Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Infraestruturas

O PSOE logra incluír na moción para humanizar o barrio da Parda as súas propostas para instar ao Goberno Local e á Xunta a impulsar o novo parque e as instalacións do futuro Complexo Deportivo

Pontevedra, 12 de marzo de 2024.- O Grupo Municipal do PSOE presentou esta mañá dúas emendas de adición á proposta do PP para que se executen diversas obras de humanización no barrio da Parda. O asunto foi levado a Comisión de Mobilidade, onde a moción dos ‘populares’ resultou aprobada por unanimidade coa inclusión das emendas socialistas de Pontevedra, nas que se insta ao …

O PSOE propón a creación dunha gran praza pública do tamaño da Alameda no espazo que hoxe ocupan os edificios anexos do Hospital Provincial e dunha zona verde equivalente a tres prazas da Ferrería nos xardíns do antigo asilo de anciáns de Loureiro Crespo

Pontevedra, 11 de marzo de 2024.- Un dos principais compromisos recollidos no programa electoral co que Iván Puentes se presentou ás eleccións de 2023 (recollido entre as 28 medidas prioritarias) defendía o mantemento dos usos sanitarios do Hospital Provincial, coa finalidade de dotalo, entre outras posibilidades, dun servizo de urxencias extrahospitalarias, unha unidade de saúde mental comunitaria, un servizo de …

Os socialistas esixen que a Xunta inicie un estudo para mellorar o trazado e seguridade da estrada PO-534 ata Lalín e reclaman que se complete a conexión da A-57 coa autovía das Rías Baixas

Pontevedra, 20 de outubro de 2023.- O portavoz do Grupo Municipal do PSOE, Iván Puentes, presentou esta mañá por Rexistro dúas emendas á proposición da Alcaldía sobre a dotación de infraestruturas viarias no interior da provincia de Pontevedra. Os socialistas coinciden cos concellos do Pacto de Pedre na proposta de instar ao Goberno de España a acometer unha mellora integral de seguridade vial …