Skip to content

Galego

¡Síguenos!

O PSOE de Ferrol esixe a Rey Varela que abandone a “política de cartón pedra” e garanta o dereito á información da cidadanía e dos medios

O concelleiro socialista Julián Reina reclama na comisión de participación o fin da estratexia de opacidade do goberno local.

Os socialistas denuncian que os convenios con entidades e administracións seguen sen publicarse e que a información ambiental dos eventos se difunde cando estes xa emataron.

Ferrol, 16 de xullo de 2026. O concelleiro do Grupo Municipal Socialista no Concello de Ferrol, Julián Reina, solicitou formalmente na comisión de participación que o goberno encabezado por José Manuel Rey Varela abandone de inmediato a súa estratexia de opacidade e o que cualificou como unha “política de cartón pedra”, baseada na imaxe e baleira de transparencia real.
Reina instou ao executivo local a facilitar un acceso efectivo, rápido e sen trabas á información, tanto para a cidadanía como para os medios de comunicación. “A veciñanza de Ferrol ten o dereito fundamental a estar informada de como se xestiona o seu concello, e o deber dun goberno democrático é render contas e non poñer atrancos”, sinalou o edil socialista.

Bloqueo á información e convenios ocultos
Durante a súa intervención, o representante do PSdeG-PSOE denunciou as constantes dificultades que atopan tanto a oposición como os colectivos sociais e os profesionais da información para acceder a expedientes e documentos públicos de interese xeral.

Como exemplo concreto desta falta de transparencia, Julián Reina sinalou a ausencia de
publicación dos convenios que o Concello subscribe, tanto con diversas entidades sociais e culturais como con outras administracións públicas. “É incomprensible que acordos que comprometen fondos públicos e que afectan directamente ao  desenvolvemento de Ferrol se manteñan lonxe do escrutinio público”, criticou.


Información ambiental fóra de prazo
Doutra banda, o concelleiro socialista puxo o foco sobre a xestión da información  ambiental relacionada cos eventos que se desenvolven na cidade. Segundo denunciou Reina, o goberno de Rey Varela está a adoptar a práctica sistemática de publicar estes informes ambientais unha vez que os eventos xa foron celebrados.


“Publicar a información ambiental a touro pasado non serve para previr nin para informar; é unha burla á normativa de transparencia e un intento de cubrir o expediente sen dar marxe de reacción nin de coñecemento real aos veciños”, concluíu Julián Reina, quen esixiu un cambio de rumbo inmediato cara a unha xestión municipal aberta, transparente e participativa.

Comparte esta noticia Twitter Facebook
Copiar Link
Email Imprimir

RRSS

Visítanos en nuestras redes