Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Infraestruturas

Puentes insta ao Ministerio de Transportes a «axilizar ao máximo» a solución ás graves e recorrentes inundacións da avenida de Marín: «Padeceu 52 cortes entre principios de 2024 e o que vai deste 2026. É a estrada que máis se inunda de toda España a causa da subida do nivel do mar. Os efectos do cambio climático xa están aquí»

Pontevedra, martes 10 de febreiro de 2026.- A avenida de Marín padeceu entre principios de 2024 e o que vai deste 2026 ata 52 cortes totais ou parciais (26 en 2024, 12 en 2025 e 14 nestes primeiros meses de ano), unhas cifras que poñen de manifesto os efectos cada vez máis tanxibles do cambio climático sobre a PO-11, a estrada …

Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»

Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …

Os socialistas levarán a Pleno a ofensiva para esixirlle á Deputación que cumpra «a súa promesa de executar os tres itinerarios pendentes para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas»: «Non poden ignorar por completo os treitos Pontevedra-Portas e Arcade-Chapela; os traballos poden e deben avanzar en paralelo»

Pontevedra, mércores 3 de decembro.- Como impulsor do proxecto para a creación da gran Vía Verde das Rías Baixas, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, non está disposto a permitir que, ao tempo que saca peito do desbloqueo do treito entre Pontevedra e Arcade (14 km.), a Deputación desprece e ignore por completo a tramitación, financiamento e execución do itinerario que debe discorrer entre Portas …

O PSOE aféalle á Deputación que «ignore por completo» o financiamento do treito da Vía Verde das Rías Baixas entre Portas e Pontevedra e reclámalle a súa execución inmediata

Pontevedra, mércores 19 de novembro de 2025.- O desbloqueo do itinerario da Vía Verde entre Arcade e Pontevedra, tralas conversas mantidas onte en Madrid entre responsables da Administración de Infraestruturas Ferroviarias (Adif) e a Deputación Provincial, foi recibido como unha noticia agridoce polo portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, artífice do impulso que este demandado proxecto …

O socialista Iván Puentes critica que o PP propoña «deixar nun caixón» os cartos que se aforren ao paralizar o trazado da A-57 por Bora e Xeve e aposta por investilos en executar os treitos pendentes entre Vilaboa e O Confurco: «Conectaríamos esta infraestrutura coa autovía das Rías Baixas mediante unha estrada de alta capacidade libre de peaxe»

Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- O socialista Iván Puentes considera que o texto da proposta que o PP pretendía levar a Pleno para solicitarlle formalmente ao Goberno de España o arquivo do proxecto da «mal chamada circunvalación de Pontevedra», a autovía A-57, peca tanto de «amnesia selectiva» como de «peticións sorprendentes, estreitez de miras e ausencia de ambición e …

O PSOE urxe ao Goberno Local a «solucionar dunha vez os problemas estruturais» denunciados polas direccións dos centros educativos: «O BNG debe priorizar o cumprimento dos acordos adquiridos, creando unha bolsa de bedeis e duplicando a partida destinada ao mantemento»

Pontevedra, mércores 29 de outubro de 2025.- O PSOE de Pontevedra urxe ao Goberno Local a «solucionar de xeito urxente os problemas estruturais» que a Xunta de Directivos dos Centros Públicos de Ensino Infantil e Primaria denunciou este mes a través dun escrito dirixido á Concellería de Educación e á Alcaldía: unha queixa xeralizada polas eivas …

Iván Puentes urxe ao Goberno Local a recoller a luva da Zona Franca para xerar novas bolsas de chan empresarial en Pontevedra: «Temos unha oportunidade inmellorable de facer o que Rueda, a Xunta e o PP non quixeron facer, estudar a viabilidade do Porto Seco de Leborei e crear novas áreas industriais»

Pontevedra, mércores 8 de outubro de 2025.- Froito dunha reunión de traballo mantida polo Grupo Municipal do PSOE con representantes e técnicos do Consorcio Zona Franca de Vigo, o delegado especial do Estado neste organismo, David Regades, formalizou o pasado 6 de xuño, a través dunha carta remitida ao alcalde, o seu ofrecemento a colaborar co Concello para delimitar e estudar a …

Iván Puentes celebra a sinatura do convenio para a renovación da herba artificial dos campos do Manolo Barreiro: «Os votos do PSOE fan posible que os compromisos adquiridos, neste caso cos clubs deportivos de Pontevedra, se poidan facer realidade»

Pontevedra, martes 15 de xullo de 2025.- «Quero expresar a satisfacción do Grupo Socialista polo feito de que se vaian cumprindo os acordos e esixencias que plantexamos para a aprobación do Orzamento de 2025 e, en particular, da última modificación de crédito, a piques de estar xa dispoñible para ser investida en tódalas actuacións alí contempladas. O PSOE incluíra nesa modificación de …

O PSOE alerta da «manifesta complicidade» de Rafa Domínguez co plan do PP vigués para deixar a Pontevedra «marxinada da alta velocidade»: os socialistas levarán a Pleno unha moción para esixir que as novas conexións de AVE con Madrid paren na nosa cidade

Pontevedra, mércores 11 de xuño de 2025.- O PSOE considera que existe unha «manifesta complicidade» do presidente provincial, Luis López, e o vicepresidente e portavoz ‘popular’ Rafa Domínguez co plan do PP vigués para deixar a Pontevedra «marxinada das futuras conexións de alta velocidade con Madrid». Os socialistas decidiron tomar cartas ante a absoluta pasividade e o «sepulcral silencio» mantidos …

Iván Puentes alerta dos plans do PP para deixar a Pontevedra fóra da conexión de AVE con Madrid e crear unha liña directa con Vigo: «É un ataque frontal á nosa cidade e imos loitar contra todo e contra todos para que a alta velocidade pare en Pontevedra»

Pontevedra, martes 27 de maio de 2025.- O PP de Galicia e o de Pontevedra levan xa máis dunha semana calados e facendo oídos xordos ante as gravísimas manifestacións nas que a vicepresidenta da Deputación provincial, a ‘popular’ Luisa Sánchez, lle solicitaba ao Goberno de España un AVE directo entre Vigo e Madrid, «sen paradas intermedias» e deixando fóra …