Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Category: ACTUALIDADE

Os grupos municipais da oposición solicitan no Concello que se busque unha solución parapoder celebrar o “Quilómetro do Terror” de Catabois

PSdeG-PSOE, Ferrol en Común e BNG defenderon na comisión desta mañá a importancia de atopar vías de colaboración para manter un dos eventos máis queridos do outono ferrolán.Os grupos lembran que é un encontro plenamente asentado, con máis de 15 anos de traxectoria e un gran apoio veciñal, clave para a dinamización do barrio.Destacan a …

O PSOE de Ferrol presenta alegacións contra a subida de atao 99 % dos nichos municipais e reclama eliminar a súalicitación económica

Os socialistas esixen a retirada dos incrementos desproporcionados, tarifas adaptadas á situación económica das familias e garantías para impedir que as empresas poidan acaparar concesións. Rafael Fernández Beceiro: «Rey Varela prometeu baixar os impostos, pero agora pretende que as familias paguen case o dobre por un nicho municipal». Ferrol, 20 de outubro de 2026.– O …

O PSOE reproba os Orzamentos da Xunta para Ferrol: “Unha repetición continua das mesmas partidas sen executar”

Rafael Fernández Beceiro puxo como exemplo o saneamento do rural, que Rueda se comprometeu a iniciar no 2023 e segue sen comezar, e “a obra de nunca acabar” do Hospital Arquitecto Marcide, con 14 anos de atraso Ferrol, 20 de outubro de 2026. Os Orzamentos autonómicos para o 2027, que onte presentou o Goberno galego, …

O grupo socialista no Concello de Ferrol afea que a “única política de vivenda” deRey Varela sexa facerse fotos en obras alleas mentres a xestión municipal é “un caoscheo de atrasos”

O edil socialista, Julián Reina, denuncia que o goberno local tenta ocultar a súa inoperancia con grandes anuncios e visitas institucionais, como a recente aos terreos de O Bertón, mentres as rehabilitacións municipais acumulan meses de demora. Os expedientes do Concello revelan parálises continuadas, modificacións de proxectos e prórrogas que sitúan actuacións como as da …

O PSOE critica a nova póliza de 10 millóns de Rey Varela: «Enpagar xuros son os primeiros; en executar o orzamento, os últimos»

Rafael Fernández advirte de que o goberno do PP continúa recorrendo ao crédito mentres arrastra unha baixísima execución dos investimentos municipais Ferrol, 5 de outubro de 2026.– O Grupo Municipal Socialista de Ferrol criticou a decisión da Xunta de Goberno Local de aprobar unha nova operación de crédito por importe de 10 millóns de euros, …

O PSOE de Ferrol reclama avances na investigación sobre as deficiencias no transporte público e propón un rexistro municipal de incidencias con códigos QR nasparadas

O concelleiro socialista Julián Reina trasladou na Comisión de Mobilidade a necesidade de dotar ao Concello dun instrumento eficaz para frear a “falta de constancia” que esgrimen de xeito habitual a administración autonómica e a empresa concesionaria. A iniciativa socialista busca facilitar a interlocución, canalizar as reclamacións veciñais e evitar que os problemas diarios dos …

O PSOE de Ferrol denuncia o colapso e a parálise das obras na cidade como consecuencia directa das “ausencias permanentes” do alcalde e do seu modelo de xestión baseado na inercia

O concelleiro socialista Julián Reina critica que os atrasos na rehabilitación do antigo polígono de tiro de Catabois exemplifican un novo modelo de xestión municipal baseado na inercia e na falta absoluta de control. Os socialistas lembran a hipocrisia de José Manuel Rey Varela, que cando estaba na oposición esixía inmediatez e culpaba o goberno …

O PP deixa sen executar o 94 % dos investimentos mentres Ferrolcontinúa atrapado entre obras paralizadas e promesas incumpridas

Ángel Mato denuncia que a baixa execución, os atrasos constantes e as actuacións baseadas no cemento demostran que Rey Varela carece dun modelo transformador para a cidade Ferrol, 15 de setembro de 2026. O Grupo Municipal Socialista denuncia que o goberno de José Manuel Rey Varela pechou o segundo trimestre de 2026 cunha execución de …

O PSOE esixe ao Goberno de Rey Varela transparencia sobre a convocatoria de axudas da Axenda 2030

Rafael Fernández Beceiro denuncia que nas comisións municipais non se facilita información sobre se o Concello presentou algún proxecto para optar a ata 250.000 euros O prazo para solicitar as subvencións rematou o pasado 10 de agosto Os socialistas reclaman coñecer se Ferrol concorreu, o proxecto presentado, as actuacións incluídas e a contía solicitada Ferrol, …

O PSOE acusa ao goberno de Ferrol de “maquillar” un mero reasfaltado como “rexeneración urbana” e tilda de “cutre” o modelo do alcalde

FERROL, 9 de setembro de 2026 – O grupo municipal do PSOE no Concello de Ferrol, a través do seu concelleiro Julián Reina, volveu denunciar con contundencia a política urbanística do goberno local tras a publicación no Portal de Contratación Pública da licitación das obras na estrada de Castela por un importe de 657.706,69 euros …