Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Gobernabilidade

O socialista Iván Puentes lamenta o ‘realismo máxico’ no que vive instalado o alcalde e asegura que Pontevedra «non pode seguir vivindo de mudar pavimentos»: «Somos a única cidade galega cun Goberno Local que non ten ningún proxecto ambicioso de cara aos vindeiros 15 ou 20 anos»

Pontevedra, 13 de setembro de 2024.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, lamentou esta mañá, tras coñecer o balance que o propio Miguel Anxo Fernández Lores fixo sobre a súa xestión neste mandato, que tanto o alcalde como o BNG vivan instalados nunha especie de ‘realismo máxico’ e carezan de proxectos ambiciosos para a Pontevedra dos vindeiros 15 ou …

O PSOE garante a aprobación da terceira modificación de crédito do mandato ao aceptar agora o BNG boa parte das propostas que lles puxera sobre a mesa para apoiar as contas de 2024: «Cando hai vontade de diálogo, a gobernabilidade e o acordo son posibles»

Pontevedra, 6 de xuño de 2024.- O Grupo Municipal do PSOE garantirá a aprobación da terceira modificación de crédito deste mandato, toda vez que o Goberno Local decidiu aceptar agora boa parte das propostas que os socialistas lles puxeran sobre a mesa como condición para apoiar as contas de 2024. O portavoz do partido, Iván Puentes, está convencido de que …

O socialista Iván Puentes cualifica de «claramente deficitario» este primeiro ano de mandato «polo empecinamento do BNG en buscar máis o conflito que o acordo» e asegura que «Pontevedra precisa de moito máis diálogo e moita menos imposición»

Pontevedra, 22 de maio de 2024.- «O balance deste primeiro ano mandato é claramente deficitario, e é así polo empecinamento do BNG en non dialogar, en non negociar, e en buscar máis o conflito que o acordo». Deste xeito definiu o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, o que foron estes primeiros 12 meses de mandato municipal, asegurando que «Pontevedra precisa …

O PSOE insta ao Goberno Local a implantar un Sistema Interno de Información que garanta a protección dos traballadores que denuncien infraccións e ameazas contra o interese público

Pontevedra, 30 de marzo de 2024.- O Grupo Socialista de Pontevedra levará a Pleno unha moción na que insta á Xunta de Goberno Local a implantar un Sistema de Interno de Información que garanta a protección dos informantes e o fortalecemento da cultura da información/comunicación como mecanismo para previr e detectar posibles infraccións normativas, casos de corrupción e …

A estratexia de confrontación do PP no Senado pásalles factura aos pontevedreses: perderán máis de 5 millóns de euros pola decisión dos ‘populares’ de tumbar a senda de estabilidade orzamentaria do Goberno

Pontevedra, 7 de marzo de 2024.- A estratexia de confrontación co Goberno de España que o PP está a desenvolver no Senado pasaralles unha importante factura aos petos dos cidadáns de Pontevedra: perderán arredor de 5,1 millóns de euros. Tal e como denunciou esta mañá en rolda de prensa o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, «esa é a cifra que …

Iván Puentes advírtelle ao BNG que o orzamento municipal deberá incluír os proxectos prioritarios do programa electoral do PSOE: «Non lle imos dar un cheque en branco a ninguén»

Pontevedra, 2 de novembro de 2023.- No marco da comparecencia desta mañá, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, foi consultado sobre o estado dunhas hipotéticas negociacións do orzamento municipal para o ano 2024. O líder socialista indicou que vén de manter unha primeira toma de contacto sobre o tema o martes pasado co concelleiro de Facenda, o nacionalista Raimundo González, que «basicamente …