Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Tag: PSdeG-PSOE

O PSdeG de Cariño denuncia “o incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do goberno municipal”

O PSdeG-PSOE de Cariño denuncia “o incumprimento sistemático dos acordos plenarios por parte do goberno municipal” despois de preguntar no último pleno se se vai volver licitar o Punto de Atención á Infancia. O voceiro socialista local Jonathan Miranda sinala que este caso é “un claro exemplo” deste incumprimento de acordos. O socialista lembra que …

O PSdeG levará ós concellos de Ortegal a reivindicación dunha ambulancia medicalizada na comarca

Logo de reclamalo tamén no Parlamento de Galicia, o PSdeG levará agora aos plenos municipais dos diferentes concellos da comarca de Ortegal a reivindicación á Xunta dunha ambulancia medicalizada para a bisbarra. O texto da moción insta á Xunta de Galicia a que dita ambulancia teña base permanente na comarca, garantindo “unha cobertura adecuada das …

Patricia Iglesias denuncia a paralización das obras de Palmeira, en Ribeira

O Grupo Parlamentario Socialista denuncia a paralización das obras na travesía de Palmeira, no municipio de Ribeira. A deputada Patricia Iglesias reclama explicacións á Xunta de Galicia. “Estamos preocupados polo que nos traslada á veciñanza de Palmeira”, explica a parlamentaria, que salienta que “hai uns días que non se ve actividade na zona, non hai …

O PSdeG rexeita a sanción da Xunta a Valdoviño pola piscifactoría de Meirás e esixe explicacións no Parlamento

O PSdeG-PSOE rexeita a sanción imposta pola Xunta de Galicia ao Concello de Valdoviño por mor da piscifactoría de Meirás. Aitor Bouza, deputado no Parlamento galego, e Alberto González, alcalde de Valdoviño, tiveron unha xuntanza para abordar conxuntamente a cuestión. González afirmou que a piscifactoría foi “abandonada por parte da Xunta de Galicia”: “Non tivemos …

Silvia Longueira reclama no Parlamento galego máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro

O Grupo Parlamentario Socialista reclámalle á Xunta de Galicia máis aulas e persoal para o CEIP de Teixeiro, no municipio de Curtis, ante o incremento da poboación desta vila. A deputada autonómica Silvia Longueira sinala que este incremento xera “un curioso problema que podería ser unha boa noticia” pero que fai que o centro estea …

O PSdeG-PSOE da Laracha esixe medidas urxentes ante a “situación estrutural” de incendios en Caión

O Grupo Municipal Socialista da Laracha presentou unha moción para o seu debate no Pleno ante a “profunda preocupación” que vive a veciñanza de Caión polos últimos incendios forestais rexistrados na parroquia. A voceira socialista, Inés Ramos López, urxe á Xunta de Galicia e ao Goberno local a pasar dunha “reacción tardía” a unha política …

O PSdeG reclama no Parlamento galego unha ambulancia medicalizada para a comarca de Ortegal

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para a comarca de Ortegal. O deputado autonómico socialista Aitor Bouza sinala que se trata dunha “demanda histórica” para a bisbarra. O parlamentario afirma que non se trata dun “capricho das veciñas e dos veciños, senón que realmente é unha necesidade real e urxente”. Para …

O PSdeG de Curtis reclama a Concello e Xunta que habiliten unha zona para a aterraxe do helicóptero do 061

O PSdeG-PSOE de Curtis reclámalle ao alcalde Javier Caínzos e á Xunta de Galicia que actúen con carácter inmediato no PAC de Teixeiro para habilitar urxentemente unha zona accesible e de uso exlusivo para a aterraxe do helicóptero do 061. Esta reivindicación prodúcese unha vez máis logo de que o pasado sábado 4 de abril, …

O pleno de Mañón aproba a moción do PSOE para nomear a Lino Novás Calvo fillo predilecto do municipio

O pleno do Concello de Mañón aprobou o pasado xoves, por unanimidade de todos os grupos, a moción presentada polo PSOE para recoñecer e honrar a figura do escritor e xornalista Lino Novás Calvo, unha das personalidades máis destacadas vinculadas ao municipio. Con este acordo, Mañón dá un paso decisivo para saldar unha débeda histórica …

O PSOE de Fene esixe un plan urxente de reparación de estradas e melloras nos parques municipais

O Grupo Municipal Socialista de Fene reclamou no último pleno municipal que o goberno local formado por BNG e EU poña en marcha un plan integral de reparación de estradas que dea resposta ás necesidades reais da veciñanza. Os PSdeG local sinalou o mal estado de múltiples vías municipais e demandou “unha planificación clara que …

O PSdeG de Pontedeume reclama apoio e axudas ao sector marisqueiro e a pesca de artes menores no municipio

O Grupo Municipal Socialista de Pontedeume levará ao seguinte pleno unha moción de apoio ao sector marisqueiro e da pesca de artes menores no municipio. Esta iniciativa, consensuada coa Confraría de Pescadores local, pretende instar á Xunta de Galicia a negociar co sector e establecer axudas efectivas como compensación pola paralización da actividade recomendada pola …

O PSdeG de Ribeira lamenta que a alcaldesa “oculte o custo da indemnización de Xarás” e “viva allea aos problemas reais da veciñanza”

O PSdeG de Ribeira denuncia que “o último pleno municipal volveu deixar en evidencia a falta de proxecto, a opacidade e a inacción do actual goberno local”. Para os socialistas, a sesión “confirmou que o executivo evita dar explicacións nos asuntos máis graves e está máis centrado en entorpecer á oposición e en xerar ruído …

O PSdeG celebra o investimento do Goberno central na nova comisaría de Ferrol e pide colaboración ao Concello en políticas de vivenda e a Cidade da Xustiza

O PSdeG-PSOE puxo en valor o investimento de máis de 7 millóns de euros que o Goberno de España realizará en Ferrol para a construción dunha nova comisaría de policía para Ferrol e Narón no antigo cuartel Sánchez Aguilera. Ángel Mato, voceiro socialista local, e Pedro Blanco, delegado do Goberno en Galicia, ofreceron unha rolda …

O PSdeG de Curtis reclama apoio ao sector gandeiro ante a baixada de prezo do leite galego e a competencia de Portugal e Francia

O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Curtis, Fernando Rey Leira, renvindica medidas de apoio ás explotacions gandeiras, que están a sofrer perdas económicas logo da baixada dos precios do leite galego, “favorencendo o leite exportada doutros países como Portugal e Francia”. Rey Leira amosa o seu apoio ao sindicato Unións Agrarias, “o principal sindicato no …

O PSdeG advirte de que “o PP pode facer que Ribeira pague unha factura millonaria pola gasolineira de Xarás”

O PSdeG de Ribeira levará ao pleno municipal do vindeiro luns 30 de marzo dúas preguntas sobre dous asuntos que, sinalan, “poden ter consecuencias moi graves para o municipio”. A primeira refírese ao caso da gasolineira low cost de Xarás e ao posible custo económico que pode acabar recaendo sobre as arcas municipais. A segunda …