Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSOE de Teo pide explicacións urxentes polo peche do comedor do CEIP da Ramallosa

  • Os socialistas reclaman a comparecencia da concelleira de Educación e da alcaldesa e advirten do impacto nas familias

O grupo municipal socialista de Teo solicita a “comparecencia urxente” da concelleira de Educación, María Vázquez, e da alcaldesa, Lucía Calvo, para que expliquen as medidas que prevén adoptar ante o peche do comedor do CEIP da Ramallosa.

Segundo explican os socialistas, o centro educativo comunicou ás familias, a través da plataforma ABALAR, que “por motivos alleos a eles, non contan co persoal necesario para garantir o funcionamento do servizo a partir do 7 de maio”.

A voceira socialista, Mayte Argibay, advertiu de que esta situación “vai causar graves problemas ás familias”, polo que considera necesario que “se tomen as medidas oportunas para evitar o peche do servizo”. Ademais, Argibay quixo salientar que, pese a que o seu grupo leva solicitándoo dende o inicio da lexislatura, a concelleira de Educación “non foi quen de constituír o Consello Escolar Municipal nestes tres anos de goberno”. Segundo sinala, trátase dun órgano que debería ser consultado “en circunstancias excepcionais como as que están a acontecer”.


Mayte Argibay – CEIP da Ramallosa – mai26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes