Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Persoal

Os socialistas supeditan o seu apoio ao Plan de Igualdade a que se negocie cos traballadores e a que «se deseñe un plan que de verdade atalle os problemas reais de desigualdade que padece o persoal do Concello de Pontevedra»

Pontevedra, mércores 17 de xuño de 2026.- Ante a inédita e sorprendente falta de consenso político e sindical coa que o BNG tramitou o que está chamado a ser o I Plan de Igualdade do Persoal do Concello de Pontevedra, os concelleiros do Grupo Municipal do PSOE víronse esta mañá na obriga de emitir un voto de abstención á proposta de aprobación que o Goberno …

Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»

Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …

O PSOE urxe ao Goberno Local a convocar antes do 10 de decembro o Pleno extraordinario que ratificará a integración da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra dentro do Sergas

Pontevedra, 1 de decembro de 2025.- Despois de case 20 anos reivindicando que a Xunta de Galicia asuma a xestión da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra, por fin, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Goberno autonómico veñen de asinar un acordo para fixar os criterios de integración destas unidades …

Os socialistas elevan a presión contra a «deixazón de funcións» da Xunta coa Unidade de Atención á Drogodependencia e impulsan unha moción para que asuma «con urxencia» toda a súa xestión e financiamento

Pontevedra, xoves 13 de marzo de 2025.- Os socialistas non están dispostos a aturar por máis tempo a «deixazón de funcións» da Xunta de Galicia coa Unidade de Atención á Drogodependencia (UAD) de Pontevedra, obviando por completo as competencias que lle corresponden en materia de Sanidade e poñendo en serio risco a cobertura deste indispensable servizo. Ante esta …

O PSdeG de Pontevedra considera «unha vergoña» que a sede da Policía Local estea «desde hai máis dunha semana sen calefacción nin auga quente» e esixe unha solución urxente

Pontevedra, 15 de marzo de 2024.- As dependencias da Policía Local na rúa Alexandre Bóveda levan desde o pasado 6 de marzo sen algo tan básico nestas datas invernais como calefacción e auga quente, unha circunstancia que, tal e como se lle informou ao persoal municipal, se debe ao esgotamento do gasóleo nos depósitos do Pazo da Cultura. O Grupo Municipal do PSdeG de Pontevedra considera …