Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Industria

A Zona Franca de Vigo ratifica o seu compromiso de crear o centro de negocios e emprendemento proxectado polo socialista Iván Puentes na cidade de Pontevedra

Pontevedra, luns 16 de marzo de 2026.- O delegado do Consorcio Zona Franca de Vigo, David Regades, ratificou esta mañá o compromiso da institución pública de poñer en marcha o centro de negocios e emprendemento proxecto polo portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, na cidade de Pontevedra. Regades asegurou que «nestes momentos, temos presenza xa en moitos lugares da provincia, como Baiona, Nigrán, …

Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»

Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …

O PSOE eleva ao Parlamento Galego a presión para que Ence manteña tódolos postos de traballo na factoría de Pontevedra

Pontevedra, xoves 18 de decembro de 2025.- O PSOE decidiu elevar ao Parlamento Galego a presión política para que Ence manteña tódolos postos de traballo na súa factoría de Pontevedra. A través da deputada Paloma Castro, os socialistas veñen de rexistrar ante a Cámara autonómica unha proposición non de lei e na que instan á Xunta …

Iván Puentes urxe ao Goberno Local a recoller a luva da Zona Franca para xerar novas bolsas de chan empresarial en Pontevedra: «Temos unha oportunidade inmellorable de facer o que Rueda, a Xunta e o PP non quixeron facer, estudar a viabilidade do Porto Seco de Leborei e crear novas áreas industriais»

Pontevedra, mércores 8 de outubro de 2025.- Froito dunha reunión de traballo mantida polo Grupo Municipal do PSOE con representantes e técnicos do Consorcio Zona Franca de Vigo, o delegado especial do Estado neste organismo, David Regades, formalizou o pasado 6 de xuño, a través dunha carta remitida ao alcalde, o seu ofrecemento a colaborar co Concello para delimitar e estudar a …

Puentes sela o compromiso de Regades co Porto Seco de Leborei: a Zona Franca de Vigo ofrécese a realizar o estudo de viabilidade do proxecto e a desenvolver o parque empresarial

Vigo, mércores 4 de xuño de 2025.- A cidade de Pontevedra non conta nestes momentos cun só metro cadrado dispoñible para o asentamento de empresas, polo que a xeración de novo chan industrial é un das prioridades do PSOE á hora de pactar os orzamentos co BNG. Así, de cara a aprobar as contas deste 2025, os socialistas …

Iván Puentes quere que Pontevedra lidere a oposición institucional contra o proxecto de Altri en Palas de Reis: «A Xunta e Rueda deben deixar de financiar industrias contaminantes en connivencia con portas xiratorias»

Pontevedra, martes 6 de maio de 2025.- O Grupo Socialista quere que o Concello de Pontevedra lidere a resposta institucional contra o proxecto de Altri en Palas de Reis. A través dunha iniciativa que Iván Puentes defenderá no vindeiro Pleno da Corporación, o PSOE pediralle ao Goberno Local que se dirixa á Presidencia de España, aos ministerios de Industria …

A UGT homenaxeará á mestra e sindicalista Mónica Reinaldo como preludio da manifestación organizada en Pontevedra co gallo do 1º de maio

Pontevedra, 27 de abril de 2025.- No marco dos actos organizados co gallo do 1º de maio, Día Internacional dos Traballadores, a Unión Comarcal de Pontevedra, Arousa e Deza de UGT, en colaboración coa Fundación Luis Tilve, celebrará unha cea de homenaxe a Mónica Reinaldo Soto, que foi secretaria de Formación, Igualdade e Riscos Laborais de …

Os socialistas de Pontevedra denuncian o «silencio absoluto» e a «inacción cómplice» do PP de Galicia coa guerra arancelaria dun Trump «eloxiado por Pepa Pardo e Rafa Domínguez en redes sociais»

Pontevedra, sábado 12 de abril de 2025.- Os socialistas de Pontevedra consideran inaceptable que, no actual contexto de guerra arancelaria orquestrado por Donald Trump, en lugar de arrimar o ombro, tanto a Xunta de Alfonso Rueda como os dirixentes do PP manteñan «un absoluto silencio e unha inacción cómplice» e dediquen os seus esforzos a criticar as medidas …

O socialista Iván Puentes reivindicará a creación do porto seco de Leborei ante o empresariado de Pontevedra e o Pleno da Corporación Municipal

Pontevedra, 19 de decembro de 2024.- A dotación de novo chan industrial, que permita asentar máis empresas e xerar emprego no noso concello, está a ser un dos principais cabalos de batalla do socialista Iván Puentes durante este mandato. Un empeño que o portavoz municipal do PSOE defenderá o vindeiro luns no Pleno da Corporación a través dunha moción e …