Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG apoia as protestas contra os proxectos mineiros en Coens, Fornelos e Cabana: “Non se pode gobernar de costas ao territorio”

  • Patricia Iglesias Rey denuncia falta de transparencia da Xunta de Galicia na tramitación destes proxectos

O PSdeG-PSOE amosou o seu apoio á Plataforma Contra a Mina de Coéns, participando na concentración contra diversos proxectos mineiros na Costa da Morte que foi convocada pola plataforma e que tivo lugar na praza dos Voluntarios de Laxe.

Os veciños e veciñas participante na protesta amosou o seu rexeitamento tanto á Mina de Coens, en Laxe, como aos proxectos mineiros no concello de Cabana de Bergantiños ou en en Fornelos, Zas. Estivo presente a Asociación de Veciños A Fonte de Fornelos en representación da veciñanza deste municipio.

Patricia Iglesias Rey, deputada socialista no Parlamento de Galicia, participou nesta concentración xunto ao voceiro socialista en Laxe, Francisco Vidal. Tamén estivo presente Sheila Rial Mata, voceira socialista en Zas.

“Cando un pobo sente que non foi informado nin escoitado, os seus representantes teñen a obriga de estar ao seu lado”, sinala Patricia Iglesias. Para a deputada autonómica, “o permiso de investigación mineira Jorge Reyes é un exemplo de como a Xunta está a xestionar a política mineira, con pouca transparencia e de costas á cidadanía”.

“Ninguén cuestiona que Galicia poida aproveitar os seus recursos mineiros, nós non estamos contra a minería sostible, pero si estamos en contra da opacidade”, explica a socialista, que destaca que o mencionado permiso de investigación comezou a ser tramitado en 2018, sendo autorizado finalmente en 2026.

Para Iglesias, “os proxectos mineiros só poden facerse con información, participación e respecto ás persoas que viven e traballan no rural”. “O que non é aceptable é que os veciños descubran agora expedientes mineiros que levan anos tramitándose, cando poden afectar ás súas terras e ao seu modo de vida”, engade.

“Desde o PSdeG imos seguir defendendo os intereses da Costa da Morte no Parlamento e nos concellos afectados, esixindo transparencia, planificación e que a voz da veciñanza conte antes de tomar decisións, non cando xa están tomadas”, afirma Iglesias. “Non se pode gobernar de costas ao territorio”, conclúe.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes