O PSdeG reclámalle á Xunta unha nova EDAR na parroquia de Dodriño, en Dodro
- Aitor Bouza anuncia unha batería de iniciativas no Parlamento Galego para que se inclúa unha partida ao respecto nos orzamentos para 2026
O PSdeG-PSOE reclámalle á Xunta de Galicia unha nova EDAR para a parroquia de Dodriño, no municipio de Dodro, que sexa “moderna, eficiente e tamén acorde ás necesidades actuais desta parroquia”.
Aitor Bouza, deputado socialista no Parlamento de Galicia, pide deste xeito ao goberno autonómico de Alfonso Rueda “que se comprometa co Concello de Dodro” facendo esta estación depuradora de augas residuais.
Con este obxectivo, o parlamentario anuncia que vai instar á Xunta “a que se incropore nos orzamentos de 2026 esta partida” para que este compromiso de Augas de Galicia “dende hai moitos anos co concello que se faga xa realidade dunha vez”.
“Polo tanto, levaremos ao Parlamento esta batería de iniciativas na que exiximos ao goberno da Xunta de Galicia que cumpra cos veciños e veciñas de Dodro con esta nova EDAR na parroquia de Dodriño”, conclúe Bouza.
Dentro desta batería de iniciativas, o Grupo Parlamentario Socialista presentará unha proposición non de lei neste sentido que sinala que “é imprescindible que o Goberno galego asuma a súa responsabilidade e dea unha resposta inmediata a unha actuación prioritaria para garantir unha depuración axeitada, a protección ambiental e a saúde pública”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS