Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” uns orzamentos da Xunta que “esquecen a comarca”

Os socialistas de Bergantiños consideran “decepcionantes” os orzamentos da Xunta de Galicia para o ano 2025.

“De novo uns orzamentos que esquecen a comarca de Bergantiños e non apostan por ela”, sostén Patricia Iglesias, deputada responsable de comarca de Bergantiños no Parlamento de Galicia.

“Vemos máis débeda e menos financiamento dos servizos de benestar, ausencia de políticas de vivenda e ausencia de investimento nas infraestruturas de Bergantiños”, afirma Iglesias.

“As contas autonómicas tampouco recollen melloras no Hospital de Cee nin partidas para rematar a AG-55 ou eliminas as súas peaxes”, remata.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes