Categoría: Benestar Social
A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia amosa o seu total apoio á iniciativa do PSOE de Pontevedra para a implantación dun Grao Universitario en Lingua de Signos
Pontevedra, martes 3 de marzo de 2026.- A Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) amosou o seu total apoio á iniciativa impulsada polo PSOE de Pontevedra para lograr que a Universidade de Vigo e a Xunta de Galicia traballen conxuntamente na creación e implantación dun Grao Universitario en Lingua de Signos. O apoio do colectivo á creación deste …
O PSOE demanda unha atención digna para as persoas sen fogar de Pontevedra: impulsa a creación dun Albergue Municipal e a activación do innovador programa Housing First
Pontevedra, martes 24 de febreiro de 2026.- A pesar de contar coas 27 prazas do albergue de San Javier (7 delas para mulleres), xestionado por unha entidade do terceiro sector como Cáritas, a ausencia dun albergue municipal está a limitar substancialmente a capacidade de resposta do Concello de Pontevedra ante situacións de emerxencia social, especialmente en épocas de frío e choivas ou de cara …
Os socialistas abandeiran a demanda dos colectivos de persoas xordas para lograr a implantación dun Grao Universitario en Lingua de Signos Española e Galega no Campus de Pontevedra
Pontevedra, mércores 14 de xaneiro de 2026.- As asociacións sen ánimo de lucro de Pontevedra que traballan con persoas xordas, xordocegas e con perda de audición, referentes a nivel estatal, levan anos denunciando as eivas que padecen os intérpretes e guías intérpretes de lingua de signos a nivel de acceso a formación, basicamente desde que en …
Puentes pídelles aos Reis Magos un 2026 con «máis oposición útil» do PSOE para transformar as demandas veciñais «en desexos cumpridos» e corrixe a falta de ambición de Lores: «Pontevedra non precisa que a rematen, senón evolucionar, dar un paso adiante e reivindicar o seu papel como capital e gran cidade»
Pontevedra, mércores 23 de decembro de 2025.- Coa inminente chegada dos días máis máxicos do Nadal, o portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, aproveitou esta mañá un Vermú de Nadal cos medios de comunicación de Pontevedra para facer balance político deste ano de mandato e proxectar algunhas das liñas políticas prioritarias que o seu partido se marcou de cara ao 2026. …
O PSOE urxe ao Goberno Local a convocar antes do 10 de decembro o Pleno extraordinario que ratificará a integración da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra dentro do Sergas
Pontevedra, 1 de decembro de 2025.- Despois de case 20 anos reivindicando que a Xunta de Galicia asuma a xestión da Unidade de Atención ás Drogodependencias (UAD) de Pontevedra, por fin, a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e o Goberno autonómico veñen de asinar un acordo para fixar os criterios de integración destas unidades …
O socialista Iván Puentes quere combater a soidade non desexada nos maiores de 65 anos cun programa de atención integral coordinado co Sergas e con outros axentes sociais de Pontevedra
Avilés, venres 14 de novembro de 2025.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, pretende impulsar un programa de atención integral, coordinado co Servizo Galego de Saúde (Sergas) e con outros colectivos e axentes sociais de Pontevedra, co obxectivo de adoptar medidas que permitan combater a soidade non desexada nos maiores de 65 anos desde diferentes eidos. A partir dun …
O Grupo Municipal do PSOE realizará unha visita institucional a Avilés e Oviedo para estudar iniciativas en materia de vivenda, soidade non desexada e promoción cultural e económica
Pontevedra, martes 11 de novembro de 2025.- Os concelleiros do Grupo Municipal do PSOE realizarán esta fin de semana (entre o venres 14 e o sábado 15 de novembro) unha visita institucional ao Principado de Asturias para manter diversas reunións de traballo coa alcaldesa de Avilés, a socialista Mariví Monteserín, e co seu equipo de Goberno, así como co Grupo Socialista no Concello …
O PSOE esíxelle á Xunta que cumpra co seu compromiso de concertar as prazas da residencia Amencer para persoas con parálise cerebral
Pontevedra, mércores 1 de outubro de 2025.- A residencia inaugurada o pasado ano por Amencer-Aspace na nosa cidade supón, para moitos veciños e veciñas con parálise cerebral e outros trastornos neuromotores, a única oportunidade que teñen para poder desenvolver unha vida digna e con tódalas súas necesidades cubertas. Non obstante, a pesar de dispoñer de capacidade …
O PSOE proxecta unha reforma integral do edificio de Sor Lucía para crear unha Casa das Asociacións destinada a acoller entidades sen ánimo de lucro
Pontevedra, martes 23 de setembro de 2025.- Os socialistas de Pontevedra queren impulsar unha reforma integral da deteriorada Casa Azul, situada no número 4 da rúa Sor Lucía, co obxectivo de crear unha Casa das Asociacións no centro da cidade, habilitando deste xeito un espazo de titularidade pública para destinalo ao uso compartido de entidades sen ánimo de …
Iván Puentes defende a súa Comisión de Convivencia Cidadá como a mellor vía para abordar os problemas de Pontevedra e rexeita «a estratexia de Rafa Domínguez para ‘ayusizar’ a política pontevedresa e crear un medo irracional na cidadanía»
Pontevedra, mércores 18 de xuño de 2025.- O portavoz municipal do PSOE, Iván Puentes, pechou esta mañá a porta á posibilidade dun acordo co PP para que a Comisión de Convivencia Cidadá impulsada polos socialistas conflúa nunha iniciativa de consenso co grupo de traballo que plantexan os ‘populares’ para atallar os supostos problemas de inseguridade de Pontevedra. En opinión …