Saltar al contenido

¡Síguenos!

Dálle Máis Forza a Pontevedra


Contacto:

Rúa Irmáns Nodales, 6, baixo. 36001 – Pontevedra.

Teléfono: 986 843 704 / WhatsApp: 604 000 162

Email: pontevedra@psdeg-psoe.org

Horario:

Luns, martes, mércores e venres: de 9.00 a 13.00 horas

Xoves: de 16.00 a 20.00 horas

Acceso para persoas con discapacidade: Si

Plan para integrar Mollavao no corazón urbano da cidade

Ver más

Proposta para integrar no Álvarez Limeses a casa lindeira

Ver más

Solicitamos a creación dun módulo cuberto de atletismo

Ver más

O PSOE apoia as demandas dos afectados polo PIA de San Mauro

Ver más

#ElecciónsMunicipais2027

Iván Puentes volverá encabezar o proxecto socialista «nas primeiras eleccións nas que o escenario vai chegar profundamente aberto»: «Iniciamos este percorrido coa ilusión de poder liderar o Goberno de Pontevedra»

🌹 A candidatura do actual secretario xeral e portavoz do PSOE local, que estivo arroupado polos concelleiros do Grupo Municipal e mailo secretario de Organización, foi a única presentada, polo que quedou proclamada de xeito unánime

🌹 Fronte ao ‘todo siga igual’ que representa o BNG e aos pactos con Vox e ao lío e a política irrespirable de Madrid que Rafa Domínguez pretende importar á nosa cidade, Puentes está convencido de que «os pontevedreses apostarán por un cambio ‘con sentidiño’, tranquilo e que, preservando o moito e bo que se fixo, mellore a calidade de vida e achegue novas ideas, enerxías e pulos»

👉🏻  https://agrupacionespsoe.es/pontevedra/ivan-puentes-volvera-encabezar-o-proxecto-socialista-nas-primeiras-eleccions-nas-que-o-escenario-vai-chegar-profundamente-aberto-iniciamos-este-percorrido-coa-ilusion-de-poder-liderar-o-goberno/

Noticia destacada

Axenda

Axenda da Agrupación Socialista de Pontevedra

No hay eventos disponibles

No hay multimedia disponible


#APontevedraquevén

Portavoz Municipal do PSOE

Iván Puentes Rivera

 

Son doutor en Comunicación e traballo como profesor e investigador na Facultade de Comunicación do Campus Universitario de Pontevedra.

Nacín o 17 de abril de 1980, teño 43 anos e vin para Pontevedra en 1998, con 18, para estudar a miña carreira. Quedei namorado da cidade máis fermosa do mundo e decidín que aquí tiña que vivir o resto da miña vida.

A miña nai e o meu único irmán son hostaleiros, o meu pai, ao que case non coñecín, porque morreu sendo eu moi neno, foi bombeiro de Endesa. Emigrou coa miña nai 12 anos a Londres e, co esforzo e os aforros deses anos, volveron a Galicia para montar o restaurante do que vivimos sempre na miña familia.

Son pai de dous fillos, de 10 e 7 anos, veciño do Burgo e, ademais de traballando na Universidade e no Concello, poderás atoparme en bicicleta dun lado para outro, picando e tomando un algo pola rúa, correndo pola beira do Lérez, paseando polo monte de calquera parroquia, nun concerto, un domingo de cada dous, no Estadio de Pasarón e madrugando cada fin de semana para levar aos nenos a xogar a fútbol.

Fun Alcalde de Fene, o pobo no que nacín, sendo daquela o alcalde máis novo de Galicia. Son concelleiro en Pontevedra desde 2015, exercendo no pasado mandato como responsable de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural e na actualidade, desde a oposición, como portavoz do Grupo Municipal do PSdeG-PSOE.


EXECUTIVA MUNICIPAL

COÑÉCENOS

No hay organigrama disponible

No hay organigrama disponible

Contacta coa nosa agrupación

Suxerencias

Este é un espazo, onde poderás facernos chegar directamente as túas suxerencias, propostas, queixas, etc. enviando un correo electrónico a:  pontevedra@psdeg-psoe.org ou cubrindo o formulario.