Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Infraestruturas

O PSOE de Pontevedra planta cara ao «negocio privado paralelo» que a Xunta quere implantar co estacionamento do novo Hospital Montecelo e esixe «un aparcadoiro con prazas totalmente públicas e gratuítas»

Pontevedra, 2 de abril de 2025.- O PSOE de Pontevedra non está disposto a permitir que o ‘popular’ Alfonso Rueda implante un «negocio privado paralelo» no Hospital Montecelo, ao converter en prazas de pagamento 900 das 1.200 prazas proxectadas na construción do novo aparcadoiro. Os socialistas volven esixirlle á Xunta a gratuidade de tódolos espazos de …

Os socialistas poñen o foco nunha das débedas do modelo Pontevedra coa mobilidade sostible e accesible: queren fomentar o uso da bicicleta coa implantación dun servizo público de préstamo de bicis con pedaleo asistido

Pontevedra, 12 de febreiro de 2025.- Os socialistas pretenden abordar no vindeiro Pleno da Corporación un debate que pon o foco nunha das grandes débedas que o modelo Pontevedra mantén a día de hoxe coa mobilidade sostible e accesible. Nunha moción asinada polo seu portavoz, Iván Puentes, o Grupo Municipal do PSOE propón unha serie de medidas para …

O PSOE volve á carga para que se escoite a histórica demanda dos veciños de Cerponzóns de mellorar o estado e a seguridade vial no antigo treito da N-550 que descorre por Tilve

Pontevedra, 4 de febreiro de 2025.- Nun novo asalto para lograr que por fin se escoiten as históricas reivindicacións dos veciños e veciñas de Cerponzóns, o Grupo Municipal do PSOE trasladará ao vindeiro Pleno a demanda veciñal de que se mellore o estado e se garanta a seguridade peonil (en especial no acceso dos nenos e nenas ao …

O PSOE reivindica a dotación dunha liña ferroviaria de Cercanías que favoreza a mobilidade entre Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e propón a súa futura extensión ata a localidade portuguesa de Valença do Minho

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2025.- O Grupo Municipal do PSOE defenderá no vindeiro Pleno ordinario unha moción na que reivindica a dotación, dentro do futuro servizo de Cercanías de Galicia, dunha liña ferroviaria que favoreza a mobilidade dentro da grande área metropolitana conformada por Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. A proposta, asinada e rexistrada polo portavoz socialista, Iván …

Iván Puentes cualifica 2024 como «o ano no que se executaron os proxectos do PSOE en Pontevedra» e agarda que este 2025 consolide «o modelo de cidade verde e sostible» impulsado polos socialistas

Pontevedra, 27 de decembro de 2024.- «Se lle tivese que poñer un titular a este 2024 en Pontevedra, sería que foi o ano no que se concretaron e executaron os proxectos e obras do PSOE, tanto a nivel local como no que atinxe ao Goberno de España». Desta forma resúmese o balance que o portavoz socialista, Iván Puentes, …

Besteiro e Blanco comprométense cos veciños de Bora, Xeve e Verducido a facer forza para que o Ministerio de Transportes modifique o actual trazado da A-57

Pontevedra, 19 de novembro de 2024.- No marco das accións que o Partido Socialista está a desenvolver en apoio ás reivindicacións dos afectados polo trazado da autovía A-57 en Bora, Xeve e Verducido, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, convidou esta fin de semana a representantes veciñais a participar nunha reunión co secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez …

Os socialistas de Pontevedra póñenlle máis deberes á Xunta ante uns orzamentos «raquíticos, monotemáticos e que estrangulan a xeración de emprego e o desenvolvemento industrial da nosa cidade»

Pontevedra, 12 de novembro de 2024.- Os socialistas de Pontevedra poranlle máis deberes á Xunta de Galicia ante uns orzamentos que consideran «raquíticos, monotemáticos e que estrangulan a xeración de emprego e o desenvolvemento económico e industrial do noso municipio». Entre outras cuestións, o PSdeG esíxelle ao Goberno do ‘popular’ Alfonso Rueda que contemple nas contas autonómicas para 2025 unha …

Os socialistas de Pontevedra repróchanlle a Rueda que os orzamentos da Xunta «volvan estrangular á cidade co seu manual de tacañería e recortes»

Pontevedra, 19 de outubro de 2024.- As contas anunciadas polo Goberno da Xunta para 2025 volveron caer como un xarro de auga fría para os intereses dos pontevedreses e pontevedreses. Os socialistas de Pontevedra lamentan que, «pese a seren un veciño ilustre desta vila», o presidente autonómico, o ‘popular’ Alfonso Rueda, «insista en mortificar e estrangular …

O socialista Iván Puentes esíxelle á Xunta que deixe de «dar bandazos» co Plan Funcional do Gran Montecelo e urxe o traslado prioritario da unidade de Hospitalización Psiquiátrica «tan pronto como se poña en marcha a nova fase do Hospital»

Pontevedra, 15 de outubro de 2024.- Instar á Xunta ao cumprimento integral do Plan Funcional do Gran Montecelo aprobado o 23 de xuño de 2017 e a trasladar ao novo complexo hospitalario, de xeito prioritario, a unidade de Hospitalización Psiquiátrica (agudos) tan pronto como se poña en marcha a nova fase do Hospital. Son as principais demandas recollidas nunha moción que o …

O socialista Iván Puentes lamenta o ‘realismo máxico’ no que vive instalado o alcalde e asegura que Pontevedra «non pode seguir vivindo de mudar pavimentos»: «Somos a única cidade galega cun Goberno Local que non ten ningún proxecto ambicioso de cara aos vindeiros 15 ou 20 anos»

Pontevedra, 13 de setembro de 2024.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, lamentou esta mañá, tras coñecer o balance que o propio Miguel Anxo Fernández Lores fixo sobre a súa xestión neste mandato, que tanto o alcalde como o BNG vivan instalados nunha especie de ‘realismo máxico’ e carezan de proxectos ambiciosos para a Pontevedra dos vindeiros 15 ou …