Tag: A Laracha
O PSdeG da Laracha denuncia unha “mentira histórica” do alcalde sobre o macroproxecto de planta de biogás
A voceira do Grupo Municipal Socialista na Laracha, Inés Ramos, calificou de “mentira histórica e deliberada” as afirmacións do alcalde José Manuel López Varela sobre que descoñecía inicialmente o proxecto de planta de biogás no municipio. Ramos afirma que “o PSOE xa preguntara no Pleno en 2022 polo proxecto tras un anuncio de Feijóo, e …
O PSdeG da Laracha denuncia o “abandono” de Currelos de Arriba, con “lixo acumulado e falta de mantemento e seguridade”
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “estado de abandono” no que se atopa o núcleo rural de Currelos de Arriba, na parroquia de Soandres. A voceira da agrupación socialista, Ines Ramos, realizou esta semana unha visita ao lugar para comprobar sobre o terreo as deficiencias, como “lixo acumulado, infraestruturas perigosas e falta de mantemento”, e …
O PSdeG da Laracha denuncia o abandono do parque canino por parte do goberno municipal
O Grupo Municipal Socialista da Laracha denunciou hoxe de xeito simbólico a “privatización forzosa” do mantemento da área canina municipal. A voceira socialista Inés Ramos criticou que teñan que ser os propios usuarios e usuarias quen teña que poñer do seu peto cordas, parches e bridas plásticas para asegurar o valado perimetral e evitar que …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “bloqueo institucional” e o “apagón informativo” do alcalde ante as solicitudes da oposición
O Grupo Municipal do PSdeG-PSOE da Laracha denunciou publicamente a estratexia de “silencio e ocultación” que vén exercendo de forma sistemática o alcalde do municipio, José Manuel López Varela. A voceira socialista, Inés Ramos, acusou ao rexedor de bloquear por completo o labor de control e fiscalización da oposición ao deixar sen responder de forma …
O PSdeG-PSOE esixe á Xunta solucións urxentes para o PAC da Laracha
O Grupo Municipal Socialista da Laracha, encabezado pola súa voceira Inés Ramos López, presentou ante o pleno do concello celebrado onte unha moción para esixir á Xunta de Galicia e ao Sergas melloras inmediatas no PAC da Laracha. Para a portavoz socialista, este servizo de urxencias “arrastra graves carencias materiais e laborais que poñen en …
Inés Ramos e Patricia Iglesias presentan as alegacións do PSdeG ao proxecto de planta de biogás na Laracha
O PSdeG-PSOE presenta diversas alegacións ao proxecto de planta de biogás en Soandres, A Laracha, coa fin de evitar que se instale nesta parroquia unha planta que, advirte, tería numerosas repercusións negativas para a vida da veciñanza. A voceira do PSdeG da Laracha, Inés Ramos López, presentou ditas alegacións xunto á deputada autonómica Patricia Iglesias …
O PSOE de Coristanco presenta no Pleno unha moción para frear a planta de biogás de Soandres “polo grave risco que supón para o río Anllóns”
O Grupo Municipal Socialista de Coristanco, a través do seu voceiro Jose Manuel Pérez Abelenda, vén de rexistrar unha moción para o seu debate no próximo pleno na que solicita o rexeitamento institucional do proxecto dunha planta de biogás en Vista Alegre, na parroquia larachesa de Soandres, polo “grave risco que supón para o río …
Aitor Bouza denuncia que o proxecto de planta de biogás na Laracha “é un atentado contra o medio ambiente”
O PSdeG participou na manifestación da plataforma “Biogás na Laracha? Non”, onde amosou o seu apoio ás reivindicacións en contra do proxecto de planta de biogás. Na protesta participaron diferentes representantes socialistas dos municipios afectados, entre eles o alcalde de Culleredo e vicesecretario xeral da Executiva Provincial, Jose Ramón Riobooo; o coordinador comarcal, Jose Manuel …
O PSdeG denuncia os “recortes encubertos” da reforma da atención primaria por parte da Xunta
O PSdeG-PSOE reuniuse con persoal sanitario do PAC da Laracha e o PAC de Ponteceso co obxectivo de coñecer a súa situación e as súas demandas, especialmente con respecto á nova reforma da Atención Primaria impulsada pola Xunta de Galicia. Nesta xuntanza participou Patricia Iglesias, deputada socialista no Parlamento de Galicia, así como portavoces socialistas …
O PSOE da Laracha reclámalle ao alcalde que leve “o non á planta de biogás que demanda a veciñanza” ante a conselleira
O PSdeG-PSOE da Laracha reclámalle ao alcalde do municipio que transmita o rexeitamento ao proxecto de instalación dunha planta de biogás en Vista Alegre, Soandres, á Xunta de Galicia. “Ante o crecente rexeitamento veciñal á planta proxectada, dende o PSOE da Laracha esixímoslle ao alcalde a creación inmediata dunha comisión de traballo conxunta”, sinala a …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “pasividade” do alcalde ante a antena do CEIP Ramón Otero Pedraio e esixe a súa reubicación inmediata
A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos López, rexistrou un escrito dirixido á Alcaldía no que reclama a paralización das obras e o esgotamento das vías legais que impidan a instalación dunha antena de telefonía no núcleo da Botica, nas inmediacións do CEIP Ramón Otero Pedraio. Ramos cuestiona a actuación do Goberno …
O PSdeG-PSOE da Laracha esixe medidas urxentes ante a “situación estrutural” de incendios en Caión
O Grupo Municipal Socialista da Laracha presentou unha moción para o seu debate no Pleno ante a “profunda preocupación” que vive a veciñanza de Caión polos últimos incendios forestais rexistrados na parroquia. A voceira socialista, Inés Ramos López, urxe á Xunta de Galicia e ao Goberno local a pasar dunha “reacción tardía” a unha política …
Inés Ramos urxe ao Concello da Laracha a “actuar na promoción de vivenda pública”
O Grupo Municipal Socialista da Laracha, encabezado pola súa voceira Inés Ramos, rexistra para o vindeiro pleno unha batería de iniciativas que abranguen “dende o compromiso coa paz internacional ata a calidade de vida, a saúde e a protección do territorio no municipio”. Inés Ramos abrirá a súa intervención cunha “defensa firme da paz”, instando …
O PSOE da Laracha acusa ao goberno local de “non saber onde investir os cartos públicos”
O Grupo Socialista da Laracha realizou unha valoración crítica do pleno municipal celebrado o mércores, no que se aprobaron os orzamentos de 2026 e varias modificacións fiscais. A súa voceira, Inés Ramos, cuestionou o modelo de xestión económica do goberno municipal e a falta de planificación nas principais decisións adoptadas. Por unha banda, dende o …
O PSOE da Laracha denuncia que o concello “agocha a información sobre o amianto” que podería haber nas tuberías do municipio
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “opacidade” do Concello respecto da posible presenza de amianto nas tiberías de fibrocemento das redes de abastecemento e saneamento da localidade, algo que provocou “un tirón de orellas da valedora do pobo”. A voceira socialista local Inés Ramos López realiza unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno …