Categoría: Infraestruturas
Os socialistas levarán a Pleno a ofensiva para esixirlle á Deputación que cumpra «a súa promesa de executar os tres itinerarios pendentes para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas»: «Non poden ignorar por completo os treitos Pontevedra-Portas e Arcade-Chapela; os traballos poden e deben avanzar en paralelo»
Pontevedra, mércores 3 de decembro.- Como impulsor do proxecto para a creación da gran Vía Verde das Rías Baixas, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, non está disposto a permitir que, ao tempo que saca peito do desbloqueo do treito entre Pontevedra e Arcade (14 km.), a Deputación desprece e ignore por completo a tramitación, financiamento e execución do itinerario que debe discorrer entre Portas …
O PSOE aféalle á Deputación que «ignore por completo» o financiamento do treito da Vía Verde das Rías Baixas entre Portas e Pontevedra e reclámalle a súa execución inmediata
Pontevedra, mércores 19 de novembro de 2025.- O desbloqueo do itinerario da Vía Verde entre Arcade e Pontevedra, tralas conversas mantidas onte en Madrid entre responsables da Administración de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) e a Deputación Provincial, foi recibido como unha noticia agridoce polo portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, artífice do impulso que este demandado proxecto …
O socialista Iván Puentes critica que o PP propoña «deixar nun caixón» os cartos que se aforren ao paralizar o trazado da A-57 por Bora e Xeve e aposta por investilos en executar os treitos pendentes entre Vilaboa e O Confurco: «Conectaríamos esta infraestrutura coa autovía das Rías Baixas mediante unha estrada de alta capacidade libre de peaxe»
Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- O socialista Iván Puentes considera que o texto da proposta que o PP pretendía levar a Pleno para solicitarlle formalmente ao Goberno de España o arquivo do proxecto da «mal chamada circunvalación de Pontevedra», a autovía A-57, peca tanto de «amnesia selectiva» como de «peticións sorprendentes, estreitez de miras e ausencia de ambición e …
O PSOE urxe ao Goberno Local a «solucionar dunha vez os problemas estruturais» denunciados polas direccións dos centros educativos: «O BNG debe priorizar o cumprimento dos acordos adquiridos, creando unha bolsa de bedeis e duplicando a partida destinada ao mantemento»
Pontevedra, mércores 29 de outubro de 2025.- O PSOE de Pontevedra urxe ao Goberno Local a «solucionar de xeito urxente os problemas estruturais» que a Xunta de Directivos dos Centros Públicos de Ensino Infantil e Primaria denunciou este mes a través dun escrito dirixido á Concellería de Educación e á Alcaldía: unha queixa xeralizada polas eivas …
Iván Puentes urxe ao Goberno Local a recoller a luva da Zona Franca para xerar novas bolsas de chan empresarial en Pontevedra: «Temos unha oportunidade inmellorable de facer o que Rueda, a Xunta e o PP non quixeron facer, estudar a viabilidade do Porto Seco de Leborei e crear novas áreas industriais»
Pontevedra, mércores 8 de outubro de 2025.- Froito dunha reunión de traballo mantida polo Grupo Municipal do PSOE con representantes e técnicos do Consorcio Zona Franca de Vigo, o delegado especial do Estado neste organismo, David Regades, formalizou o pasado 6 de xuño, a través dunha carta remitida ao alcalde, o seu ofrecemento a colaborar co Concello para delimitar e estudar a …
Iván Puentes celebra a sinatura do convenio para a renovación da herba artificial dos campos do Manolo Barreiro: «Os votos do PSOE fan posible que os compromisos adquiridos, neste caso cos clubs deportivos de Pontevedra, se poidan facer realidade»
Pontevedra, martes 15 de xullo de 2025.- «Quero expresar a satisfacción do Grupo Socialista polo feito de que se vaian cumprindo os acordos e esixencias que plantexamos para a aprobación do Orzamento de 2025 e, en particular, da última modificación de crédito, a piques de estar xa dispoñible para ser investida en tódalas actuacións alí contempladas. O PSOE incluíra nesa modificación de …
O PSOE alerta da «manifesta complicidade» de Rafa Domínguez co plan do PP vigués para deixar a Pontevedra «marxinada da alta velocidade»: os socialistas levarán a Pleno unha moción para esixir que as novas conexións de AVE con Madrid paren na nosa cidade
Pontevedra, mércores 11 de xuño de 2025.- O PSOE considera que existe unha «manifesta complicidade» do presidente provincial, Luis López, e o vicepresidente e portavoz ‘popular’ Rafa Domínguez co plan do PP vigués para deixar a Pontevedra «marxinada das futuras conexións de alta velocidade con Madrid». Os socialistas decidiron tomar cartas ante a absoluta pasividade e o «sepulcral silencio» mantidos …
Iván Puentes alerta dos plans do PP para deixar a Pontevedra fóra da conexión de AVE con Madrid e crear unha liña directa con Vigo: «É un ataque frontal á nosa cidade e imos loitar contra todo e contra todos para que a alta velocidade pare en Pontevedra»
Pontevedra, martes 27 de maio de 2025.- O PP de Galicia e o de Pontevedra levan xa máis dunha semana calados e facendo oídos xordos ante as gravísimas manifestacións nas que a vicepresidenta da Deputación provincial, a ‘popular’ Luisa Sánchez, lle solicitaba ao Goberno de España un AVE directo entre Vigo e Madrid, «sen paradas intermedias» e deixando fóra …
O socialista Iván Puentes aviva o proxecto para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas: reclámalle á Deputación Provincial que estea «á altura do legado que recibiu» e asuma os treitos pendentes para a conexión peonil e ciclista de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo
Pontevedra, 2 de maio de 2025.- O socialista Iván Puentes segue a manter máis viva que nunca a súa ambición de conectar Vilagarcía, Pontevedra e Vigo a través dun itinerario peonil e ciclista continuo. Impulsor durante o anterior mandato, como concelleiro de Desenvolvemento Sostible, do plan para estender a Vía Verde do Salnés a través de Portas, Pontevedra e Arcade, …
Os socialistas propoñen dotar aos centros educativos da Xunqueira de dous novos campos de fútbol de herba artificial de última xeración: queren optimizar a práctica deportiva dos escolares e ampliar as horas que o Manolo Barreiro lles ofrece aos clubs de Pontevedra
Pontevedra, martes 8 de abril de 2025.- Os socialistas de Pontevedra están convencidos de que os terreos de xogo do Complexo Deportivo Manolo Barreiro, que nestes momentos presentan un deficitario estado de conservación, deben potenciarse dun xeito máis ambicioso para dar resposta á crecente demanda de horas de adestramento e competición por parte dos equipos da cidade. Ademais de esixirlle …