Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Saneamento

Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»

Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …

O PSOE desbloquea as obras que permitirán conectar as vivendas de Pontemuíños á rede de saneamento e acabar cos recorrentes asolagamentos de fecais que se producen no barrio

Pontevedra, martes 4 de novembro de 2025.- No marco do acordo alcanzado entre o Partido Socialista e o Goberno Local para a aprobación do orzamento de Pontevedra para 2025, os socialistas lograron introducir o compromiso de finalizar, con cargo á partida da empresa concesionaria Viaqua, o ‘enganche’ das vivendas do poboado de Pontemuíños á rede de sumidoiros, en especial daqueles edificios situados na parte …

Iván Puentes insta ao BNG a sacar do caixón o seu proxecto para crear balsas inundables en Valdecorvos e acabar coas inundacións en Fernando Olmedo: «É un proxecto maduro, con cálculos e estudos, con solucións técnicas enriba da mesa, con xestións feitas ante a Xunta e cun custe asumible»

Pontevedra, 27 de novembro de 2024.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, volveu instar hoxe ao Goberno Local a poñer en marcha canto antes a solución deseñada polos socialistas no anterior mandato para acabar coas constantes inundacións que se producen na rúa Fernando Olmedo. Puentes esíxelle ao BNG que saque do caixón un proxecto que pasa pola creación de …

O PSOE insta ao Concello a saldar dunha vez a perpetua débeda que Pontevedra ten co saneamento do rural: «Pedimos que se desenvolva un plan de expansión para poder conectar as centenares de vivendas que carecen de rede en diversas parroquias»

Pontevedra, 8 de maio de 2024.- Os socialistas de Pontevedra consideran que o Goberno Local debe abordar de xeito prioritario, no que resta de mandato, unha das súas principais débedas cos veciños e veciñas que habitan nas parroquias do rural. A través dunha moción que será debatida e votada no Pleno da Corporación, o Grupo Municipal do PSOE solicítalle ao …

Os socialistas urxen unha solución aos problemas de saneamento do poboado de Ponte Muíños e impulsan o deseño dun plan de reurbanización integral e mellora da mobilidade para o barrio 

Pontevedra, 20 de febreiro de 2024.- Pasados xa 23 anos da cesión de Ponte Muíños ao Concello e das últimas actuacións de mellora acometidas, o poboado presenta a día de hoxe importantes carencias e necesidades a nivel de saneamento, urbanización e mobilidade. Entre as máis significativas, o barrio non ten aínda tódalas vivendas conectadas á nova rede de …