Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Category: Municipios

O PSdeG chama en Cambre á mobilización masiva e ao voto útil para defender os avances sociais e evitar un retroceso de corenta anos

O candidato do PSdeG-PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña, Julián Reina, agradeceu hoxe en Cambre a acollida da veciñanza durante a visita á feira, na que os socialistas aproveitaron para trasladar as súas propostas de cara ás eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro e animar á participación. No percorrido participaron tamén Marymer Prieto, …

O PSdeG defende en Corcubión as pensións públicas e reclama máis servizos e oportunidades para a Costa da Morte

O PSdeG celebrou hoxe un encontro coa veciñanza na Capela do Pilar de Corcubión, no que participaron Obdulia Taboadela, cabeza de lista do PSOE ao Congreso pola provincia da Coruña; Bernardo Fernández, alcalde de Pontedeume, e Jorge Domínguez, candidato socialista e coordinador comarcal de Costa Atlántica.  Obdulia Taboadela puxo o foco na importancia das pensións …

O PSdeG chama en Laracha a votar PSOE para garantir unhas pensións públicas dignas e frear a súa privatización

O PSdeG reivindicou hoxe en Laracha a defensa das pensións públicas como un dos piares fundamentais do Estado do benestar e chamou á cidadanía a apoiar o PSOE nas eleccións xerais do vindeiro 29 de novembro para garantir a súa continuidade e sustentabilidade. No acto participaron tamén Gumersindo Guinarte, candidato ao Senado; Inés Ramos, voceira do …

O PSdeG reivindica en Ferrol o voto socialista para consolidar os dereitos e evitar retrocesos

O PSdeG realizou hoxe en Ferrol un reparto de folletos informativos da formación, nunha xornada de contacto directo coa veciñanza na que participou Julián Reina, candidato socialista ao Congreso pola provincia da Coruña. Reina agradeceu a boa acollida da iniciativa e destacou a importancia de manter o contacto directo coa cidadanía para trasladar as propostas …

O PSdeG reivindica en Boiro a formación e o emprego de calidade como claves para ofrecer novas oportunidades á mocidade

O PSdeG-PSOE realizou este venres unha visita ao Viveiro de Empresas e ao coworking LabBarbanza, situados no parque empresarial Espiñeira, en Boiro, para coñecer as instalacións e os programas de formación e apoio ao emprego que se desenvolven neste espazo. Durante a visita, os socialistas reivindicaron a importancia do investimento público en formación, o impulso …

O PSdeG inicia a campaña en Ferrol reivindicando o emprego industrial, as pensións e os investimentos do Goberno de España na comarca

No acto tamén participaron os socialistas Ángel Mato, Obdulia Taboadela e Bernardo Fernández Piñeiro, quen advirte do risco de retrocesos en dereitos e liberdades O PSdeG-PSOE deu inicio á campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro cun acto de presentación do cartel electoral en Ferrol, no que os socialistas reivindicaron os investimentos impulsados polo …

O PSdeG inicia a campaña na Coruña coa vivenda, as pensións e a defensa dos servizos públicos entre as súas prioridades

O PSdeG-PSOE deu inicio á campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro cun acto de presentación do cartel electoral na Coruña, no que os socialistas situaron entre as súas prioridades a defensa dos servizos públicos, o acceso á vivenda, a protección das pensións e a mellora das condicións laborais.  O acto, celebrado na sede …

O PSdeG inicia a campaña en Santiago coa defensa dos dereitos sociais, da vivenda e dos servizos públicos como prioridades

O PSdeG-PSOE deu inicio á campaña das eleccións xerais do próximo 29 de novembro cun acto de presentación do cartel electoral en Santiago de Compostela, no que os socialistas situaron entre as súas prioridades a defensa dos dereitos sociais, o acceso á vivenda, a mellora das condicións laborais e o fortalecemento dos servizos públicos.  O …

O PSdeG-PSOE súmase á folga do 11N e reclama respecto ás organizacións convocantes e aos sindicatos

Julián Reina, Bernardo Fernández, Montserrat García Chavarría e Ángel Mato participaron en Ferrol na convocatoria para explicar o apoio dos socialistas á xornada de folga O PSdeG sumouse á xornada de folga deste 11 de novembro para defender o avance nos dereitos sociais e denunciar as dificultades que atravesan moitas familias para chegar a fin de …

O PSdeG levará ao Parlamento a ampliación do comedor do CEIP Maciñeira de Neda

Os socialistas recollen a reivindicación da ANPA do centro e esixen á Xunta o informe técnico e unha partida específica para adaptar a antiga casa do conserxe e o almacén anexo como novo comedor escolar O PSdeG-PSOE levará ao Parlamento de Galicia a ampliación do comedor escolar do CEIP Maciñeira de Neda, unha das reivindicacións …

O PSdeG reclama á Xunta un paso cuberto no CPI Cernadas de Castro de Lousame e o alumnado deixe de mollarse

Os socialistas denuncian que Lousame non recibe ningún investimento nos orzamentos autonómicos para 2027 e lembran que a súa moción leva desde xaneiro sen debaterse no pleno O PSdeG-PSOE presentará unha emenda aos orzamentos da Xunta de Galicia para 2027 para que se inclúa, como investimento prioritario, a construción dun paso cuberto no CPI Plurilingüe …

O PSdeG reúnese coa directiva do COAG para abordar a situación actual da vivenda

Sindo Guinarte, Abel Losada e Aitor Bouza participaron no encontro, no que se abordou a situación actual do sector e os desafíos en materia de acceso á vivenda O PSdeG-PSOE mantivo unha reunión coa directiva do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), na súa sede de Santiago de Compostela, nun encontro que permitiu afondar …

O PSdeG defende en Oleiros o sistema público de pensións e alerta das propostas do PP e Vox para modificar o modelo actual

A cabeza de lista ao Congreso pola Coruña, Obdulia Taboadela, e os socialistas Sindo Guinarte, Jesús Fernández e Aitor Bouza, visitaron onte a Feira do Mel e reivindicaron as políticas sociais, a revalorización das pensións e o apoio aos pequenos produtores afectados pola avespa asiática O PSdeG-PSOE reivindicou este domingo en Oleiros a importancia de …

O PSdeG rende homenaxe en Ferrol ás vítimas da ditadura e reivindica a importancia de preservar a memoria democrática

Os socialistas participaron hoxe no acto organizado pola Asociación Cultural de Memoria Histórica Democrática en Canido e colaboraron cun ramo de rosas en lembranza de Xaime Quintanilla e María Vázquez Suárez O PSdeG-PSOE participou este sábado no memorial ás vítimas da ditadura celebrado na praza Antón Varela, no barrio ferrolán de Canido, con motivo do …

O PSOE de Ribeira celebra os avances no polígono de Pedras Vermellas-A Fontenla, pero denuncia que o PP presuma dun proxecto que antes rexeitou financiar

O PSOE de Ribeira valora positivamente a adxudicación por parte da Xunta de Galicia da actualización do proxecto do novo polígono industrial de Pedras Vermellas-A Fontenla, así como a previsión de licitar as obras antes de que remate o ano. Con todo, os socialistas denuncian as contradicións do Partido Popular, que votou en contra dunha …