Saltar al contenido

¡Síguenos!

Categoría: Desenvolvemento Sostible e Medio Natural

Iván Puentes recoméndalle ao alcalde que «elixa o camiño correcto» coa ministra Teresa Ribera, aposte polos «proxectos viables e pactados con Costas» da estratexia Pontevedra Flúe e «non frustre un investimento histórico de 25 millóns de € na nosa cidade»

Pontevedra, 6 de febreiro de 2024.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes,  considera que, despois de oito meses reclamándolle ao alcalde o impulso da estratexia Pontevedra Flúe e dunha forte campaña de descrédito orquestrada polo BNG, a entrevista que Lores manterá coa ministra para a Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, «amosa que o noso partido non mentía e …

O PSOE avalará a segunda modificación de crédito do mandato ao incluír varios dos proxectos impulsados por Iván Puentes como a reforma integral da Praza de Pasarón e a apertura ao público dos xardíns da Uned

Pontevedra, 20 de outubro de 2023.- «Tal e como anunciamos, o noso labor de oposición será sempre construtivo e estará destinado á defensa dos intereses e á mellora da calidade de vida dos cidadáns de Pontevedra, colaborando en todo o que poidamos no óptimo funcionamento da Administración municipal e axudando a executar aqueles proxectos que consideramos …

Iván Puentes ‘tritura’ as calumnias formuladas por Lores e Mosquera para non destapar o río do Gafos coa profusa batería de estudos e informes técnicos que permitiron a consecución de fondos europeos para executar a obra

Pontevedra, 13 de outubro de 2023.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, respostou esta mañá con contundencia ás calumnias e subterfuxios cos que o BNG está a dilatar o proxecto para destapar e renaturalizar o río dos Gafos ao seu paso por Campolongo, poñendo en serio risco os fondos europeos acadados polos socialistas para executar esta importante actuación …