Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Obras

O PSOE volve á carga para que se escoite a histórica demanda dos veciños de Cerponzóns de mellorar o estado e a seguridade vial no antigo treito da N-550 que descorre por Tilve

Pontevedra, 4 de febreiro de 2025.- Nun novo asalto para lograr que por fin se escoiten as históricas reivindicacións dos veciños e veciñas de Cerponzóns, o Grupo Municipal do PSOE trasladará ao vindeiro Pleno a demanda veciñal de que se mellore o estado e se garanta a seguridade peonil (en especial no acceso dos nenos e nenas ao …

Iván Puentes celebra o «paso en firme para acabar coas inundacións en Fernando Olmedo» trala licitación das balsas artificiais deseñadas polo socialista en Valdecorvos

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2025.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, recibiu con entusiasmo o anuncio do contrato que Augas de Galicia acaba de licitar, cunha partida de case 700.000 euros, co obxectivo de proxectar obras hidráulicas destinadas a evitar inundacións nas zonas de máis risco. Tal e como xa anticipara o organismo adscrito á Xunta, as balsas …

O PSOE reivindica a dotación dunha liña ferroviaria de Cercanías que favoreza a mobilidade entre Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e propón a súa futura extensión ata a localidade portuguesa de Valença do Minho

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2025.- O Grupo Municipal do PSOE defenderá no vindeiro Pleno ordinario unha moción na que reivindica a dotación, dentro do futuro servizo de Cercanías de Galicia, dunha liña ferroviaria que favoreza a mobilidade dentro da grande área metropolitana conformada por Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. A proposta, asinada e rexistrada polo portavoz socialista, Iván …

Iván Puentes denuncia a paralización de proxectos esenciais para humanizar e integrar o barrio do Burgo e esíxelle ao Goberno Local que «retome de inmediato» as obras da Santiña e a reforma integral da praza de Pasarón e do parque de Leonardo Enríquez

Pontevedra, 6 de novembro de 2024.- Os socialistas de Pontevedra urxen ao BNG que desatranque canto antes a paralización que sofren tres proxectos esenciais para o desenvolvemento do barrio do Burgo e a súa integración na trama urbana da cidade: a reforma da rúa da Santiña, a renovación integral do parque de Pasarón e a humanización dos espazos verdes da rúa Leonardo …