Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Obras

O PSOE esíxelles a Xunta e Concello que «escoiten dunha vez o SOS da comunidade educativa do CEIP A Xunqueira 1» e adopten «medidas urxentes» para resolver «os graves e recorrentes asolagamentos e desperfectos estruturais» que padece este centro educativo

Pontevedra, venres 30 de xaneiro de 2026.- Os socialistas de Pontevedra consideran «absolutamente vergoñenta e insostible a grave situación de deterioración que padecen as instalacións do CEIP A Xunqueira 1», afectadas por recorrentes asolagamentos que inutilizaron espazos esenciais como o comedor escolar e o salón de actos e, máis recentemente, polo derrubamento dun falso teito nunha zona reformada …

Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»

Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …

Os socialistas levarán a Pleno a ofensiva para esixirlle á Deputación que cumpra «a súa promesa de executar os tres itinerarios pendentes para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas»: «Non poden ignorar por completo os treitos Pontevedra-Portas e Arcade-Chapela; os traballos poden e deben avanzar en paralelo»

Pontevedra, mércores 3 de decembro.- Como impulsor do proxecto para a creación da gran Vía Verde das Rías Baixas, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, non está disposto a permitir que, ao tempo que saca peito do desbloqueo do treito entre Pontevedra e Arcade (14 km.), a Deputación desprece e ignore por completo a tramitación, financiamento e execución do itinerario que debe discorrer entre Portas …

Iván Puentes urxe a Xunta e Concello a que «poñan as pilas» e «aceleren» os traballos para acabar cos alagamentos de Fernando Olmedo: «Xa pasaron case tres anos desde que os socialistas puxemos enriba da mesa a solución de crear balsas de inundación natural en Valdecorvos»

Pontevedra, mércores 3 de decembro de 2025.- A magnitude dos recentes asolagamentos que as fortes choivas volveron producir na rúa Padre Fernando Olmedo incrementaron a preocupación do portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, polas constantes dilacións á hora de tramitar o proxecto que os socialistas impulsaron desde o Concello e que permitiría poñer fin a décadas de alagamentos: a creación …

Os socialistas acusan ao PP de «xerar ruído» arredor dos alagamentos que padece o CEIP A Xunqueira 1 e esíxenlle á Xunta «que execute con urxencia un plan de prevención de inundacións e unha reforma integral deste centro educativo»

Pontevedra, martes 25 de novembro de 2025.- O PSOE de Pontevedra considera «absolutamente deplorable» que o PP de Rafa Domínguez tentase «sacar tallada» do grave problema de inundacións que padece o CEIP A Xunqueira 1, «xerando ruído para tapar deixazón de funcións da Xunta, espallando bulos e confusión sobre as responsabilidades de cada administración e mesmo querendo empaquetarlle ao Concello unha …

O PSOE aféalle á Deputación que «ignore por completo» o financiamento do treito da Vía Verde das Rías Baixas entre Portas e Pontevedra e reclámalle a súa execución inmediata

Pontevedra, mércores 19 de novembro de 2025.- O desbloqueo do itinerario da Vía Verde entre Arcade e Pontevedra, tralas conversas mantidas onte en Madrid entre responsables da Administración de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) e a Deputación Provincial, foi recibido como unha noticia agridoce polo portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, artífice do impulso que este demandado proxecto …

O socialista Iván Puentes critica que o PP propoña «deixar nun caixón» os cartos que se aforren ao paralizar o trazado da A-57 por Bora e Xeve e aposta por investilos en executar os treitos pendentes entre Vilaboa e O Confurco: «Conectaríamos esta infraestrutura coa autovía das Rías Baixas mediante unha estrada de alta capacidade libre de peaxe»

Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- O socialista Iván Puentes considera que o texto da proposta que o PP pretendía levar a Pleno para solicitarlle formalmente ao Goberno de España o arquivo do proxecto da «mal chamada circunvalación de Pontevedra», a autovía A-57, peca tanto de «amnesia selectiva» como de «peticións sorprendentes, estreitez de miras e ausencia de ambición e …

O PSOE desbloquea as obras que permitirán conectar as vivendas de Pontemuíños á rede de saneamento e acabar cos recorrentes asolagamentos de fecais que se producen no barrio

Pontevedra, martes 4 de novembro de 2025.- No marco do acordo alcanzado entre o Partido Socialista e o Goberno Local para a aprobación do orzamento de Pontevedra para 2025, os socialistas lograron introducir o compromiso de finalizar, con cargo á partida da empresa concesionaria Viaqua, o ‘enganche’ das vivendas do poboado de Pontemuíños á rede de sumidoiros, en especial daqueles edificios situados na parte …

Iván Puentes celebra a sinatura do convenio para a renovación da herba artificial dos campos do Manolo Barreiro: «Os votos do PSOE fan posible que os compromisos adquiridos, neste caso cos clubs deportivos de Pontevedra, se poidan facer realidade»

Pontevedra, martes 15 de xullo de 2025.- «Quero expresar a satisfacción do Grupo Socialista polo feito de que se vaian cumprindo os acordos e esixencias que plantexamos para a aprobación do Orzamento de 2025 e, en particular, da última modificación de crédito, a piques de estar xa dispoñible para ser investida en tódalas actuacións alí contempladas. O PSOE incluíra nesa modificación de …

O socialista Iván Puentes aviva o proxecto para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas: reclámalle á Deputación Provincial que estea «á altura do legado que recibiu» e asuma os treitos pendentes para a conexión peonil e ciclista de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo

Pontevedra, 2 de maio de 2025.- O socialista Iván Puentes segue a manter máis viva que nunca a súa ambición de conectar Vilagarcía, Pontevedra e Vigo a través dun itinerario peonil e ciclista continuo. Impulsor durante o anterior mandato, como concelleiro de Desenvolvemento Sostible, do plan para estender a Vía Verde do Salnés a través de Portas, Pontevedra e Arcade, …