Tag: Bernardo Fernández
O PSdeG reivindica en Santiago o dereito á vivenda e a igualdade de oportunidades tras reunirse coa Fundación Secretariado Xitano
O PSdeG-PSOE visitou este luns as novas instalacións da Fundación Secretariado Xitano en Santiago de Compostela, onde mantivo unha reunión coa súa directiva para coñecer de primeira man o traballo que desenvolve a entidade en materia de inclusión, formación e igualdade de oportunidades, así como as dificultades que continúa afrontando a comunidade xitana, especialmente no …
O PSdeG defende en Corcubión as pensións públicas e reclama máis servizos e oportunidades para a Costa da Morte
O PSdeG celebrou hoxe un encontro coa veciñanza na Capela do Pilar de Corcubión, no que participaron Obdulia Taboadela, cabeza de lista do PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña; Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, e Jorge Domínguez, candidato socialista e coordinador comarcal de Costa Atlántica. Obdulia Taboadela puxo o foco na importancia das pensións …
O PSdeG reivindica os 8.000 millóns de euros de investimento nos estaleiros de Ferrol e reclama a Rey Varela que cumpra cos seus compromisos coa cidade
O PSdeG-PSOE reivindicou este sábado en Ferrol os investimentos realizados polo Goberno de España durante os últimos anos na cidade e na súa comarca, destacando especialmente a aposta polo sector naval, a modernización das infraestruturas e a creación de emprego. Os socialistas tamén cuestionaron as recentes declaracións do alcalde, José Manuel Rey Varela, sobre a …
O PSdeG reivindica en Boiro a formación e o emprego de calidade como claves para ofrecer novas oportunidades á mocidade
O PSdeG-PSOE realizou este venres unha visita ao Viveiro de Empresas e ao coworking LabBarbanza, situados no parque empresarial Espiñeira, en Boiro, para coñecer as instalacións e os programas de formación e apoio ao emprego que se desenvolven neste espazo. Durante a visita, os socialistas reivindicaron a importancia do investimento público en formación, o impulso …
O PSdeG inicia a campaña en Ferrol reivindicando o emprego industrial, as pensións e os investimentos do Goberno de España na comarca
No acto tamén participaron os socialistas Ángel Mato, Obdulia Taboadela e Bernardo Fernández Piñeiro, quen advirte do risco de retrocesos en dereitos e liberdades O PSdeG-PSOE deu inicio á campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro cun acto de presentación do cartel electoral en Ferrol, no que os socialistas reivindicaron os investimentos impulsados polo …
O PSdeG inicia a campaña en Santiago coa defensa dos dereitos sociais, da vivenda e dos servizos públicos como prioridades
O PSdeG-PSOE deu inicio á campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro cun acto de presentación do cartel electoral en Santiago de Compostela, no que os socialistas situaron entre as súas prioridades a defensa dos dereitos sociais, o acceso á vivenda, a mellora das condicións laborais e o fortalecemento dos servizos públicos. O …
O PSOE da provincia da Coruña felicita ás forzas de seguridade e á Xustiza pola operación contra o narcotráfico en Narón e reclama «man dura» contra o branqueo de capitais
O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña expresa a súa felicitación e recoñecemento á Garda Civil, ao Servizo de Vixilancia Aduaneira, á Xustiza e ao conxunto das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado pola importante operación desenvolvida contra o narcotráfico en Narón e outros puntos da provincia, que se saldou coa detención de oito persoas, …
Obdulia Taboadela encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE na provincia da Coruña ás eleccións xerais do 29N
O Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña aprobou hoxe as candidaturas ao Congreso dos Deputados e ao Senado coas que os socialistas da provincia concorrerán ás eleccións xerais do próximo 29 de novembro. A actual subdelegada do Goberno na provincia da Coruña, Obdulia Taboadela Álvarez, encabezará a candidatura ao Congreso dos Deputados. Acompañarana Julián Reina …
Julián Bustelo encabezará a candidatura do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Rianxo nas eleccións municipais de 2027
O PSdeG-PSOE da provincia da Coruña e Rianxo en Común alcanzaron un acordo político de cara a articular unha candidatura unitaria de cara ás vindeiras elección municipais. Bustelo encabezará a candidatura baixo as siglas do PSdeG-PSOE, que integrará a persoas que na actualidade forman parte tanto de Rianxo en Común como do PSOE. O acordo …
O PSdeG provincial esixe á Xunta que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra
O PSdeG Provincial da Coruña esíxelle á Xunta de Galicia que poña fin a “5 anos de abandono” do transporte por autobús en Ferrolterra, en palabras do secretario xeral provincial Bernardo Fernández Piñeiro. O tamén alcalde de Pontedeume participou na última concentración de Transporte Digno para a comarca de Ferrol xunto ao deputado Aitor Bouza …
O PSdeG esixe á Xunta unha solución xusta para os propietarios das Fragas do Eume
O PSdeG-PSOE Provincial da Coruña participou hoxe na manifestación convocada pola parroquia de Ombre, en Pontedeume, para amosar o seu apoio aos propietarios e propietarias de terreos situados nas Fragas do Eume e reclamar unha solución xusta ante as limitacións que soportan nas súas parcelas. Na mobilización estiveron presentes o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE …
O PSdeG de Pontedeume insta á Xunta a actuar ante o aumento da presenza de xabarís en zonas urbanas e parroquias
O PSdeG-PSOE de Pontedeume insta á Xunta de Galicia a que actúe para conter o aumento da presenza de xabarís tanto nas zonas urbanas como nas parroquias do municipio. Dende o Grupo Municipal Socialista teñen xa rexistrado unha moción co obxectivo de que o pleno traslade ao goberno galego, e en particular á Consellería de …
O PSdeG reclama a implicación da Xunta ante o ERE en Nestlé en Pontecesures
O secretario xeral provincial do PSdeG na Coruña, Bernardo Fernández Piñeiro, e o deputado no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, participaron este mediodía na manifestación celebrada en Pontecesures contra o ERE en Nestlé. Na mobilización tamén estiveron presentes o alcalde de Padrón, Anxo Arca, o alcalde de Dodro, Xavier Castro, e o tenente de alcaldesa …
O PSdeG reclamará no Parlamento apoio urxente ao marisqueo e ás artes menores de Pontedeume
O Grupo Parlamentario Socialista de Galicia presentará no Parlamento galego unha batería de iniciativas relacionadas coa situación do sector do marisqueo e das artes menores na ría de Pontedeume, tras semanas de paralización da actividade por recomendacións emitidas pola Xunta de Galicia. As iniciativas reclaman a constitución inmediata dunha mesa de negociación específica cos sectores …
O PSdeG denuncia as “deficiencias” no transporte metropolitano por estrada e pide medidas correctoras
O PSdeG-PSOE provincial da Coruña advirte da persistencia de incidencias no servizo de transporte público metropolitano por estrada na comarca e reclama a adopción de medidas que melloren o seu funcionamento. O secretario xeral provincial, Bernardo Fernández Piñeiro, explica que “seguen a rexistrarse situacións como atrasos, autobuses que non chegan ou que non realizan o …