Saltar al contenido

¡Síguenos!

A estratexia de confrontación do PP no Senado pásalles factura aos pontevedreses: perderán máis de 5 millóns de euros pola decisión dos ‘populares’ de tumbar a senda de estabilidade orzamentaria do Goberno

  • O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aféalle á senadora pontevedresa Pepa Pardo que traizoe aos veciños e veciñas de Pontevedra con este veto do PP á senda de déficit fiscal: «A primeira vez que tivo que decidir entre defender os intereses dos veciños e veciñas de Pontevedra ou defender os intereses de Feijóo e Ayuso, vendeu a esta cidade, vendeunos a tódolos veciños, por medrar no seu partido e por quedar ben cos seus xefes políticos e a costa de que os seus veciños teñan hoxe 5 millóns de euros menos para atender as súas necesidades»

Pontevedra, 7 de marzo de 2024.- A estratexia de confrontación co Goberno de España que o PP está a desenvolver no Senado pasaralles unha importante factura aos petos dos cidadáns de Pontevedra: perderán arredor de 5,1 millóns de euros. Tal e como denunciou esta mañá en rolda de prensa o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, «esa é a cifra que o noso Concello deixará de percibir trala decisión do partido que a señora Pepa Pardo representa nas Cortes de ‘tumbar’ na Cámara Alta a senda de estabilidade orzamentaria (obxectivos de déficit fiscal) impulsada polo Executivo de Pedro Sánchez».

En base a esta vía, mantendo o obxectivo de déficit do Estado no 3%, contemplábase unha maior capacidade de gasto para as comunidades autónomas e os concellos, permitíndolles a estes últimos pechar o ano en equilibrio orzamentario, igualando gastos e ingresos. «Non endebedarnos -precisou Puentes nunha comparecencia na que estivo acompañado dos concelleiros Yoya Blanco, Manuel Fariña e Paloma Castro-, pero si gastar tódolos cartos que tivesemos dispoñibles cada ano».

O portavoz do PSOE indicou que «co veto do PP no Senado a esta nova senda de estabilidade, España verase obrigada a cumprir co acordado pola Comisión Europea no ano 2023», que no caso dos concellos suporá que «terán que pechar o exercicio, non en equilibrio, senón cun superávit do 0,2%». «É dicir, o PP obríganos a tódolos concellos a recortar e impídenos gastar incluso os cartos que temos. Isto non é algo abstracto que pasa en Madrid -afirmou-, e no caso concreto de Pontevedra, traducirase nun recorte de máis de 5 millóns de euros no orzamento municipal para o ano 2024, é dicir, na perda duns 61 euros por habitante».

Iván Puentes asegurou que «tampouco o Senado é un ente impersoal que nos impón este recorte a tódolos pontevedreses e pontevedresas». «Alí sentan persoas, senadores e senadoras, con nome e apelidos, que premeron o botón do ‘Non’ para sacarnos máis de 5 millóns de euros aos veciños e veciñas desta cidade. En Pontevedra, esa senadora é Pepa Pardo, que, para máis inri, é tamén concelleira desta cidade», subliñou.

Tal e como apuntou, «dentro da duplicidade de cargos que acumula, a primeira vez que tivo que decidir entre defender os intereses dos veciños e veciñas de Pontevedra ou defender os intereses de Feijóo e Ayuso, vendeu a esta cidade, vendeunos a tódolos veciños, por medrar no seu partido e por quedar ben cos seus xefes políticos e a costa de que os seus veciños, tamén os que lle votaron, teñan hoxe 5 millóns de euros menos para atender as súas necesidades».

«O señor Rafa Domínguez amosa unha vez máis que non está capacitado para gobernar esta cidade: cala ante os seus xefes e non desautoriza a actitude de Pepa Pardo»

Puentes salientou que «o PP ten en Pontevedra un suposto líder, unha persoa que leva meses rogando para que alguén lle dea o que non lle deu a cidadanía nas eleccións, a Alcaldía de Pontevedra: o señor Rafa Domínguez, que amosa unha vez máis que non está capacitado para gobernar esta cidade, xa que un alcalde debe defender aos seus veciños e veciñas por enriba de todo e el, coma sempre, cala antes os seus xefes de partido». «Non desautoriza a actitude da súa concelleira -censurou Puentes-, que manda no PP bastante máis ca el, nin se desmarca da bofetada que o PP lle pretendeu dar ao Goberno de España, pero que en realidade recibimos tódolos pontevedreses… Rafa Domínguez e Pepa Pardo deberían ofrecernos a todos explicacións sobre as obras, as axudas sociais, e as subvencións que deixaremos sen executar este 2024 para aforrar eses 5 millóns de euros».

O socialista aféalle á senadora pontevedresa Pepa Pardo «que se teña convertido en cómplice desta traizón, deste capricho do PP, que se traducirá nun recorte de gasto que pagará a cidadanía, a xente de a pé, deixando menos recursos para educación, sanidade, dependencia, obras…». «Votar en contra da senda de déficit que o Goberno plantexaba para os vindeiros tres anos (paso previo á aprobación do orzamento) -defendeu Iván Puentes- polo simple feito de querer prexudicar a xestión do Goberno, só ten un grande prexudicado, que é a cidadanía, á que deixan sen moito diñeiro para investir en deportes, educación, servizos sociais e outras cuestións verdadeiramente importantes».

A senda de déficit trazada hai varios meses obrigaba aos concellos, para manter o equilibrio orzamentario, a pechar o exercicio cun 0,2% de superávit, isto é, aforrando cartos en caixa. A raíz da mellora económica que se produciu nos últimos meses, o Goberno pactou coa UE unha nova senda de déficit que flexibilizaba estas condicións, permitindo pechar con equilibrio orzamentario (non gastando máis do ingresado), unha medida que tiña que aprobar o Senado, pero que foi tumbado polos votos contrarios de Pepa Pardo e os seus compañeiros de partido.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes