Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Bergantiños

O PSOE de Bergantiños insta ós gobernos municipais a aproveitar as axudas á compra de vivenda para atraer xente nova

O PSdeG-PSOE da Comarca de Bergantiños insta os gobernos municipais da bisbarra a aproveitar a nova liña de axudas para a adquisición de vivenda impulsada ao abeiro do Plan Estatal de Vivenda 2026-2030 e a converter estes fondos nunha oportunidade para atraer e fixar xente nova no territorio. A convocatoria da Xunta, publicada no Diario …

O PSdeG reclama unha actuación urxente na Pontedona, no Refuxio de Verdes e no río Anllóns e a súa contorna

O PSdeG realizou unha andaina reivindicativa dende A Pontedona ata o Refuxio de Verdes, en Coristanco, para reclamar unha actuación inmediata no río Anllóns e a súa contorna, denunciando que esta se atopa nun “total estado de abandono”. A andaina contou coa participación, entre outras persoas, da deputada autonómica Patricia Iglesias, o voceiro socialista coristanqués …

Walter Pardo envía unha carta ao Ministerio de Pesca para solicitar cambios no sistema de cotas da pesca da sardiña

O secretario de Pesca do PSdeG Provincial da Coruña e voceiro socialista local en Malpica de Bergantiños, Walter Pardo, envía unha carta ao ministro de Pesca, Luis Planas, para trasladarlle “a preocupación existente en Galicia ante a situación que atravesa actualmente a flota do cerco en relación coa cota da sardiña”. O socialista sinala que …

O PSdeG da Laracha critica a “incapacidade” do goberno local tras aprobar outra modificación de crédito de máis de 900.000€

O Grupo Municipal do PSOE da Laracha critica a “continua improvisación e falta de rigor orzamentario” do goberno local tras a aprobación inicial dun novo Expediente de Modificación de Créditos por un importe total de 914.074,40 euros con cargo integramente ao Remanente de Tesouraría para Gastos Xerais. A portavoz municipal socialista, Inés Ramos, sinalou que …

O PSdeG-PSOE de Coristanco reclama ao Concello unha actuación urxente ante a fuga na rede principal de auga

O PSdeG-PSOE de Coristanco presenta ante o Concello unha solicitude para reclamar unha actuación urxente ante a fuga de auga existente na rede principal de abastecemento, que estaría provocando filtracións e posibles danos nunha propiedade particular. O voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda sinala que os veciños afectados veñen intentando comunicar esta situación en …

O PSOE de Coristanco sinala que a modificación extraordinaria de crédito “evidencia a falta de planificación do Concello”

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco denuncia que a recente modificación de crédito aprobada no municipio “evidencia a falta de planificación do Concello e dunha xestión eficaz dos recursos públicos”. “Resulta chamativo que entre as actuacións incluídas se presenten como novidades proxectos que xa estaban redactados e aprobados hai varios anos, concretamente no 2022, limítanse a pouco máis que reutilizar proxectos xa existentes”, afirma o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda. É o caso da implantación de dous parques infantís, unhas actuacións cuxos proxectos foron elaborados no ano 2022. “En lugar de explicar por que permaneceron sen executarse durante todo …

O PSdeG apoia as protestas contra os proxectos mineiros en Coens, Fornelos e Cabana: “Non se pode gobernar de costas ao territorio”

O PSdeG-PSOE amosou o seu apoio á Plataforma Contra a Mina de Coéns, participando na concentración contra diversos proxectos mineiros na Costa da Morte que foi convocada pola plataforma e que tivo lugar na praza dos Voluntarios de Laxe. Os veciños e veciñas participante na protesta amosou o seu rexeitamento tanto á Mina de Coens, …

O PSdeG reúnese coa plataforma de afectados e afectadas polo permiso mineiro Jorge Reyes en Zas, Cabana e Laxe

O PSdeG-PSOE reuniuse coa plataforma de afectados e afectadas polo permiso de investigación mineira Jorge Reyes nos municipios de Zas, Cabana de Bergantiños e Laxe. Participaron na xuntanza a deputada autonómica Patricia Iglesias, a voceira socialista zaseira Sheila Rial e o voceiro socialista laxense Paco Vidal. Tamén estiveron presentes representantes da Plataforma en Contra da …

O PSOE de Coristanco presenta no Pleno unha moción para frear a planta de biogás de Soandres “polo grave risco que supón para o río Anllóns”

O Grupo Municipal Socialista de Coristanco, a través do seu voceiro Jose Manuel Pérez Abelenda, vén de rexistrar unha moción para o seu debate no próximo pleno na que solicita o rexeitamento institucional do proxecto dunha planta de biogás en Vista Alegre, na parroquia larachesa de Soandres, polo “grave risco que supón para o río …

Aitor Bouza denuncia que o proxecto de planta de biogás na Laracha “é un atentado contra o medio ambiente”

O PSdeG participou na manifestación da plataforma “Biogás na Laracha? Non”, onde amosou o seu apoio ás reivindicacións en contra do proxecto de planta de biogás. Na protesta participaron diferentes representantes socialistas dos municipios afectados, entre eles o alcalde de Culleredo e vicesecretario xeral da Executiva Provincial, Jose Ramón Riobooo; o coordinador comarcal, Jose Manuel …

O PSdeG denuncia os “recortes encubertos” da reforma da atención primaria por parte da Xunta

O PSdeG-PSOE reuniuse con persoal sanitario do PAC da Laracha e o PAC de Ponteceso co obxectivo de coñecer a súa situación e as súas demandas, especialmente con respecto á nova reforma da Atención Primaria impulsada pola Xunta de Galicia. Nesta xuntanza participou Patricia Iglesias, deputada socialista no Parlamento de Galicia, así como portavoces socialistas …

O PSdeG esixe á Xunta unha resposta urxente ao deterioro da sanidade na Costa da Morte e Bergantiños

O PSdeG vén de rexistrar no Parlamento de Galicia unha iniciativa para esixir reforzos urxentes na Atención Primaria das comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte, ante a situación de deterioro que sofre a sanidade pública nestes territorios. A deputada socialista Patricia Iglesias advertiu de que a realidade diaria da veciñanza é cada vez …

O PSdeG de Coristanco celebra a aprobación no pleno da súa moción para reclamarlle á Xunta unha ambulancia medicalizada na bisbarra

O PSdeG-PSOE de Coristanco celebra a aprobación no último pleno municipal da moción presentada polo grupo municipal socialista para reclama que a Xunta de Galicia dote á  comarca de Bergantiños dunha ambulancia medicalizada de soporte vital avanzado (SVA) con base permanente na zona. “A comarca de Bergantiños leva máis de vinte e cinco anos reclamando …

Patricia Iglesias reclama no Parlamento unha ambulancia medicalizada para a Costa da Morte

O PSdeG-PSOE reclama no Parlamento de Galicia unha ambulancia medicalizada para as comarcas da Costa da Morte, considerándoa “esencial e imprescindible para ter unha atención de urxencia e de calidade”. Como indica a parlamentaria socialista Patricia Iglesias, “25 anos, que se di pronto, é o que levan esperando os veciños e as veciñas da Costa …

O PSdeG-PSOE de Bergantiños acusa aos alcaldes da comarca de abandonar o problema da vivenda e esixe acción inmediata

PSdeG Bergantiños. O PSdeG-PSOE da comarca de Bergantiños, a través do seu coordinador comarcal e voceiro socialista en Coristanco, José Manuel Pérez Abelenda, denuncia a inacción dos alcaldes dos sete concellos da comarca ante a crecente problemática da vivenda. Pérez Abelenda critica que os gobernos municipais “están a mirar para outro lado mentres a situación …