Category: Mañón
O PSdeG de Mañón leva á Valedora do Pobo a falta de socorristas do municipio
O PSdeG-PSOE de Mañón denuncia ante a Valedora do Pobo a ausencia de socorristas nos areais do municipio, unha situación que se repite ano tras ano e que é única en toda Ferrolterra. Martín Rego, voceiro do PSdeG local, lamenta que só haxa socorristas na piscina municipal do Barqueiro, e subliña que non hai ningún …
O PSdeG de Mañón denuncia un ano máis a ausencia de socorristas no municipio
O voceiro socialista local Martín Rego sinala que esta carencia, ademais dos malos accesos e as pasarelas en mal estado, fai que ningún dos areais mañoneses teña bandeira azul O PSdeG-PSOE de Mañón denuncia a falla de socorristas nas praias do municipio. Dende o grupo municipal socialista lamentan que esta situación se repite ano tras ano. “En Mañón directamente non hai socorristas, os poucos que hai están na piscina municipal da localidade do Barqueiro”, explica o portavoz socialista local Martín Rego. O edil socialista critica o que …
O PSOE de Mañón denuncia que o PP deixa deteriorarse o Semáforo de Bares tras fracasar cunha reforma “ridícula” de 50.000 euros
O PSOE de Mañón levará ao vindeiro pleno municipal unha moción para reclamar ao Goberno local do PP que licite as obras de reforma do Semáforo de Bares “cun proxecto realista e cunha dotación económica suficiente”, despois de que quedase deserta a licitación impulsada polo Concello por un importe de só 50.000 euros. O portavoz …
O pleno de Mañón aproba a moción do PSOE para nomear a Lino Novás Calvo fillo predilecto do municipio
O pleno do Concello de Mañón aprobou o pasado xoves, por unanimidade de todos os grupos, a moción presentada polo PSOE para recoñecer e honrar a figura do escritor e xornalista Lino Novás Calvo, unha das personalidades máis destacadas vinculadas ao municipio. Con este acordo, Mañón dá un paso decisivo para saldar unha débeda histórica …
O PSOE de Mañón rexeita a especulación urbanística na antiga base americana de Estaca de Bares e defende a súa recuperación para usos públicos patrimoniais
O PSOE de Mañón alerta sobre o risco de especulación urbanística na antiga base militar estadounidense de Estaca de Bares, un espazo de titularidade municipal, de enorme valor histórico, patrimonial e natural, que debe ser recuperado para usos públicos e non convertido nun proxecto privado de carácter lucrativo. Os socialistas lembran que o pasado 28 …
O Pleno de Mañón aproba a moción do PSOE para que a base militar de Estaca de Bares pase a mans da Deputación
O pleno de Mañón aprobou unha moción do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE para solicitar ao Concello a cesión á Deputación da Coruña dos terreos e restos da antiga base militar estadounidense de Estaca de Bares, co obxectivo de incluír este enclave no Plan de Recuperación e Posta en Valor das Baterías de Costa de Ferrolterra …