O PSOE de Ferrol denuncia que o alcalde oculta de novo os asuntos reais da Xunta de Goberno Local para vendela como un «spot publicitario»
Julián Reina crítica que as roldas de prensa posteriores ao órgano de goberno só conteñan «trazas de realidade», agochando recortes de investimento, atrasos nas obras e descontrol na contratación municipal.
Os socialistas revelan a o incumprimento de prazos no Bambú Club polas filtracións dos propios edificios municipais e a incapacidade para executar nin a metade do contrato de sinalización horizontal.
Ferrol, 18 de agosto de 2026. O concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de
Ferrol, Julián Reina, denunciou hoxe a falta de transparencia e o «ocultamento sistemático» por parte do alcalde e do seu goberno dos asuntos debatidos e aprobados na Xunta de Goberno Local. Segundo o edil socialista, as rodas de prensa nas que se debería informar con rigor dos acordos acadados para a cidade convertéronse nun mero «spot publicitario que só contén trazas de realidade».
Reina acusou ao rexedor de querer maquillar a xestión municipal mentres acumula incumprimentos de prazos, atrasos na execución das obras e unha grave perda de financiamento. Como proba deste «descontrol», o concelleiro socialista informou de varios asuntos debatidos na Xunta de Goberno Local que contradín o relato oficial do goberno local:
- Recorte no Mercado da Magdalena para financiar Recimil tras a perda de fondos europeos.
Segundo recolle a Addenda no 2 ao convenio de colaboración coa Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, o goberno municipal viu a necesidade de modificar substancialmente o proxecto inicial do Mercado da Magdalena. A actuación prevista no mercado reduciuse drasticamente de 1.028.386,89 euros a tan só 326.647,01 euros, limitándose unicamente á Fase I (rehabilitación da peixaría de Ucha).
Reina sinalou que este recorte de máis de 700.000 euros destínase agora a financiar a
rexeneración urbana do eixo vertebrador dos barrios de Recimil e contorna, unha decisión
motivada e derivada da perda dos fondos europeos que orixinalmente iando destinados a dita
rexeneración.
- Incumprimento dos prazos na obra do Bambú Club por abandonos municipais Respecto á obra de «Creación de equipamento social en Recimil (Bambú Club)» , adxudicada por 435.224,90 € e cun prazo de execución orixinal de 9 meses que remataba o 12 de agosto de 2026, a Xunta de Goberno tivo que aprobar unha ampliación do prazo ata o 30 de setembro de 2026.
A propia empresa adxudicataria e a Dirección de Obra poñen de manifesto que non se
puideron executar e rematar múltiples partidas de obra desde o 12 de novembro de 2025
debido ás continuas e ininterrompidas filtracións de auga procedentes dos edificios municipais situados xusto enriba. Julián Reina remarcou que «a obra só leva executado un 63% por culpa directa da inacción do propio Concello á hora de solucionar as humidades dos seus inmobles, afectando negativamente ademais á subvención outorgada pola Xunta de Galicia». - Atrasos e falta de xustificación no contrato de sinalización horizontal Outro dos puntos criticados por Reina é a xestión da mellora da sinalización horizontal no centro urbano.
Adxudicado por 544.725,27 € en outubro de 2025, o contrato prevía un prazo de execución de 5 meses dende o acta de comprobación do reformulo (asinada o 17/03/2026), fixando a data límite para hoxe mesmo, 18 de agosto de 2026.
A pesar de que o prazo remataba hoxe, aprobouse unha prórroga de 3 meses ata o 18 de
novembro de 2026. Desde o propio Servizo de Contratación emitíronse duras observacións advertindo de que o expediente se remitiu con só 4 días de antelación e que a obra acumula graves atrasos. Contratación deixa claro que as escusas alegadas pola empresa (coma as condicións meteorolóxicas, a ocupación da vía pública ou a situación xeopolítica en Irán) «non contan coa debida acreditación nin xustificación».
«Esiximos ao alcalde que deixe de enganar aos veciños e veciñas de Ferrol con roldas de
prensa de atrezzo e dea explicacións transparentes sobre o descontrol na xestión das obras e os contratos da nosa cidade», concluíu Julián Reina
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS