Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Orzamentos

O PSdeG-PSOE denuncia que a Xunta só destina 10.000 euros á conservación das naves de Portos de Galicia en Cariño

O PSdeG-PSOE denuncia a falta de compromiso da Xunta de Galicia coa conservación das naves de Portos de Galicia en Cariño, para as que os orzamentos anunciados para o 2027 contemplan únicamente unha partida de 10.000 euros. Os socialistas consideran esta cantidade “absolutamente insuficiente” ante o avanzado estado de deterioración das instalacións, especialmente da nave …

Os socialistas denuncian que os orzamentos da Xunta volven deixar Bergantiños á marxe das prioridades do Goberno galego

Os socialistas denuncian que os orzamentos para 2027 anunciados pola Xunta de Galicia volven deixar Bergantiños á marxe dos investimentos estratéxicos do Goberno galego. O PSdeG-PSOE considera que as contas autonómicas recollen actuacións puntuais, pero carecen dunha planificación que permita impulsar o desenvolvemento económico, crear emprego de calidade, reforzar os servizos públicos e garantir oportunidades …

Silvia Longueira cualifica os orzamentos da Xunta para 2027 de “escasos” e denuncia a falta de atención á comarca da Coruña

A deputada socialista no Parlamento galego Silvia Longueira cualificou de “escasos e mal plantexados” os orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 e criticou a falta de atención á comarca da Coruña nas contas previstas para o próximo ano. Longueira sinalou que, “máis alá dalgúns investimentos plurianuais que xa estaban confirmados e concertados”, a comarca …

Os socialistas consideran insuficientes os orzamentos de 2027 anunciados pola Xunta para a comarca de Compostela

“Non podemos cualificar estes orzamentos doutra forma que non sexa absolutamente decepcionante, para a expectativa que xerou a Xunta de Galicia con bombo e platillo para solucionar os problemas reais da xente da comarca de Compostela”. Desta forma sentenciou o parlamentario Aitor Bouza os orzamentos anunciados pola Xunta para a comarca compostelá, que considera insuficientes ao “deixar de …

Aitor Bouza lamenta que os orzamentos de 2027 anunciados para Ferrolterra e Ortegal “nada van cambiar a vida da xente”

O deputado socialista no Parlamento galego Aitor Bouza lamentou que os novos orzamentos que anunciou a Xunta de Galicia “por desgracia, nada van cambiar a vida da xente aquí en Galicia”. Bouza asegurou que “as preocupacións importantes nas comarcas de Ferrolterra e Ortegal, como son a sanidade e a educación públicas de calidade, e as …

Os socialistas consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta para a comarca do Barbanza

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey lamentou que os orzamentos da Xunta para 2027 son “absolutamente decepcionantes e raquíticos” para a comarca do Barbanza. A parlamentaria denunciou que “non hai un pulo económico-industrial, nin previsión de aumento do chan industrial en A Pobra, nin implicación da Xunta no polígono industrial de Ribeira”. …

Patricia Iglesias cualifica de “decepcionantes” os orzamentos de 2027 para Bergantiños e a Costa da Morte

A deputada socialista no Parlamento galego Patricia Iglesias Rey cualificou de “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 nas comarcas de Bergantiños e da Costa da Morte, que considera “as grandes esquecidas polo Goberno de Rueda”. A parlamentaria critica que os orzamentos non respondan ás necesidades do territorio e que volvan recoller compromisos …

O PSdeG advirte de que “o PP pode facer que Ribeira pague unha factura millonaria pola gasolineira de Xarás”

O PSdeG de Ribeira levará ao pleno municipal do vindeiro luns 30 de marzo dúas preguntas sobre dous asuntos que, sinalan, “poden ter consecuencias moi graves para o municipio”. A primeira refírese ao caso da gasolineira low cost de Xarás e ao posible custo económico que pode acabar recaendo sobre as arcas municipais. A segunda …

José Manuel Pérez Abelenda, voceiro do PSOE de Coristanco: “Os orzamentos non responden ás necesidades reais do municipio”

O PSdeG-PSOE de Coristanco realizou unha valoración negativa dos orzamentos municipais aprobados onte no pleno, considerando que  “non responden ás necesidades reais do municipio nin establecen unha planificación sólida para o futuro”. Así foi como o expresou o voceiro socialista local José Manuel Pérez Abelenda, en relación á abstención do Grupo Municipal Socialista na votación …

O PSdeG de Coristanco esixe que o alcalde explique as discrepancias nas cifras do orzamento municipal de 2026

O PsdeG-PSOE de Coristanco denuncia discrepancias nas cifras do orzamento municipal de 2026. “Queremos manifestar publicamente a nosa profunda preocupación ante a falta de rigor demostrada polo alcalde en relación co orzamento”, sinala o voceiro socialista José Manuel Pérez Abelenda. Na Comisión Informativa e posteriormente ante os medios de comunicación, o alcalde afirmou que o …

O PSdeG da Laracha critica que o concello siga sen orzamentos a pesar da maioría absoluta do PP

A portavoz socialista na Laracha, Inés Ramos, critica que o Goberno municipal do PP aínda non teña aprobados os orzamentos deste ano. Para Ramos, esta situación demostra “incapacidade de xestión, descoñecemento da realidade e un desprezo absoluto pola veciñanza da Laracha”. Segundo explicou, o PP goberna con maioría absoluta, polo que non ten que negociar …

O PSOE vota en contra dos orzamentos de Lousame ante a falta de investimentos propios, que supoñen só “un 4% do orzamento”

O PSdeG de Lousame vota en contra dos orzamentos para o ano 2026 no municipio ante a falta de investimentos propios: “O noso municipio precisa dunhas contas que aposten polo territorio e o dinamicen, que permitan avances e que non os fagan depender do que se decide noutras instancias”.  O voceiro socialista local, Juan José Prego Ces, destacou en primeiro lugar que “a contía dos orzamentos, que se presentan como os máis altos da historia do municipio, non é froito da boa xestión do goberno municipal, senón do …

O PSdeG denuncia que a Xunta “esquece a Cariño” nos seus Orzamentos para 2026

O PSdeG-PSOE denuncia que o goberno da Xunta de Galicia “esquece a Cariño” nos seus orzamentos para o vindeiro ano 2026, nos que “non se contempla ningún investimento ou a posta en marcha de novos servizos no municipio”. O voceiro socialista en Cariño, Jonathan Miranda, lembra que o Grupo Parlamentario Socialista realizou no Parlamento galego …

O PSOE de Oza-Cesuras denuncia o retraso nos orzamentos de 2025: “Deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”

O PSdeG-PSOE de Oza-Cesuras denuncia os retrasos na aprobación dos orzamentos municipais, calificando ao alcalde Pablo González Cacheiro, do Partido Popular, de “pésimo xestor”.  “Un ano máis, o alcalde de Oza-Cesuras espera a final de ano para aprobar os orzamentos do exercicio, cando deberíamos estar aprobando as contas do ano seguinte”, lamentan dende a formación.  O grupo socialista local sinala que “un ano máis o alcalde culpa deste atraso ás …

O PSdeG reclama na Estación de Autobuses de Ferrol unha “rehabilitación integral” tras anos de incumprimentos da Xunta

O deputado socialista no Parlamento de Galicia, Aitor Bouza, acompañado por representantes socialistas da comarca, reclamou hoxe na estación de autobuses de Ferrol unha “rehabilitación integral” da infraestrutura, nun encontro cos medios no que criticou a falta de actuacións reais por parte da Xunta e a inacción do Goberno municipal. Bouza subliñou que as incidencias …