O PSOE de Ferrol denuncia a “desidia intolerable” do Partido Popular coa accesibilidade nos centros educativos
A concelleira socialista Montserrat Dopico califica de “insostible” a
parálise do goberno local e autonómico do PP ante as graves deficiencias dos colegios de Pazos e Esteiro.
A inacción administrativa mantén un ascensor inoperativo desde 2024 por falta de licencias e bloquea a axuda urxente para un alumno con problemas de movilidade.
Ferrol, 29 de xuño de 2026. O Partido Socialista de Ferrol denuncia a manifesta incapacidade do Partido Popular para xestionar, manter e mesmo reformar as infraestructuras educativas, unha situación que está afectando gravemente o día a día da comunidade escolar. A nula planificación das administracións
gobernadas polo PP ten derivado nun escenario de desleixo e desidia inaceptable, onde os centros públicos tense convertido en obstáculos insalvables para o alumnado. A concelleira socialista Montserrat Dopico, foi contundente ao valorar a gravedade destes feitos: “É intolerable que a burocracia e a falta de vontade política do Partido Popular condenen aos nosos nenos e nenas a sufrir barreiras arquitectónicas diarias. Falan de educación inclusiva, pero a realidade das súas políticas é o abandono absoluto das familias e da comunidade educativa”.
A proba máis evidente desta nefasta xestión atópase no CEIP de Pazos. Dende o 10 de febreiro de 2024, o centro conta cun ascensor instalado que, porén, sigue sen funcionar debido a unha maraña de trámites e licenzas atascadas nos despachos institucionais. “Ter unha infraestructura clave xa pagada e instalada, pero inutilizada durante máis de dous años por pura parálise administrativa nas licenzas, é un monumento á incompetencia e un desprezo aos docentes e alumnado de Pazos”, vén de sinalar Dopico. A esta parálise súmase a dramática situación que se vive no CEIP de Esteiro, onde se solicita con urxencia a instalación de un ascensor (lévano facendo dende 2023 sen resultado) e dun baño adaptado para responder á necesidade imperiosa dun menor conproblemas de mobilidade. A resposta do Partido Popular foi, de novo, o silencio.
“Gobernar é escoitar e o PP no escoita”, sigue incidindo Montse Dopico,”que llo pregunten á comunidade educativa do IES Sofía Casanova, ou á do CEIP Juan de Lángara, ou á do CEIP Ponzos… Tamén o CEIP San Xoan de Filgueira ten solicitado e aprobado a colocación doutro ascensor…quen sabe para cando será. A lista é longuísima, tanto como os incumplimentos do PP que hoxe promete pero non cumpre nunca. Pero coas crianzas, non se xoga”.
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS