro do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE no Concellode Ferrol, Julián Reina, denunciou hoxe de maneira …

O PSOE acusa ao PP de enganar á cidade” con investimentos que nunca executa mentres mantén máis de 20 millóns de euros enpréstamos sen usar

Rafael Fernández: “Piden cartos para obras que non fan. É propaganda financiadaa crédito” Ferrol, 2 de xuño de 2026.- O Grupo Municipal Socialista de Ferrol denunciou hoxe o que cualifica como “un fracaso absoluto de xestión” do goberno de José Manuel Rey Varela, despois de coñecerse que o Concello mantén máis de 20 millóns de …

O PSOE lamenta a aprobación da disolución da Sociedade Mixta deTurismo “sen un modelo alternativo nin planificación para o futuro”

Verónica Gómez, concelleira do grupo socialista: “Perdemos unha ferramenta mellorable, pero o máis grave é que o goberno segue sen explicar que a substitúe” Ferrol, 31 de maio de 2026.- O Grupo Municipal Socialista lamentou a aprobación no pleno celebrado o xoves, da disolución da Sociedade Mixta de Turismo, unha decisión que saíu adiante cos …

O PSOE de Ferrol denuncia que o “colapso administrativo” provocado por Rey Varela obriga a pagar facturas de obras executadas sen contrato vixente

O concelleiro socialista advirte de que o “desmantelamento” das áreas de Obras e Servizos, debido a unha RPT “chapuceira de copia e pega”, ten ao persoal municipal nunha situación límite de sobrecarga. O alcalde ocultou que non se concedeu a prórroga do cemiterio de Catabois polas eivas do propio Goberno , e agora levanta o …

O PSdeG-PSOE de Ferrol denuncia a paralización total e o “caos absoluto” nas obras do Castelo de San Felipe por mor da desidia de Rey Varela

O concelleiro socialista Julián Reina acusa ao alcalde de Ferrol de non facer seguimento dos traballos, non pagar as facturas e pór en serio risco un millón de euros de fondos europeos por priorizar a súa proxección política en Madrid. A documentación oficial destapa a resolución do contrato da directora de execución pola extensión dos …

O grupo socialista esíxelle a Rey Varela que “diga a verdade sobre o retraso crítico nas obras de Rubalcava

O concelleiro Julián Reina acusa ao alcalde de Ferrol de utilizar as visitas de altos cargos da Xunta para tapar a súa “incompetencia na xestión” mentres o proxecto acumula unha demora flagrante respecto ao plan de obra oficial. Os datos oficiais revelan que, a piques de superar o ecuador teórico dos traballos, o Concello só …

“Rey Varela apenas executa o 0,76 % dos investimentos no primeiro trimestre: só 517.000 euros de máis de 68 millóns previstos”

Rafael Fernández denuncia a “falta de traballo e de xestión dun goberno municipal incapaz de transformar os recursos en feitos para Ferrol” Ferrol, 19 de maio de 2026.- O concelleiro do Grupo Municipal Socialista, Rafael Fernández, denunciou hoxe a “gravísima falta de traballo e de xestión” do goberno de José Manuel Rey Varela tras coñecerse …

O PSOE de Ferrol esixe a Rey Varela que “non masacre” o arborado na reforma da Avenida de Compostela e critica a súa “falta de respecto” institucional

O concelleiro socialista Julián Reina lamenta que o alcalde oculte información á corporación mentres a filtra aos medios de comunicación Reina denuncia unha “política de arboricidio” nas últimas obras da cidade e pide que se respecte o patrimonio verde na intervención prevista. Ferrol, 19 de maio de 2026. O concelleiro do Grupo Municipal do PsdeG-PSOE …