Categoría: Obras
O socialista Iván Puentes critica que o PP propoña «deixar nun caixón» os cartos que se aforren ao paralizar o trazado da A-57 por Bora e Xeve e aposta por investilos en executar os treitos pendentes entre Vilaboa e O Confurco: «Conectaríamos esta infraestrutura coa autovía das Rías Baixas mediante unha estrada de alta capacidade libre de peaxe»
Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- O socialista Iván Puentes considera que o texto da proposta que o PP pretendía levar a Pleno para solicitarlle formalmente ao Goberno de España o arquivo do proxecto da «mal chamada circunvalación de Pontevedra», a autovía A-57, peca tanto de «amnesia selectiva» como de «peticións sorprendentes, estreitez de miras e ausencia de ambición e …
O PSOE desbloquea as obras que permitirán conectar as vivendas de Pontemuíños á rede de saneamento e acabar cos recorrentes asolagamentos de fecais que se producen no barrio
Pontevedra, martes 4 de novembro de 2025.- No marco do acordo alcanzado entre o Partido Socialista e o Goberno Local para a aprobación do orzamento de Pontevedra para 2025, os socialistas lograron introducir o compromiso de finalizar, con cargo á partida da empresa concesionaria Viaqua, o ‘enganche’ das vivendas do poboado de Pontemuíños á rede de sumidoiros, en especial daqueles edificios situados na parte …
Iván Puentes celebra a sinatura do convenio para a renovación da herba artificial dos campos do Manolo Barreiro: «Os votos do PSOE fan posible que os compromisos adquiridos, neste caso cos clubs deportivos de Pontevedra, se poidan facer realidade»
Pontevedra, martes 15 de xullo de 2025.- «Quero expresar a satisfacción do Grupo Socialista polo feito de que se vaian cumprindo os acordos e esixencias que plantexamos para a aprobación do Orzamento de 2025 e, en particular, da última modificación de crédito, a piques de estar xa dispoñible para ser investida en tódalas actuacións alí contempladas. O PSOE incluíra nesa modificación de …
O socialista Iván Puentes aviva o proxecto para facer realidade a Vía Verde das Rías Baixas: reclámalle á Deputación Provincial que estea «á altura do legado que recibiu» e asuma os treitos pendentes para a conexión peonil e ciclista de Vilagarcía, Pontevedra e Vigo
Pontevedra, 2 de maio de 2025.- O socialista Iván Puentes segue a manter máis viva que nunca a súa ambición de conectar Vilagarcía, Pontevedra e Vigo a través dun itinerario peonil e ciclista continuo. Impulsor durante o anterior mandato, como concelleiro de Desenvolvemento Sostible, do plan para estender a Vía Verde do Salnés a través de Portas, Pontevedra e Arcade, …
Os socialistas propoñen dotar aos centros educativos da Xunqueira de dous novos campos de fútbol de herba artificial de última xeración: queren optimizar a práctica deportiva dos escolares e ampliar as horas que o Manolo Barreiro lles ofrece aos clubs de Pontevedra
Pontevedra, martes 8 de abril de 2025.- Os socialistas de Pontevedra están convencidos de que os terreos de xogo do Complexo Deportivo Manolo Barreiro, que nestes momentos presentan un deficitario estado de conservación, deben potenciarse dun xeito máis ambicioso para dar resposta á crecente demanda de horas de adestramento e competición por parte dos equipos da cidade. Ademais de esixirlle …
O PSOE de Pontevedra planta cara ao «negocio privado paralelo» que a Xunta quere implantar co estacionamento do novo Hospital Montecelo e esixe «un aparcadoiro con prazas totalmente públicas e gratuítas»
Pontevedra, 2 de abril de 2025.- O PSOE de Pontevedra non está disposto a permitir que o ‘popular’ Alfonso Rueda implante un «negocio privado paralelo» no Hospital Montecelo, ao converter en prazas de pagamento 900 das 1.200 prazas proxectadas na construción do novo aparcadoiro. Os socialistas volven esixirlle á Xunta a gratuidade de tódolos espazos de …
O PSOE esíxelle ao Goberno Local que rectifique «o absurdo e cutre paso de Shibuya» pintado no Campo da Torre e execute as obras de humanización comprometidas en San Roque
Pontevedra, 28 de marzo de 2025.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, impulsou no anterior mandato un proxecto que permitiu renovar, humanizar e ampliar a zona verde e área de xogos e lecer do Campo da Torre, dotándoa dun espectacular parque con estruturas de madeira. Despois de que o concelleiro Demetrio Gómez anunciara hai un …
O PSOE volve á carga para que se escoite a histórica demanda dos veciños de Cerponzóns de mellorar o estado e a seguridade vial no antigo treito da N-550 que descorre por Tilve
Pontevedra, 4 de febreiro de 2025.- Nun novo asalto para lograr que por fin se escoiten as históricas reivindicacións dos veciños e veciñas de Cerponzóns, o Grupo Municipal do PSOE trasladará ao vindeiro Pleno a demanda veciñal de que se mellore o estado e se garanta a seguridade peonil (en especial no acceso dos nenos e nenas ao …
Iván Puentes celebra o «paso en firme para acabar coas inundacións en Fernando Olmedo» trala licitación das balsas artificiais deseñadas polo socialista en Valdecorvos
Pontevedra, 22 de xaneiro de 2025.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, recibiu con entusiasmo o anuncio do contrato que Augas de Galicia acaba de licitar, cunha partida de case 700.000 euros, co obxectivo de proxectar obras hidráulicas destinadas a evitar inundacións nas zonas de máis risco. Tal e como xa anticipara o organismo adscrito á Xunta, as balsas …
O PSOE reivindica a dotación dunha liña ferroviaria de Cercanías que favoreza a mobilidade entre Pontevedra, Vigo e Vilagarcía e propón a súa futura extensión ata a localidade portuguesa de Valença do Minho
Pontevedra, 14 de xaneiro de 2025.- O Grupo Municipal do PSOE defenderá no vindeiro Pleno ordinario unha moción na que reivindica a dotación, dentro do futuro servizo de Cercanías de Galicia, dunha liña ferroviaria que favoreza a mobilidade dentro da grande área metropolitana conformada por Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa. A proposta, asinada e rexistrada polo portavoz socialista, Iván …