Skip to content

Galego

¡Síguenos!

Rey Varela desfaise do único chan industrial dispoñible enFerrol mentres aplica unha política fiscal caótica e desigual

“Sobe impostos ás familias e perdoa pagos á Xunta e a entidades privadas”, afirma Ángel Mato.

Ferrol, 15 de setembro de 2025. O Grupo Municipal Socialista denunciou hoxe que o alcalde está a hipotecar o futuro económico da cidade ao desfacerse do único chan industrial dispoñible, situado en Mandiá, un espazo estratéxico que fora incorporado ao convenio co Ministerio de Defensa precisamente para atraer empresas e crear emprego.


Para os socialistas, esta decisión confirma a neglixencia e improvisación dun alcalde incapaz de planificar, que unha vez máis opta pola saída máis fácil, sen ter en conta o interese xeral da cidadanía.Ademais, critican a política fiscal caótica e discriminatoria de Rey Varela: mentres sobe impostos ás familias a través do IBI e da auga, perdoa pagos á Xunta e a entidades privadas, privando ao Concello de ingresos fundamentais que deberían destinarse á mellora dos servizos públicos.


O PSOE deixa claro que defende a necesidade de que o club con maior masa social da cidade conte cunha cidade deportiva. O problema non é o deporte, senón un alcalde que é incapaz de conjugar os intereses deportivos co desenvolvemento económico e industrial da cidade.


“Para iso foi elixido Rey Varela: para buscar as mellores solucións. O que non pode facer é tirar sempre pola rúa do medio, facendo unha total deixación de funcións mentres pasa o seu tempo en Madrid”, subliñou Ángel Mato.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes