O grupo socialista denuncia a “chapuza” do transplante de camelias á rúa Río Xubia e acusa a Rey Varela de actual “a golpe de espasmo”
O concelleiro Julián Reina sinala que o propio informe técnico recoñece que non se pode garantir o éxito da operación debido á época desfavorable para os traballos.
Os socialistas critican que se utilicen camelias de pequeno porte para “tapar” o malestar cidadán pola tala de árbores na praza de Rosalía.
Ferrol, 11 de maio de 2026. O concelleiro do Grupo Socialista no Concello de Ferrol, Julián Reina, cualificou hoxe de “nova chapuza” a xestión do Goberno local liderado por José Manuel Rey Varela en relación ao transplante de sete camelias procedentes da praza de Rosalía. Reina denunciou que esta actuación é un intento desesperado por “tapar a metedura de pata” da recente tala de árbores na citada praza, que deixou a zona sen a súa característica sombra e patrimonio vexetal.
O edil socialista fixo fincapé en que o propio informe do Servizo de Conservación de Zonas Verdes, asinado o pasado 22 de abril, advirte explicitamente de que, debido a que a época actual non é favorable, “non se pode garantir o éxito da operación”. “O Goberno de Rey Varela prefire arriscar a supervivencia destes exemplares cun transplante forzado
antes que admitir que non teñen unha planificación real para as nosas zonas verdes”, afirmou Reina.
Así mesmo, Julián Reina criticou a elección da rúa Río Xubia como destino para catro destes exemplares. Segundo o informe, estas camelias —as que presentan o cepellón máis pequeno— foron plantadas nos alcoves que estaban baleiros. Para os socialistas, isto supón un erro estético e funcional, xa que os exemplares non teñen o porte adecuado nin a uniformidade necesaria para integrarse co arboredo xa existente nesa rúa.
“Estamos ante un alcalde que goberna a golpe de espasmo, reaccionando tarde e mal ás
críticas veciñais”, sinalou o concelleiro. Reina lembrou que a eliminación do arboredo en Rosalía xerou un gran malestar social e que replantar sete arbustos noutras zonas da cidade non compensa o dano ambiental causado.
“Rey Varela tenta vender como sustentabilidade o que en realidade é unha fuxida cara adiante para que non se fale da desfeita de Rosalía. Trasladar bancos lixados a Doniños e mover camelias sen garantías de que non vaian morrer é a definición gráfica da súa política de escaparate: moito brillo e ningunha planificación”, concluíu Reina
Palabra clave
También te puede interesar...
RRSS