Tag: Inés Ramos
O PSdeG-PSOE da Laracha esixe medidas urxentes ante a “situación estrutural” de incendios en Caión
O Grupo Municipal Socialista da Laracha presentou unha moción para o seu debate no Pleno ante a “profunda preocupación” que vive a veciñanza de Caión polos últimos incendios forestais rexistrados na parroquia. A voceira socialista, Inés Ramos López, urxe á Xunta de Galicia e ao Goberno local a pasar dunha “reacción tardía” a unha política …
Inés Ramos urxe ao Concello da Laracha a “actuar na promoción de vivenda pública”
O Grupo Municipal Socialista da Laracha, encabezado pola súa voceira Inés Ramos, rexistra para o vindeiro pleno unha batería de iniciativas que abranguen “dende o compromiso coa paz internacional ata a calidade de vida, a saúde e a protección do territorio no municipio”. Inés Ramos abrirá a súa intervención cunha “defensa firme da paz”, instando …
O PSOE da Laracha acusa ao goberno local de “non saber onde investir os cartos públicos”
O Grupo Socialista da Laracha realizou unha valoración crítica do pleno municipal celebrado o mércores, no que se aprobaron os orzamentos de 2026 e varias modificacións fiscais. A súa voceira, Inés Ramos, cuestionou o modelo de xestión económica do goberno municipal e a falta de planificación nas principais decisións adoptadas. Por unha banda, dende o …
O PSOE da Laracha denuncia que o concello “agocha a información sobre o amianto” que podería haber nas tuberías do municipio
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia a “opacidade” do Concello respecto da posible presenza de amianto nas tiberías de fibrocemento das redes de abastecemento e saneamento da localidade, algo que provocou “un tirón de orellas da valedora do pobo”. A voceira socialista local Inés Ramos López realiza unha valoración negativa do exposto polo grupo de goberno …
O PSdeG-PSOE da Laracha denuncia o “caos e inseguridade” na contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo por mor das obras
O Grupo Socialista da Laracha, a través da súa voceira Inés Ramos, denunciou hoxe o estado “lamentable e perigoso” no que se atopa a contorna do CEIP Ramón Otero Pedrayo. A situación acadou hoxe, venres 30 de xaneiro, un punto crítico coincidindo coas precipitacións, que converteron as zonas en obras lindeiras ao colexio nun auténtico …
O PSdeG da Laracha critica que o concello siga sen orzamentos a pesar da maioría absoluta do PP
A portavoz socialista na Laracha, Inés Ramos, critica que o Goberno municipal do PP aínda non teña aprobados os orzamentos deste ano. Para Ramos, esta situación demostra “incapacidade de xestión, descoñecemento da realidade e un desprezo absoluto pola veciñanza da Laracha”. Segundo explicou, o PP goberna con maioría absoluta, polo que non ten que negociar …
O PSOE da Laracha critica que o concello empregue 21.000€ da Deputación para mercar mesas e cadeiras
O PSdeG-PSOE da Laracha critica que o o Concello vaia gastar, cos fondos de carácter social da Deputación da Coruña, 21.000 euros na compra de mesas e cadeiras. O gasto enmarcaríase dentro do Plan Único de Obras e Servizos da Deputación. Inés Ramos, portavoz do Grupo Municipal Socialista, considera “unha falta de acción política e …
O PSOE da Laracha esixe transparencia e participación veciñal no proxecto da central hidroeléctrica en Montemaior
O PSdeG-PSOE da Laracha, a través da súa portavoz Inés Ramos, manifestou o seu “apoio absoluto” aos veciños e veciñas de Montemaior e do conxunto do municipio ante o anuncio da futura instalación dunha central hidroeléctrica de bombeo promovida por Gnera Enerxía, un proxecto que suporía un investimento de 120 millóns de euros. Dende o …
O PSOE da Laracha solicita un Plan Integral para a cobertura dos parques infantís
O Grupo Socialista da Laracha, a través da súa voceira Inés Ramos, presentará unha iniciativa para instar ao goberno local á elaboración dun Plan Integral de Cobertura dos Parques Infantís do municipio. A proposta chega despois do Pleno Infantil celebrado o 2 de decembro, no que o alumnado participante solicitou a creación de espazos de …
O PSOE da Laracha denuncia o estado da pista de skate do municipio
A pista de skate da Laracha presenta acumulacións de auga nos días de choiva, impedindo o seu uso e xerando dificultades para a práctica deportiva. Segundo o Grupo Socialista, esta situación “ten a súa orixe na construción da instalación, cando xa se advertira a ausencia dun sistema de drenaxe axeitado”. A voceira socialista, Inés Ramos, …
O PSOE da Laracha lamenta que o PP rexeite as emendas ás taxas das instalacións deportivas e a recollida de lixo
O PSdeG-PSOE da Laracha lamenta que o PP local rexeitase no pleno as emendas socialistas ás ordenanzas fiscais que regulan as taxas das instalacións deportivas e as do servizo de recollida do lixo. As propostas do PSOE, explica a voceira Inés Ramos, buscaban “introducir criterios de igualdade, dixitalización, sustentabilidade e transparencia nas ordenanzas elaboradas polo …
O PSOE da Laracha presentará emendas á ordenanza das taxas deportivas
O martes 28 de outubro celebrarase un pleno extraordinario no Concello da Laracha no que o Grupo Municipal Socialista da Laracha anunciou que presentará emendas á ordenanza fiscal 3.5, relativa á taxa pola xestión de reservas nas instalacións deportivas municipais. O obxectivo, segundo explica a voceira socialista, Inés Ramos, “é mellorar a ordenanza e avanzar …
O PSOE da Laracha solicita a convocatoria urxente da Xunta Local de seguridade ante a falta de efectivos da Policía Local
A voceira do Grupo Municipal Socialista da Laracha, Inés Ramos, presentou a través da sede electrónica do Concello unha solicitude formal para a convocatoria urxente da Xunta Local de Seguridade, debido ao que califica de “preocupante falla de efectivos da Policía Local no municipio”. “Desde o grupo socialista observamos problemas crecientes na atención cidadá, no …
O PSOE da Laracha alerta da “inseguridade na vila” e pide “un cambio de rumbo” na xestión do persoal da Policía
O Grupo Municipal Socialista da Laracha denuncia “a grave situación de inseguridade na vila” logo do roubo rexistrado nun supermercado na noite do domingo ao luns. Este suceso súmase a outros delitos e actos vandálicos cometidos no último ano, que, como sinala a voceira socialista local Inés Ramos López, amosan “unha clara falta de medios …
O PSOE da Laracha reclama novas beirarrúas nos accesos ao campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura
O PSdeG-PSOE da Laracha presentará no pleno municipal unha moción para reclamar a dotación de novas beirarrúas nas contornas do campo de fútbol municipal, o CEIP Ramón Otero Pedrayo e a Casa da Cultura. “Cada día son moitos os nenos e nenas que se desprazan a estes espazos, pois son clave para a vida educativa, …