Categoría: Seguridade Cidadá
Iván Puentes defende a súa Comisión de Convivencia Cidadá como a mellor vía para abordar os problemas de Pontevedra e rexeita «a estratexia de Rafa Domínguez para ‘ayusizar’ a política pontevedresa e crear un medo irracional na cidadanía»
Pontevedra, mércores 18 de xuño de 2025.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, pechou esta mañá a porta á posibilidade dun acordo co PP para que a Comisión de Convivencia Cidadá impulsada polos socialistas conflúa nunha iniciativa de consenso co grupo de traballo que plantexan os ‘populares’ para atallar os supostos problemas de inseguridade de Pontevedra. En opinión …
O PSOE pon o foco na prevención e defensa contra os fogos forestais «antes de que chegue a época máis complicada do verán»: solicita que Pontevedra se adhira ao convenio autonómico para o mantemento e limpeza das faixas de protección contra incendios
Pontevedra, mércores 18 de xuño de 2025.- As faixas secundarias son zonas de protección duns 50 metros de ancho situadas arredor de núcleos de poboación, infraestruturas ou polígonos industriais e nas que se xestiona a biomasa co obxectivo de reducir o risco de incendios, polo que xogan un papel esencial á hora de evitar a propagación …
O socialista Iván Puentes impulsa a creación dunha Comisión de Convivencia Cidadá e da Verdade co obxectivo de atallar os problemas de Pontevedra «con datos certos e non coa desinformación e as mentiras que queren espallar Rafa Domínguez e o PP»
Pontevedra, mércores 11 de xuño de 2025.- Conscientes de que tan grave é esaxerar os feitos como minusvaloralos e mirar cara a outra parte, os socialistas de Pontevedra consideran que «o sentido común» debe imperar á hora de abordar tanto sucesos como a pelexa acontecida en Barcelos hai uns días como a crecente presenza de persoas …
Iván Puentes asegura que Pontevedra seguirá a padecer «un goteo incesante de peches de locais de lecer e hostalería» no centro histórico mentres non se aborde a actualización dun Peprica «absolutamente desfasado»
Pontevedra, luns 17 de marzo de 2025.- Na súa comparecencia desta mañá, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, valorou os recentes peches de locais de lecer nocturno e o debate social que se está a xerar en relación a aplicación das normas de protección do centro histórico a este tipo de negocios. Puentes lembrou que «a hostalería é un dos motores de desenvolvemento …
O PSOE volve á carga para que se escoite a histórica demanda dos veciños de Cerponzóns de mellorar o estado e a seguridade vial no antigo treito da N-550 que descorre por Tilve
Pontevedra, 4 de febreiro de 2025.- Nun novo asalto para lograr que por fin se escoiten as históricas reivindicacións dos veciños e veciñas de Cerponzóns, o Grupo Municipal do PSOE trasladará ao vindeiro Pleno a demanda veciñal de que se mellore o estado e se garanta a seguridade peonil (en especial no acceso dos nenos e nenas ao …
O PSOE insta ao Goberno Local a «colaborar urxentemente» con Augas de Galicia para executar as lagoas deseñadas por Iván Puentes para acabar coas inundacións en Fernando Olmedo e pide que se aproveite a obra para a restauración ambiental do rego de Valdecorvos
Pontevedra, 11 de decembro de 2024.- O PSOE pontevedrés recibiu cunha inmensa satisfacción o anuncio de Augas de Galicia de que asumirá o proxecto impulsado por Iván Puentes para crear lagoas de inundación controlada no parque de Valdecorvos e acabar coas recorrentes inundacións na rúa Fernando Olmedo, unha solución consensuada co organismo autonómico desde o ano 2022, da …
Iván Puentes insta ao BNG a sacar do caixón o seu proxecto para crear balsas inundables en Valdecorvos e acabar coas inundacións en Fernando Olmedo: «É un proxecto maduro, con cálculos e estudos, con solucións técnicas enriba da mesa, con xestións feitas ante a Xunta e cun custe asumible»
Pontevedra, 27 de novembro de 2024.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, volveu instar hoxe ao Goberno Local a poñer en marcha canto antes a solución deseñada polos socialistas no anterior mandato para acabar coas constantes inundacións que se producen na rúa Fernando Olmedo. Puentes esíxelle ao BNG que saque do caixón un proxecto que pasa pola creación de …
Os técnicos do Concello de Pontevedra desmontan a versión do Goberno Municipal sobre os bolardos da rúa Peregrina: non consta ningún informe técnico da Policía Local que avale a súa instalación
Pontevedra, 28 de agosto de 2024.- En plena controversia sobre a instalación dos bolardos no contorno da Fonte dos Nenos (na rúa Peregrina) por parte do Concello, cando Policía Nacional e Subdelegación do Goberno alertaban dos perigos que estes obstáculos supoñen para o desempeño das Forzas e Corpos de Seguridade e outros servizos de emerxencias, o Goberno Local, a través do concelleiro nacionalista César …
Os socialistas solicitan ao Goberno Local que aproveite a retirada das letras de ‘Pontevedra’ da Praza de Ourense para redeseñar o seu formato cuns materiais e unha composición estética máis acaídos
Pontevedra, 24 de agosto de 2024.- A pesar de terse convertido nun innegable elemento de promoción turística da nosa cidade, a través das habituais instantáneas que os turistas suben ás súas redes sociais, resulta evidente que o formato e dimensións das letras de ‘Pontevedra’ que o Concello instalou na Praza de Ourense non son precisamente demasiado funcionais. Aproveitando …
O PSOE e a Confederación Española de Policía aseguran que os bolardos instalados na Peregrina «non teñen razón ningunha de ser» a nivel urbanístico e de seguridade: «Se hai vontade e a intención non é impedir o traballo da Policía, existen solucións varias, como os bolardos automatizados»
O Grupo Municipal Socialista considera absurda a actitude intransixente expresada polo concelleiro nacionalista César Mosquera en relación aos bolardos que o Goberno Local instalou no contorno da glorieta de Compostela. Para o PSOE local, os elementos instalados polo BNG «non teñen (pola súa tipoloxía) razón ningunha de ser» nin a nivel urbanístico, nin de seguridade, …