Categoría: Barrios
Iván Puentes alerta da proliferación de ‘cemiterios’ de coches abandonados en diversas zonas de Pontevedra e insta ao Goberno Local a retomar con urxencia o servizo de retirada e desguace de vehículos das vías públicas: «O incendio do Seat Ibiza de Mollavao amosa que son bombas de reloxería»
Pontevedra, luns 24 de agosto de 2026.- O perigoso incendio sufocado polos Bombeiros este domingo nun Seat Ibiza abandonado e destartalado en Mollavao, baixo a ponte da autoestrada AP-9, é en opinión do Grupo Municipal do PSOE «só a punta do iceberg dun problema provocado por catro anos de mandato sen servizo de retirada de vehículos da vía pública». Un problema que se está a agravar …
Iván Puentes afina «máis aló da obra de Rosalía de Castro» o plan de actuacións previsto en Mollavao para «integrar o barrio no corazón da cidade» e ofrecerlles aos seus veciños «uns estándares de calidade de vida propios do casco urbano de Pontevedra»
Pontevedra, mércores 1 de xullo de 2026.- A pesar da súa proximidade ao centro da cidade, Mollavao é, sen dúbida, un dos barrios de Pontevedra con máis necesidades de investimento por parte das diferentes administracións, ata o punto de atoparse entre as poucas zonas do casco urbano que segue á marxe do modelo de reforma. Unha situación que podería mudar …
As demandas dos veciños de Mollabao serán defendidas no Pleno polo PSOE a través dunha moción que reclamará a dotación de novos espazos de lecer e deporte ao aire libre baixo o viaduto da AP-9 e a realización de obras de urbanización e cambios de sentido en rúas transversais a Rosalía de Castro
Pontevedra, xoves 28 de maio de 2026.- Caderno en man e acompañados por membros da directiva da nova Asociación Veciñal de Mollabao, os socialistas Iván Puentes e Marcos Rey achegáronse hoxe ata o barrio pontevedrés para realizar con eles unha camiñada por diversos puntos do mesmo e que serviu para verificar os graves problemas de abandono e deterioración …
O socialista Iván Puentes impulsará a implantación dunha aceleradora de empresas e comercio no barrio da Parda
Pontevedra, martes 28 de outubro de 2025.- Instalar na zona leste da cidade unha aceleradora ou viveiro de empresas e comercio, na que se poidan implicar tanto o Concello de Pontevedra como outras administracións, é unha das principais propostas que o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, se comprometeu a impulsar cos pequenos empresarios do barrio da Parda. Unha demanda dos propios …