Skip to content

Galego

Español

¡Síguenos!

O PSdeG denuncia do “colapso absoluto” das urxencias do Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol

  • Aitor Bouza reclama solucións no Parlamento galego ante casos como o das 40 persoas pendentes de ingreso

O PSdeG denuncia no Parlamento de Galicia “o colapso absoluto das urxencias do hospital Arquitecto Marcide en Ferrol, o hospital de referencia para toda a comarca”.

O parlamentario socialista Aitor Bouza sinala que “este colapso tamén se provoca por causa dun colapso previo de atención primaria”, logo de que se desen a coñecer “noticias absolutamente aberrantes, inhumanas”.

Bouza enumera casos como os das 40 persoas “pendentes de ingreso por culpa deste colapso” ou o dunha muller que “ata que estivo agonizando, non foi atendida, non puido ser atendida” en urxencias.

Para o socialista, isto débese a que o centro está “absolutamente saturado”, calificando a situación de “inconcebible” e “intolerable”. “Non se pode permitir que a nosa sanidade, un ben tan preciado como temos, a sanidade pública galega, estea sendo acabada por parte do goberno de Rueda”, engade.

“Dende o Partido Socialista non podemos consentir esta situación”, afirma, e polo tanto anuncia que vai “esixir de maneira inmediata o cese, e senón, a dimisión do xerente do Sergas polo colapso das urxencias no hospital”.

“As persoas de Ferrolterra merece unha sanidade pública de calidade”, sinala o parlamentario. “Imos traballar por que esta situación se revirta e que o colapso nunca se volva repetir, e que, polo tanto, os responsables máximos políticos asuman as súas responsabilidades”, conclúe.


Aitor Bouza – CHUF – xan26
Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes